DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Venres, 02 de xuño do 2017

Un ‘micropoema’ escrito en código binario gaña o II Microconcurso da EE de Telecomunicación

Sacándolle punta ao romanticismo dos números

O alumnado copa os tres primeiros postos do concurso impulsado pola biblioteca do centro


ImageE posible facer poesía con números? O alumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Mateo Ramos demostrou que non só é posible, senón que o resultado seduce, cando menos neste centro, e a el valeulle, co 28% dos votos emitidos, converterse no gañador do II Microconcurso da Biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, dedicado nesta ocasión á micropoesía. Escrita en código binario, o sistema numérico empregado para a representación de textos, a súa micropoesía componse de cinco versos nos que, a través da combinación de ceros e uns, se escribe a palabra Ámote.
Venres, 02 de xuño do 2017

O Pazo de Congresos acolleu o acto de graduación de 280 alumnos da Escola de Enxeñería Industrial

Enxeñería Industrial e Ciencias Xurídicas e do Traballo gradúan preto de 400 estudantes

Pola súa banda, os egresados de Dereito recibiron os seus títulos na Facultade de CC.Económicas



Image A Escola de Enxeñería Industrial e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo celebraron cadanseu acto de graduación, no Pazo de Congresos Mar de Vigo e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, respectivamente, nos que as e os novos egresados recibiron as distincións académicas que os acreditan como graduadas e graduados pola institución académica viguesa. 280 alumnas e alumnos da Escola de Enxeñería Industrial protagonizaron o acto de graduación celebrado no Pazo de Congresos Mar de Vigo, mentres que os 93 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo elixiron a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais como escenario da súa graduación.
Xoves, 01 de xuño do 2017

O xurado outorgou este premio a unha reportaxe da alumna de CCSS e da Comunicación Claudia Alonso

Contar a Ciencia recoñece un traballo nacido e centrado na Universidade

O seu traballo céntrase nas investigacións do equipo de Xenética Humana que dirixe Diana Valverde


ImageA menciña dos esquecidos, unha reportaxe que afonda no traballo que o equipo de investigadores de Xenética Humana da Universidade desenvolven no estudo das ciliopatías, unhas enfermidades xenéticas cualificadas como raras dado o baixo número de persoas afectadas, é o título da reportaxe coa que a estudante de Ciencias Sociais e da Comunicación Claudia Alonso vén de proclamarse gañadora da cuarta edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia. O xurado destes premios, promovidos pola Real Academia de Ciencias e La Caixa e organizados por GCiencia, seleccionou como finalistas os traballos de Iago Manoel Souto, estudante tamén de Comunicación Audiovisual, e María Isabel Villamarín.
Xoves, 01 de xuño do 2017

O Auditorio Municipal acolleu este xoves o seu acto de graduación

Un centenar de egresados e egresadas de Ciencias Empresariais e Turismo emprenden unha nova etapa

Tamén se entregaron os premios fin de carreira aos mellores expedientes de cada grao


ImageO alumnado de último curso da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou este xoves o seu acto de graduación. Trátase de 61 novos titulados e tituladas do grao de Administración e Dirección de Empresas e 48 do grao de Turismo. Acompañados de familiares, amigos e membros da comunidade universitaria, os homenaxeados e homenaxeadas fixeron un balance positivo do seu paso polas aulas e amosaron a súa ilusión e inquedanzas por emprender unha nova etapa vital e profesional.
Xoves, 01 de xuño do 2017

Estudantes e egresadas do Cema integran un servizo de mediación para estudantes

Especialistas en resolución de conflitos ao servizo do alumnado

A súa codirectora Francisca Fariña, nova directiva da Cuemyc, que celebrará o seu congreso en Pontevedra en 2018


ImageCoa idea de poñer en práctica os coñecementos adquiridos en materia de resolución alternativa de conflitos no Curso de Especialista en Mediación, alumnado e egresados do curso que dirixen as catedráticas Esther Pillado e Francisca Fariña integra o grupo de voluntarios e voluntarias co que bota a andar o servizo de mediación para o alumnado que impulsa o grupo de investigación PS1. Trátase dunha actividade dirixida a axudar “de xeito gratuíto, a aqueles alumnos que poidan ter un conflito nun grupo de traballo, cos compañeiros de piso ou con calquera outra persoa, a excepción de co profesorado”, como explica Fariña.
Mércores, 31 de maio do 2017

A iniciativa busca fomentar a participación e a concienciación ambiental do alumnado

Unha horta para reverdecer o patio central de Belas Artes

Un obradoiro promove que os estudantes deseñen e constrúan mobiliario para este espazo


ImageQue tomates, pementos ou chícharos medren no interior de Belas Artes en recipientes creados con materiais reciclados e, ao mesmo tempo, facer do patio central do centro un espazo no que o alumnado poida relacionarse e traballar conxuntamente son dous dos obxectivos cos que a profesora Sol Alonso impulsou neste centro a creación dunha horta urbana, na que cada semana traballa un grupo de estudantes da facultade e da Escola de Restauración, os dous centros que teñen como sede o antigo cuartel de San Fernando. Así mesmo, a facultade desenvolve nestas semanas un taller dirixido a que o alumnado deseñe e constrúa mobiliario para este espazo.
Resultados 37 - 42 de 1586

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós