DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Venres, 23 de xuño do 2017

47 alumnos e alumnas festexaron o venres o remate dos seus estudos

Traballo Social pechou os actos de graduación deste curso no campus

Tamén celebraron a súa despedida os nenos e nenas de dous a tres anos da escola infantil


ImageEste venres pecháronse os actos de graduación deste curso 2016/2017 no campus de Ourense. Os encargados de pór o broche a estas conmemoracións foron os estudantes do último curso tanto do Grao en Traballo Social como da Escola Infantil do campus de Ourense. Uns e outros recolleron os distintivos que acreditan o remate dun ciclo e o inicio dunha nova etapa entre o aplauso dos asistentes a cada un dos eventos. Como en toda graduación, non faltou a emoción, o sorriso, a lembranza do tempo compartido, os bos desexos para o futuro e algunha que outra bágoa.
Venres, 23 de xuño do 2017

A traballadora da Radio Internacional de China Liu Sha realiza unha estadía en CCSS e da Comunicación

De Beijing a Pontevedra para analizar a influencia dos medios nos procesos electorais

Combina a súa investigación co mestrado en Dirección Pública e Liderado Institucional


ImageO feito de ser un posgrao online ten contribuído a que entre o alumnado do máster en Dirección Pública e Liderado Institucional figurasen nos últimos anos múltiples estudantes de diferentes países, principalmente de América Latina. Mais ata o de agora nunca contara esta titulación da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación cunha alumna chegada desde tan lonxe e que estivese á vez tan preto como Liu Sha, traballadora da Radio Internacional de China que desenvolve durante estes meses unha estadía como visitante académica nesta facultade, centrada en analizar a influencia dos medios de comunicación en España nos procesos electorais.
Venres, 23 de xuño do 2017

A EE Forestal acolleu a graduación da décimo terceira promoción de titulados do Programa para Maiores

O estudantado máis veterano do campus festexa a fin dunha etapa

José María Fernández convértese no primeiro graduado superior sénior en Pontevedra


ImageChegaron á Universidade polas súas gañas de ampliar coñecementos, de saber máis sobre diferentes eidos, e tras anos de implicación, dedicación e convivencia, os oito estudantes que integran a décimo terceira promoción de graduados sénior do Programa para Maiores no campus festexaron este xoves o fin de unha etapa. Fixérono tras completar os tres cursos do ciclo integrado deste programa e á celebración sumouse tamén José María Fernández, o primeiro graduado superior sénior que, trala recente reforma desta iniciativa formativa para maiores de 55 anos, completou no campus o segundo ciclo do programa.
Venres, 23 de xuño do 2017

30 estudantes de Polonia, Noruega e España remataron a súa estadía en Vigo

A DiamonDT Summer Academy baixa o pano enarborando a bandeira da multiculturalidade


Image Como “unha gran experiencia” valora o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández, a DiamoDT Summer Academy que vén de finalizar tras case unha semana, na que unha trintena de estudantes procedentes de Polonia, Noruega e Vigo traballaron conxuntamente no campus de Vigo no desenvolvemento dun proxecto cun impacto real na vida das persoas utilizando a metodoloxía design thinking, que propón unha forma de crear produtos e servizos que satisfagan mellor as necesidades das persoas, facendo que formen parte activa do proceso de creación, desenvolvemento e posta en práctica das solución aos problemas.
Venres, 23 de xuño do 2017

33 estudantes do Programa Universitario de Maiores festexaron o remate de ciclo

O alumnado sénior tamén se gradúa no campus

O acto tivo lugar este xoves no Edificio Politécnico do campus


ImageEntre os actos de graduación que estas semanas se suceden no campus de Ourense este xoves foi o alumnado sénior o que celebrou o remate de ciclo. A XIII promoción de graduadas e graduados universitarios sénior e a II promoción de graduadas e graduados universitarios superior festexaron con membros da comunidade universitaria, familiares e amigos a consecución dun título que simboliza as ansias de seguir medrando como persoas que teñen demostrado cada un deles e delas. Con máis de 55 anos, os homenaxeados e homenaxeadas volveron ás aulas non para orientar a súa vida laboral senón pola paixón de aprender e por ese afán recibiron o aplauso dos presentes na graduación.
Mércores, 21 de xuño do 2017

Nenas e nenos gozaron coas súas familias dunha tarde de celebración

A Escola Infantil celebra o seu fin de curso máis tropical

Música e xogos abriron un evento que pechou a entrega de diplomas


ImageNon só pola calor que marcou as últimas xornadas, senón pola ambientación e vestiario, a Escola Infantil do campus celebrou na tarde deste martes a súa festa de fin de curso máis tropical. Desta volta, optouse por facer desta celebración unha festa hawaiana que levou tanto aos nenos e nenas como as profesoras do centro e a algúns dos familiares que lles acompañaron a sumar algunhas flores ao seu vestiario nunha xornada dedicada a despedir aos nenos e nenas neste curso rematan a súa etapa na escola. Na celebración que tivo lugar no patio do centro non faltaron a música, os xogos, as pompas de xabón ou a merenda.
Resultados 25 - 30 de 1610

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós