DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Venres, 26 de maio do 2017

O equipo conseguiu o ascenso na liga afeccionada española de League of Legends

O Aurien eSport Club despide a súa primeira tempada de competición satisfeito polos resultados

Na actualidade conta con 25 xogadores e xogadoras


ImageCo inicio do curso académico 2016/2017, o campus de Ourense acolleu o nacemento dun novo club nas súas instalacións, coa peculiaridade de que se trataba non dun club deportivo senón dos chamados eSports, deportes electrónicos. O Aurien eSport Club botou a andar con sete membros e participando nunha liga universitaria e este mes vén de rematar a súa primeira tempada de competición conseguindo o ascenso de categoría na liga española afeccionada de League of Legends e contando con 25 xogadores e xogadoras nas súas filas.
Venres, 26 de maio do 2017

Na reunión anual da federación española da rede Erasmus Student Network (ESN)

150 representantes de asociacións de apoio ao alumnado estranxeiro reuniranse a vindeira semana no campus

Dende o venres 2 e ata o domingo 4, sendo esta a terceira ocasión en este evento ten lugar en Vigo


ImageA rede de asociacións de apoio ao alumnado de intercambio, a Erasmus Student Network, regresa ao campus de Vigo para celebrar a súa reunión anual. Os próximos 2, 3 e 4 de xuño preto de 150 estudantes voluntarios das universidades españolas e doutros países europeos daranse cita no campus para debater sobre acordos institucionais, avances en materia de mobilidade educativa e presentar un balance do traballo feito durante o curso nas seccións locais de ESN. A Erasmus Student Network naceu en 1989 para promover a asistencia e integración dos estudantes de intercambio e o fomento da mobilidade.
Xoves, 25 de maio do 2017

Os proxectos de tres estudantes e un egresado foron os seleccionados polo xurado

Belas Artes copa os premios do certame Novos Valores da Deputación

Yolanda Ríos, Mariluz Feijóo, Aitor Victor Fernández e Borja Guerrero son os catro gañadores


ImageAs investigadoras da Facultade de Belas Artes Yolanda Ríos e Mariluz Feijóo, o estudante de grao Aitor Víctor Fernández e o egresado Borja Guerrero son as autoras e autores das obras gañadoras do certame Novos Valores 2017, que promove a Deputación de Pontevedra. Así o vén de determinar o xurado destes premios, nunha reunión na que as súas obras foron escollidas de entre as 37 obras seleccionadas para a exposición que terá lugar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra entre o 3 de agosto e o 17 de setembro. As e os artistas seleccionados serán recoñecidos coa concesión dunha bolsa de estudos e a oportunidade de expoñer no Museo de Pontevedra os seus proxectos.
Xoves, 25 de maio do 2017

Trátase dun requisito previo para poder acceder á titulación

As probas de acceso a Ciencias da Actividade Física e do Deporte reúnen 150 estudantes

O 85% dos candidatos e candidatas obtiveron a cualificación de apto


ImageAínda faltan dúas semanas para que o alumnado que o vindeiro curso iniciará os seus estudos universitarios teña que enfrontarse as probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), mais para aquelas e aqueles que teñen entre as súas opcións o grao de Ciencias de Actividade Física e do Deporte, o primeiro paso para converterse en estudantes do campus pontevedrés o vindeiro curso comezaba este xoves. Facíao coa celebración das probas físicas de acceso a esta titulación, que reuniron 150 estudantes en Ciencias da Educación e do Deporte, na primeira das dúas convocatorias ás que poderán concorrer os 190 inscritos.
Mércores, 24 de maio do 2017

Con este son xa 16 os anos que leva en funcionamento o Complexo Residencial O Castro

223 mozos e mozas quédanse co campus como ‘lugar de residencia’

O alumnado das enxeñarías e de Tradución e Interpretación o que máis se decanta por esta opción


ImageEn pleno cumio do campus de Vigo, a Residencia Universitaria O Castro permanece aberta os 365 días do ano, 24 horas ao día e sempre ten actividade. Este curso, no que cumpre 16 anos aberta ao público acolle a 223 estudantes, mozos e mozas que optaron, “orgullosos”, polo campus como o seu particular ‘lugar de residencia’. A meirande parte dos residentes son galegos, pero hai tamén persoas doutros países que lle dan ao centro o seu particular toque internacional. O estudantado escolle a residencia “sobre todo por comodidade e distancia aos centros”, explica Alexandre Souto, estudante do Grao da EE de Telecomunicación, que fai fincapé en que “tamén fas moitos amigos, é unha experiencia que non atopas nun piso”.
Martes, 23 de maio do 2017

A Asociación de Ciencias da Educación organiza cada semana un encontro no Pavillón de Estudantes

Os martes o café e a conversa corren por conta de Auce

O obxectivo da iniciativa é dinamizar a participación do alumnado na actividade do campus e da cidade


ImageUn café-encontro no que o alumnado das diferentes titulacións se poida achegar a compartir conversa e tempo de ocio e a informarse sobre a actividade que ten á súa disposición tanto do campus de Ourense como na cidade en xeral. Con este obxectivo, desde o pasado mes de abril e ata finais de xuño, Auce, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación do campus de Ourense, organiza cada martes na sala común do Pavillón de Estudantes un café aberto e de balde para todas as persoas interesadas. As sesións, que teñen lugar de 10.00 a 13.00 h, tamén son aproveitadas para desenvolver diferentes actividades culturais, como proxeccións e conferencias.
Resultados 49 - 54 de 1586

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós