DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Luns, 03 de xullo do 2017

120 estudantes de ESO e Bacharelato de toda España participan no campus de verán de Campus do Mar

O futuro da investigación mariña arriba á Universidade

Desde hoxe e ata o 29 de xullo traballarán cunha decena de grupos de investigación


ImageCastela a Mancha, Valencia, Madrid, Andalucía, Aragón, Estremadura e Euskadi, son algunhas das 10 comunidades de orixe dos 120 estudantes de 4º de Secundaria e de 1º de Bacharelato, que desde hoxe e ata o vindeiro 29 de xullo, participarán na sétima edición do programa Campus Científicos de Verán organizado por Campus do Mar, xunto coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, Fecyt, en colaboración coa Fundación La Caixa. O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, foi o encargado esta mañá de darlles a benvida ao campus vigués á primeira das catro quendas de estudantes, que ata final de mes traballarán cóbado con cóbado cunha decena de grupos de investigación da institución académica e do Instituto Español de Oceanografía no desenvolvemento dos seus respectivos proxectos, que presentarán ao rematar a semana.
Luns, 03 de xullo do 2017

Elixiron como padriño ao profesor Jorge Falagán

Vodas de prata para a segunda xeración de economistas formados integramente en Vigo


ImageA mesma emoción ca hai 25 anos, cando abandonaban as aulas universitarias para incorporarse cheos de entusiasmo ao mercado profesional, revestida neste caso cun sentimento de nostalxia polo tempo vivido e ilusión por reencontrarse con persoas e espazos que constituíron unha parte importante das súas vidas. A segunda promoción de licenciadas e licenciados en Economía (1987-1992) celebrou o venres o acto conmemorativo das vodas de prata da súa graduación. Elixiron como padriño ao profesor Jorge Falagán e tiveron tamén verbas de especial agarimo para o profesor Manuel Varela Lafuente, decano do centro nesas datas e ao que decidiron nomear ‘decano honorífico’.
Venres, 30 de xuño do 2017

O alumnado dos tres graos do centro celebrou no Pazo da Cultura a fin dos seus estudos

Ciencias da Educación e do Deporte despide a 200 mozos e mozas capaces de mellorar a sociedade

Marián Fernández, Roberto Barcala e Uxío Pérez foron os padriños das tres promocións


ImageNun Pazo da Cultura cheo de compañeiros e compañeiras, familiares e docentes, os 200 novos titulados e tituladas dos tres graos que se imparten en Ciencias da Educación e do Deporte festexaron na tarde deste xoves o final dunha etapa, no que foi o último e o máis multitudinario dos actos de graduación celebrados no presente curso no campus pontevedrés. As novas egresadas e egresados recibiron as súas bandas e diplomas nun acto marcado polas verbas de recoñecemento ao seu esforzo, pero tamén de esperanza polo papel que poden desenvolver na procura dunha sociedade mellor desde eidos como o ensino ou o fomento do deporte.
Xoves, 29 de xuño do 2017

42 estudantes da facultade prestaron asistencia a participantes en seis probas deportivas

As unidades de voluntariado de Fisioterapia atenderon este curso preto de 300 persoas

O obxectivo desta iniciativa é achegar ao alumnado a casos e pacientes reais


ImageComplementar a formación do alumnado do grao en Fisioterapia situándoos fronte a pacientes reais é un dos propósitos das unidades de voluntariado coas que o centro colabora con eventos deportivos. Un total de 42 estudantes tomaron parte este curso nas colaboracións que o centro realizou con seis eventos deportivos e nos que, baixo a supervisión de profesorado e egresados do centro, desenvolveron preto de 300 intervencións. O desenvolvemento de casos clínicos, a atención a deportistas “a pé de campo” e o traballo “de organización en grupo” son, nese senso, as principais achegas desta iniciativa, como salienta a súa coordinadora, Yoana González.
Xoves, 29 de xuño do 2017

David Pérez é único galego cunha bolsa de La Caixa para cursar estudos de posgrao en Europa

O orgullo de situar o sistema universitario galego no mapa nacional

O estudante da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía remata en Noruega os estudos de grao


Image Hai case un ano David Pérez Piñeiro chegaba como estudante Erasmus desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo á Universidade Noruega de Ciencia e Tecnoloxía, NTNU, en Trondheim, para cursar o primeiro cuadrimestre do derradeiro ano do Grao en Enxeñaría da Enerxía. Contento coa, nas súas palabras “aventura nórdica”, decidiu alongar a súa estadía a todo o curso académico, que completou no Stiftelsen for industriell og teknisk forskning, instituto de investigación Sintef, onde remata o seu traballo fin de grao, que presentará en Vigo o vindeiro mes de xullo.
Martes, 27 de xuño do 2017

BBAA organizou un taller para estudantes con discapacidade visual

O alumnado dos campamentos da ONCE iníciase na arte contemporánea

As e os participantes puideron tamén coñecer as obras que integran a exposición ‘Proxecto Táctil’


ImageCrear uns gravados sen tinta a partires de composicións articuladas con diferentes elementos naturais que evocasen recordos da infancia e do verán. Ese foi o exercicio que a decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García, propuxo este martes a un grupo de 15 estudantes con discapacidade visual que participan nestes días nos campamentos de verán que promove o Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra. Campamentos que se insiren seu Servizo de Escolarización Combinada e Compartida (SECC) e que nesta xornada se achegaron por primeira vez a esta facultade do campus pontevedrés.
Resultados 19 - 24 de 1610

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós