DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Venres, 28 de abril do 2017

O acto de investidura tivo lugar este xoves en Arxentina

Luis Rodríguez Ennes recibe o título de doutor honoris causa na Universidad Nacional del Comahue

O catedrático emérito ofreceu unha lección maxistral sobre a visión da xustiza na obra de Cervantes


ImageComo “o broche dourado dun ciclo vital”. Así viviu este xoves en Arxentina Luis Rodríguez Ennes, catedrático emérito da Universidade de Vigo, a súa investidura como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue. O docente salientou como recibir esta distinión na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais desta institución académica, “donde tantas veces teño sido visitante e donde me atopo como na miña propia casa”, constitúe “o máis memorable evento público da miña larga traxectoria vital”. No acto de investidura Ennes ofreceu unha lección maxistral na que falou sobre a visión da xustiza no escritor Miguel de Cervantes.
Mércores, 26 de abril do 2017

A súa intervención terá lugar o xoves 27 de abril

Santiago Lago comparecerá nas Cortes de Aragón para falar da reforma do financiamento autonómico

O docente é o representante de Galicia na comisión estatal de expertos que traballa no novo modelo


ImageSantiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e representante da comunidade autónoma de Galicia na Comisión de Expertos para a Reforma do Financiamento Autonómico creada polo Goberno de España, comparecerá este xoves, 27 de abril, ás 09.30 h nas Cortes de Aragón. A súa intervención, realizada a petición dese órgano, enmárcarase no seo da comisión especial de estudo do parlamento aragonés sobre o novo sistema de financiamento autonómico. Durante a súa intervención, o profesor Lago Peñas ofrecerá as súas achegas sobre o novo modelo de financiamento a debate.
Martes, 25 de abril do 2017

Trátase do primeiro simulacro de emerxencia que afecta de xeito conxunto a varios centros

Catro centros do campus pontevedrés participan no primeiro simulacro de bomba da Universidade

A iniciativa enmárcase na implantación e revisión dos plans de autoprotección das facultades e escolas


ImageNo marco da implantación dos plans de autoprotección cos que contan as diferentes facultades e escolas da Universidade para facer fronte a posibles emerxencias, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais organiza simulacros que permiten poñer en práctica as medidas recollidas no documento e a formación adquirida polos equipos de emerxencia. Mais ata o de agora, ningún destes simulacros afectara conxuntamente a varias facultades e escolas, como aconteceu este mediodía no campus de Pontevedra, onde unha suposta ameaza de bomba motivou a evacuación das facultades de Fisioterapia, Ciencias da Educación e do Deporte e Ciencias Sociais e da Comunicación, así como da Escola de Enxeñaría Forestal.
Martes, 25 de abril do 2017

Co obxectivo de coñecer outros modelos de ensino

Ciencias da Educación recibiu a visita de alumnado do Instituto Politécnico de Braganza

Durante a xornada visitaron o seu museo pedagóxico


ImageEste martes en Portugal é día de festa, xa que cada 25 de abril celebran a Revolución dos Caraveis. Aproveitando esta circunstancia, alumnado do Mestrado de Educación Social da Escola Superior de Educación, do Instituto Politécnico de Braganza, visitou o campus de Ourense. A delegación, formada por 12 estudantes e encabezada por Maria Esteves Mateu, directora deste mestrado, achegouse á Facultade de Ciencias da Educación para coñecer de man de Xosé Manuel Cid, vicedecano do centro, as súas características e estudos, facendo entre outras actividades unha visita ao seu museo pedagóxico, onde puideron coñecer distintos momentos da historia da educación en Galicia.
Martes, 25 de abril do 2017

Segundo un convenio asinado este martes coa Agrupación de Libreiros de Ourense

Os membros da comunidade universitaria terán un 5% de desconto en librarías da provincia

A promoción abrangue a todo tipo de publicacións, non só académicas


ImageCoa celebración aínda recente o pasado 23 de abril do Día do Libro, este martes asinouse no campus de Ourense un convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense. A iniciativa permitirá que durante 2017 os membros da comunidade universitaria teñan un desconto do 5% na compra de libros nas 26 librarías da provincia que forman parte desta agrupación. A sinatura, que tivo lugar no Edificio de Ferro, correu a cargo de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e José Manuel García, presidente da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense.
Luns, 24 de abril do 2017

A recuperación da fauna na Xunqueira de Alba centraba a proposta seleccionada polo xurado

Los Sauces gaña o Concurso Intercentros da EE Forestal

Preto de 50 estudantes de bacharelato participaron na segunda edición desta iniciativa


ImageA proposta na que o alumnado do centro educativo Los Sauces de Pontevedra propuña medidas para a recuperación da fauna na contorna da Xunqueira de Alba foi a seleccionada polo xurado do segundo Concurso Intercentros de Enxeñaría Forestal, como gañadora dun premio de 1000 euros. Aldara Merino, Rodrigo Fernández, María Canto, Ángel Cabeza e Cayetana Mosteiro integran o equipo gañador do certame no que a EE Forestal convida ao alumnado de bacharelato a deseñar accións de mellora da súa contorna natural e que nesta edición reuniu un total de 12 proxectos, realizados por 48 estudantes de cinco institutos galegos.
Resultados 19 - 24 de 2307

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós