DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Luns, 19 de xuño do 2017

O campus acolleu o acto de graduación da quinta promoción deste grao

64 novos titulados e tituladas para dar alento á educación social

O alumnado recibiu as súas bandas e diplomas nun acto celebrado no Edificio Politécnico


ImageSe a pasada semana celebraron o seu acto de graduación as novas promocións de Educación Infantil e Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, este venres, 16 de xuño, tocoulle a quenda aos novos egresados e egresadas do Grao en Educación Social do mesmo centro. Acompañados por familiares, amigos e membros da comunidade universitaria, os 64 novos titulados e tituladas festexaron o remate da súa vida universitaria e o inicio dunha nova etapa na que están chamados a contribuír a crear unha sociedade mellor a través da educación social.
Luns, 19 de xuño do 2017

Cos docentes Mª Ángeles Peña e Alejandro Fernández como padriños

A Facultade de Química gradúa a 35 novas e novos egresados

A graduación tivo lugar o pasado venres no salón de actos de Ciencias Experimentais


ImageAnsiosas e ansiosos por comezar a pór en práctica todo o aprendido durante os últimos catro anos, con moita ilusión por comezar unha nova etapa e coa sensación de que o esforzo valeu a pena. Este venres a Facultade de Química celebrou a promoción da súa quinta promoción de graduadas e graduados, 35 persoas dispostas a demostrarlle ao mercado laboral e á sociedade en xeral a súa valía, pois aínda que os desafíos non son poucos, teñen o convencemento de que serán quen de afrontalos con éxito. O acto tivo lugar no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais e en nome das egresadas e egresados falaron Raquel Agraso e Claudia Conde.
Luns, 19 de xuño do 2017

CCSS e da Comunicación despediu o venres a 82 novos titulados en Publicidade e RRPP

Bandas e diplomas para despedir ás novas embaixadoras e embaixadores do campus

Fisioterapia festexou a fin dos estudos dos e das 47 integrantes da súa oitava promoción de graduados


ImageRecoñecemento e celebración marcaron a tarde do venres no campus de Pontevedra, que despedía nesta xornada aos 82 integrantes da quinta promoción do grao en Publicidade e Relacións Públicas, así como ás 47 tituladas e titulados que conforman a oitava promoción do grao en Fisioterapia. Os primeiros, fixérono nun acto no Pazo da Cultura, co profesor Vicente Badenes como padriño académico, mentres que Fisioterapia trasladou a súa celebración ata a Escola de Enxeñaría Forestal, onde o decano e padriño da promoción, Gustavo Rodríguez, quixo tamén recoñecer o esforzo realizado ao longo desta etapa polos novos e novas fisioterapeutas.
Venres, 16 de xuño do 2017

O campus acolleu este venres unha presentación do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

De vocación, enxeñeiro ou enxeñeira aeronáutica

O acto estivo aberto ao alumnado preuniversitario e ás súas familias


ImageEste venres publícanse as notas das probas de acceso á educación superior, as Abau, e os estudantes que as realizaron están a piques de poder cumprir o seu soño de matricularse na universidade. Para aqueles e aquelas que barallan entre as súas posibilidades estudar o Grao en Enxeñaría Aeroespacial, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazos da Universidade de Vigo celebrou este venres unha xornada de presentación na que as persoas interesadas puideron coñecer os estudos que imparten, as experiencias de alumnado que está a realizar eses estudos e o campus onde se imparten.
Venres, 16 de xuño do 2017

A Universidade suma catro Premios Nacionais Fin de Carreira 2012-2013

“Un premio á excelencia como este sempre é un orgullo”

As e os galardoados atópanse xa traballando en eidos como a auditoría, a enxeñaría e a investigación mariña


Image“É un premio a todo o esforzo realizado ao longo da carreira”, “un éxito non só a nivel académico senón tamén persoal”, “unha alegría moi grande que me dá confianza no meu traballo e motivación para intentar mellorar” ou “toda unha honra que recoñezan o traballo realizado”. Así reaccionan as tres egresadas e un egresado da Universidade de Vigo á noticia de que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lles concedeu cadanseu Premio Nacional Fin de Carreira 2012-2013. O recoñecemento chégalles case catro anos despois de ter rematado a titulación e metidos xa de cheo no mercado laboral: dúas en España, unha en Francia e outro en California. Aínda non saben con certeza se haberá cerimonia de entrega, pero igualmente se amosan moi satisfeitos por unha distinción que, aínda que tarde, sempre é ben recibida.
Venres, 16 de xuño do 2017

30 estudantes de Vigo, Polonia e Noruega participan na escola de verán do proxecto DiamonDT

'Design Thinking' para mellorar Vigo

A xuntanza prolongarase ata o vindeiro xoves na EE de Telecomunicación e no edificio Miralles


Image Como facer que as tascas do Casco Vello sexan máis atractivas para as e os turistas dos cruceiros que arriban a Vigo. Como mitigar o impacto do botellón ou como facer a cidade máis accesible ou mellorar o transporte ás praias. Estes son algúns dos temas sobre os que versarán os proxectos nos que traballarán a trintena de estudantes das universidades de Vigo, de Tecnoloxía de Lodz en Polonia, a de Ciencia e Tecnoloxía de Bydgoszcz, tamén en Polonia, e da Universidade de Tromso en Noruega, que participan na DiamonDT Summer Academy, que hoxe botou a andar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. A escola de verán, que se prolongará ata o vindeiro xoves, desenvólvese ao abeiro do proxecto europeo Development of Innovative AcadeMY ON the basis of DT teaching, DiamonDT.
Resultados 31 - 36 de 1610

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós