DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Xoves, 29 de novembro do 2007

Programa de intercambio transoceánico

O ISEP reduce á unha décima parte os custos de estudar nas universidades dos EEUU

O prazo de inscrición remata o 10 de decembro


ImageResponsables da Oficina de Relacións Internacionais ofreceron unha sesión informativa para explicar aos alumnos as posibilidades que lles ofrece o ISEP, un programa de intercambio cos Estados Unidos que, tal como comentou Javier González, responsable académico da ORI, “non é unha beca, senón un proxecto baseado na reprocidade que permite que os custos de estudar nos EEUU se reduzan a unha décima parte”. O ISEP permite aos alumnos de segundo e terceiro ciclo e posgrao elixir entre 137 institucións americanas que abranguen practicamente tódolos ámbitos de coñecemento.
Mércores, 28 de novembro do 2007

Satisfacción dos reitores polo anuncio da conselleira Sánchez Piñón

En xaneiro comezará o traballo para reformular o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia

O financiamento estará asociado á consecución de obxectivos e rendemento

ImageUn grupo constituído polas consellerías de Educación e Economía e as tres universidades galegas, comezará o vindeiro mes de xaneiro o traballo para reformular o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia, no que se prevé superar o 1% do PIB en inversión en gasto universitario.
Foi a conselleira de Educacion, Laura Sánchez Piñón quen, despois de suscribir varios convenios cos reitores das Universidades de Santiago e Vigo e o vicerreitor de Estratexia e Planificación Económica de A Coruña anunciou que o grupo de traballo comezará a súa actividade en xaneiro para concluir no mes de xuño. O anuncio da reformulación do Plan, que se adiantará dous anos e que terá vixencia desde 2009 a 2013, foi recibido, tanto polo reitor da Universidade de Vigo, como polos seus homólogos de A Coruña e Santiago, con satisfacción.
Mércores, 28 de novembro do 2007

A falta de pechar o último prazo de matrícula

Cun significativo aumento nas matrículas de primeiro, a Universidade emprende o curso 2007/08 con 20.315 estudantes

Máis de 6000 alumnos están matriculados nas enxeñarías


ImageA falta de pechar o último prazo de matrícula, a UVigo emprende o novo curso con 20.315 alumnos matriculados, 12.136 en Vigo, 4712 en Ourense e 3467 en Pontevedra. Esta cifra, correspondente aos alumnos de primeiro e segundo ciclo, confirma unha tendencia á recuperación tras os descensos dos últimos cursos derivados da caída poboacional no tramo de idade que se incorpora aos estudos universitarios.
Un dos datos que confirma este progresivo repunte é o incremento de alumnos matriculados en primeiro no campus de Vigo, que pasou de 2247 no curso 06/07 a 2264 no 07/08, sendo as máis beneficiadas titulacións como Química que pasou de 21 matriculados en primeiro curso a 38, Enxeñaría Técnica de Sistemas de Telecomunicación de 39 a 58, Ciencias Empresariais de 206 a 221 ou Dirección de Administración e Dirección de Empresas que este curso alcanzou 213 estudantes en primeiro.
Mércores, 28 de novembro do 2007

Coa adaptación das titulacións ao Espazo Europeo de Educación Superior

Xestión e Administración Pública pode converterse nun grao exclusivo en Galicia


Image A titulación de Xestión e Administración Pública impartida no campus de Pontevedra, está sendo estudada por profesionais da Universidade con vistas a convertela, coa adaptación das titulacións ao espazo europeo, nun grao exclusivo en Galicia. Esta diplomatura, tras pasar por un período de adaptación, acadou unha ensinanza de calidade ao contar cun persoal case fixo. O profesor desta carreira, Francisco J. López Corrales, explicou que “trátase de ver as deficiencias que ten a titulación, emendalas e crear así un grao e incluso un posgrao, que lle sirva aos alumnos para incorporarse ao mercado laboral”.
Mércores, 28 de novembro do 2007

Unha iniciativa pioneira da UVigo ao abeiro da Rede EURES

Achegando universidades e colexios profesionais para impulsar a inserción laboral europea dos estudantes

O 4 de decembro celébrase unha xornada de comunicación


ImagePromover vías de colaboración entre universidades, colexios e asociacións profesionais, é o obxectivo da I Xornada de Comunicación Colexios Profesionais-Universidade que se desenvolverá o próximo 4 de decembro e na que tomarán parte representantes de administracións galegas e portuguesas.
Con esta iniciativa, que constitúe toda unha novidade no sistema universitario, a institución académica viguesa trata de impulsar unha vía de comunicación e achegamento entre universidades parceiras do EUREST (EURES Transfronteirizo) e os colexios e asociacións profesionais, órganos estes que aglutinan aos titulados universitarios, defenden os seus intereses profesionais e interveñen en procesos que inciden no recoñecemento de títulos para o exercicio profesional noutros países. Como afirma Emilia Seoane, profesora e conselleira EURES da Universidade de Vigo “trátase de favorecer un coñecemento mútuo que permita establecer as bases para un traballo conxunto que facilite a inserción laboral europea e transfronteiriza dos universitarios".
Martes, 27 de novembro do 2007

Pedro Arias, director da ETSE de Minas:

"Moitas persoas deixaron a súa suor, e a pel no camiño, tirando pola Escola"

A poucos días da celebración do 15º aniversario da titulación


ImageA tres días da celebración do acto central do 15º aniversario da titulación de Enxeñaría de Minas, o director da Escola, Pedro Arias, analiza no Duvi as claves do pasado, presente e futuro desta titulación, única en Galicia e unha das catro que actualmente se imparten no resto de España. Desde a súa creación, vencellada daquela a ETSE de Industriais, en 1992, a ETSE de Minas viu pasar polas súas aulas, ata o de agora, a unha decena de promocións de enxeñeiros que desenvolven o seu traballo en diferentes sectores estratéxicos como o a obra civil subterranea, xestión de recursos naturais ou enerxías renovables.
Nesta entrevista o, desde hai oito meses director da ETSE, Pedro Arias, aborda as cuestións claves que explican o repunte experimentado no número de matriculados este curso, os obxectivos que a titulación pretende acadar coa súa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior ou o papel que a investigación xoga nesta titulación, na que tamén destaca a progresiva incorporación da muller.
Resultados 2305 - 2310 de 2357

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós