DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado
Mércores, 07 de xuño do 2017

Cun programa de prácticas remuneradas en empresas do norte de Portugal

A Área de Emprego volve propor ao alumnado ‘pasarse da raia’

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata este venres, 9 de xuño


ImagePásate da raia! Esta é a mensaxe coa que a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade invita ao alumnado a inscribirse nunha nova convocatoria das denominadas Bolsas de axuda á mobilidade transfronteiriza Galicia- Norte de Portugal. Esta iniciativa xa se puxo en marcha o verán pasado, con especial éxito no ámbito das enxeñarías, e este ano volve ofrecer outras dez prazas para aquelas universitarias ou universitarios que se animen a solicitar prácticas remuneradas en empresas do norte do país veciño.
Luns, 05 de xuño do 2017

Umá de Oliveira, Lidia Dosil e Tania Castelo venceron na categoría de creativos novos

Tres alumnas pontevedresas triunfan no festival iberoamericano de publicidade El Sol

Os equipos participantes nesta modalidade tiñan que deseñar unha campaña para a FAD


ImageA voz de FAD é o título da campaña ideada por tres alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Tania Castelo, Lidia Dosil e Umá de Oliveira, para o concurso que o Festival Iberoamericano de Comunicación Publicitaria El Sol propuña aos e ás concorrentes na súa categoría de Jóvenes Creativos. Unha campaña coa que este sábado se alzaban co Sol de Oro, o primeiro premio desta modalidade, na gala que celebrou en Bilbao “un dos festivais máis importantes e con máis percorrido que hai en España” no eido da publicidade, como salientan estas tres estudantes do grao en Publicidade e RRPP. Máis de 2500 pezas, segundo a organización, concorren cada ano a un certame dirixido a recoñecer as mellores campañas da industria publicitaria, que desde hai dez anos conta tamén cunha categoría para novos e novas talentos, á que se presentaron neste 2017 máis de 200 proxectos.
Luns, 05 de xuño do 2017

48 egresados e egresadas celebraron o venres o seu acto de graduación

A quinta promoción do grao de Dereito di adeus ás aulas

Rafael de Asís Roig foi nomeado membro honorífico do Claustro de Profesores da facultade


ImageO campus de Ourense e especialmente a súa Facultade de Dereito celebrou este venres o acto de graduación da quinta promoción do grao en Dereito que se imparte nese centro. 48 novos xuristas recolleron as súas bandas e diplomas coa satisfacción de rematar con éxito unha etapa moi importante da súa vida, os estudos universitarios, e coa ilusión de comezar outra, a carreira profesional. Celebrando con eles e elas este momento tan especial para os estudantes estiveron familiares, amigos, membros da comunidade universitaria e autoridades.
Venres, 02 de xuño do 2017

Preto de 150 delegados de ESN España e doutros países participan en Vigo na reunión anual da rede

Tres días por diante para avaliar o presente e o futuro da rede Erasmus Student Network España

Elixirase a nova xunta nacional e debaterase sobre cuestións como o futuro das bolsas Erasmus


Image É a rede de estudantes máis grande de Europa e o principal apoio do alumnado que participa no programa de mobilidade Erasmus, tanto durante a súa estadía no estranxeiro, como nos meses previos. Erasmus Student Network, ESN, España celebra deste hoxe e ata o domingo no campus de Vigo a reunión anual da súa federación na que, máis de 130 delegadas e delegadas de seccións, así como invitadas e invitados chegados de países como Portugal, Holanda e Serbia, analizarán o presente e o futuro da rede. “O obxectivo do encontro é presentar o traballo realizado durante todo o curso por parte da Xunta Directiva e os diferentes comités e proxectos que forman a rede ESN España", explica Gonzalo Rey, presidente de ESN Vigo, que por terceira vez organiza esta xuntanza na Universidade de Vigo.
Venres, 02 de xuño do 2017

18 novos graduados e graduadas en Dirección e Xestión Pública festexaron a fin dos seus estudos

O campus despide unha nova promoción de xestores polivalentes

Os concellos de Sanxenxo, Bueu e Ponte Caldelas foron distinguidos como padriños profesionais


ImageCon verbas de ánimo para o futuro que se abre por diante e de recoñecemento ao esforzo realizado ao longo dos últimos anos, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación despediu na tarde do venres aos 18 titulados e tituladas que conforman a oitava promoción do grao en Dirección e Xestión Pública. Fíxoo nun acto que serviu así mesmo para recoñecer tamén como padriños profesionais da promoción aos concellos de Bueu, Sanxenxo e Ponte Caldelas, que solicitaron titulados e tituladas neste grao único no sistema universitario galego nas tres convocatorias do Plan de Práctica Laboral que promove a Deputación Provincial.
Venres, 02 de xuño do 2017

Preto de 300 estudantes de oito colexios participan neste centro na feira final de Pontenciencia

A EE Forestal reúne ás científicas e científicos do mañá

O alumnado defendeu as súas investigacións ante un xurado integrado por profesorado universitario


ImageCoñecer como mediante plantas poden filtrarse augas residuais para o seu uso en regos, saber que nin a laranxa é a froita con máis vitamina C nin o seu zume perde propiedades de xeito inmediato ou amosar como unha serie de fotografías reproducen estereotipos de xénero. Estas son tan só algunhas das investigacións que este venres se deron a coñecer na EE Forestal, pero non da man dos investigadores e investigadoras da Universidade, senón de nenos e nenas de Primaria, que nesta xornada presentaban nunha feira os resultados dos proxectos que desenvolveron ao longo dos últimos meses no marco do proxecto Pontenciencia, promovido polo Concello xunto coa Universidade. Financiado pola Fecyt, Pontenciencia ten como obxectivo central espertar nos nenos o interese pola ciencia.
Resultados 55 - 60 de 1610

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós