DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Luns, 17 de abril do 2017

A Universidade de Vigo colaborará coa súa homóloga africana na posta en marcha da iniciativa

Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa colaboración con Cabo Verde exportando o proxecto Empreamar

Unha vintena de emprendedores beneficiaranse da subvención de case de 73.000 euros da AECID


ImageTras cinco anos colaborando no desenvolvemento de diferentes iniciativas, Campus do Mar dá un salto cualitativo na súa relación con institucións académicas e de investigación de Cabo Verde coa sinatura dun protocolo entre a Universidade de Vigo a súa homóloga africana para promover o emprendemento nos sectores estratéxicos relacionados coa economía marítima. O proxecto Emprendemento no mar. Innovación para o desenvolvemento sostible das comunidades costeiras de Cabo Verde, Empreamar CV está subvencionado con preto de 73.000 euros que a Presidencia de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, AECID, concedeu á Universidade de Cabo Verde, cuxa reitora foi a encargada hoxe de asinar co seu homólogo da Universidade de Vigo o protocolo de colaboración.
Luns, 17 de abril do 2017

Mediante un proxecto piloto de gravación de materias

A modalidade semipresencial do grao de Xeografía e Historia ábrese ao formato audiovisual

O seu obxectivo é facilitar o acceso dos estudantes aos contidos e ao profesorado


ImageA Facultade de Historia do campus de Ourense ofrece dende o curso 2014/2015 o grao en Xeografía e Historia non só na súa modalidade presencial senón tamén na semipresencial. Esta opción naceu coa idea de atender a demanda daquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos en Historia, Arte e Xeografía e que, por diferentes motivos, non podían cumprir o requisito de asistir con asiduidade ás aulas. Tres cursos despois do seu nacemento, esta modalidade vén de dar un paso máis coa posta en marcha dun proxecto piloto de gravación de materias impartidas na modalidade presencial.
Venres, 07 de abril do 2017

Coa participación de responsables do Technion Haifa de Israel e do Rockefeller Philanthropy

As Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario apostan pola internacionalización na súa 4ª edición

A obra social, a marca pública universitaria e as redes sociais, abordaranse nas sesións o 4 e 5 de maio


Image As IV Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario, organizadas desde a Reitoría da Universidade de Vigo, coa colaboración do seu Consello Social e a participación da Conferencia de Consellos Sociales, desenvolveranse os vindeiros 4 e 5 de maio, cun clara aposta pola internacionalización e cun programa no que se abordarán, a través de relatorios e obradoiros, cuestións como a obra social, a marca pública universitaria, as redes sociais, o libro branco sobre mecenado universitario e os observatorios de antigos alumnos. As xornadas, cuxa inscrición é gratuita, celebraranse na sede da Fundación Barrié en Vigo.
Xoves, 06 de abril do 2017

A súa foi a única candidatura presentada ás primeiras eleccións do centro

Arno Formella, elixido para continuar á fronte da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Ata o de agora ocupaba o cargo de director-comisario nomeado polo reitor


ImageA Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense celebrou este xoves as súas primeiras votacións para elixir ao seu director e equipo directivo. A única candidatura presentada, a liderada por Arno Formella e formada por Iván Area como subdirector e Ángel Paredes como secretario, acadou 16 votos a favor e un en contra da Xunta de Escola. Con este resultado dáse continuidade á dirección do centro, xa que Arno Formella, por designación do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ocupou o cargo de director-comisario da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo durante o seu primeiro ano de funcionamento.
Xoves, 06 de abril do 2017

Emilab está impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes e o Centro de Linguas

Un repositorio virtual ofrece ao profesorado recursos e materiais de apoio para a docencia en inglés

Inclúe manuais, dicionarios, cursos de pronunciación, exercicios e un servizo de consulta


ImageNeste curso 2016-2017 a Universidade de Vigo oferta 127 materias de grao e 90 de mestrado que se poden cursar en inglés nas diferentes titulacións, así como a posibilidade de completar un cuadrimestre enteiro en inglés en varios centros. Esta aposta pola internacionalización e polo plurilingüismo da institución precisa da implicación do persoal docente e, para facilitarlles a tarefa de impartir as clases nunha lingua estranxeira, a Vicerreitoría de Estudantes en colaboración co Centro de Linguas acaba de poñer en marcha Emilab, unha plataforma web de apoio á docencia e redacción de artigos en inglés.
Martes, 04 de abril do 2017

Mato tamén defendeu o papel de fornecedor da universidade nos centros tecnolóxicos

O reitor traslada á directora de Gain os detalles do proceso de especialización dos tres campus

Patricia Argerey coincide na necesidade dunha “especialización real” e aposta pola transferencia


Image Nas súa primeira visita á Universidade de Vigo trala súa toma de posesión o pasado mes de decembro como directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey coñeceu esta mañá da man do reitor, Salustiano Mato, o proceso de especialización que se está a desenvolver en cada un dos tres campus da institución viguesa a través do Vigo Tecnolóxico e os campus da Auga e Crea, en Ourense e Pontevedra, respectivamente. Mato tamén aproveitou a visita de Argerey para defender o papel de “fornecedores e mantedores” que realiza a Universidade cos centros tecnolóxicos e que, non obstante, non está a recibir, segundo o reitor, o recoñecemento que Mato considera que debera ter.
Resultados 31 - 36 de 2307

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós