DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Mércores, 03 de maio do 2017

As dúas institucións asinaron este mércores un convenio de colaboración

Deputación e Universidade selan un novo acordo para impulsar a mobilidade do alumnado

O ente provincial destina 100.000 euros a bolsas para o estudantado participante no programa Erasmus+


ImageA presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este mércores no Pazo Provincial un convenio de colaboración polo que o ente provincial destina 100.000 euros á promoción da mobilidade do alumnado dos campus de Vigo e Pontevedra. O acordo, que cumpre o seu segundo ano, beneficiará a 100 estudantes seleccionados nos programas Erasmus+ Estudos e Erasmus+ Prácticas, así como na convocatoria de bolsas propias da institución académica, aos que se outorgará unha axuda de 1000 euros.
Mércores, 03 de maio do 2017

Nun encontro organizado polo Banco Santander no marco da Xunta Xeral de Accionaistas de Universia

300 emprendedores e reitores de toda España daranse cita a vindeira semana no campus de Vigo

A citá será o 9 de maio na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais


ImageMáis de 300 emprendedores e reitores de toda España asistirán o vindeiro martes 9 de maio ao primeiro encontro entre o mundo da universidade e do emprendemento que Banco Santander celebrará na Universidade de Vigo. Este evento celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de xeito paralelo á Xunta Xeral de Accionistas de Universia e á Asemblea Xeral da CRUE. Nesta xornada sobre emprendemento abordaranse diferentes temas de especial interese para todas e todos aqueles que queiran converten en negocio unha idea empresarial, como por exemplo, o medo ao fracaso, a necesidade de pivotar, a creatividade e o financiamento.
Mércores, 03 de maio do 2017

Coa participación de responsables do Technion Haifa de Israel e do Rockefeller Philanthropy

Máis de 85 persoas asistirán ás Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario

A cuarta edición desta cita desenvolverase este xoves e venres na Fundación Barrié


ImageA cuarta edición das Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario arrancan mañá xoves da Fundación Barrié de Vigo coa participación de máis de 85 persoas. Nesta nova edición da cita organizada pola Reitoría da Universidade de Vigo en colaboración co Consello Social e a Conferencia de Consellos Sociais está marcada pola internacionalización. Ao longo das dúas xornadas e a través de mesas redondas, conferencias e relatorios, os ponentes abordarán temas como a obra social, a marca pública universitaria, as redes sociais, o libro branco sobre mecenado universitario e os observatorios de antigos alumnos.
Venres, 28 de abril do 2017

O acto de investidura tivo lugar este xoves en Arxentina

Luis Rodríguez Ennes recibe o título de doutor honoris causa na Universidad Nacional del Comahue

O catedrático emérito ofreceu unha lección maxistral sobre a visión da xustiza na obra de Cervantes


ImageComo “o broche dourado dun ciclo vital”. Así viviu este xoves en Arxentina Luis Rodríguez Ennes, catedrático emérito da Universidade de Vigo, a súa investidura como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue. O docente salientou como recibir esta distinión na Facultade de Dereito e Ciencias Sociais desta institución académica, “donde tantas veces teño sido visitante e donde me atopo como na miña propia casa”, constitúe “o máis memorable evento público da miña larga traxectoria vital”. No acto de investidura Ennes ofreceu unha lección maxistral na que falou sobre a visión da xustiza no escritor Miguel de Cervantes.
Mércores, 26 de abril do 2017

A súa intervención terá lugar o xoves 27 de abril

Santiago Lago comparecerá nas Cortes de Aragón para falar da reforma do financiamento autonómico

O docente é o representante de Galicia na comisión estatal de expertos que traballa no novo modelo


ImageSantiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e representante da comunidade autónoma de Galicia na Comisión de Expertos para a Reforma do Financiamento Autonómico creada polo Goberno de España, comparecerá este xoves, 27 de abril, ás 09.30 h nas Cortes de Aragón. A súa intervención, realizada a petición dese órgano, enmárcarase no seo da comisión especial de estudo do parlamento aragonés sobre o novo sistema de financiamento autonómico. Durante a súa intervención, o profesor Lago Peñas ofrecerá as súas achegas sobre o novo modelo de financiamento a debate.
Martes, 25 de abril do 2017

Trátase do primeiro simulacro de emerxencia que afecta de xeito conxunto a varios centros

Catro centros do campus pontevedrés participan no primeiro simulacro de bomba da Universidade

A iniciativa enmárcase na implantación e revisión dos plans de autoprotección das facultades e escolas


ImageNo marco da implantación dos plans de autoprotección cos que contan as diferentes facultades e escolas da Universidade para facer fronte a posibles emerxencias, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais organiza simulacros que permiten poñer en práctica as medidas recollidas no documento e a formación adquirida polos equipos de emerxencia. Mais ata o de agora, ningún destes simulacros afectara conxuntamente a varias facultades e escolas, como aconteceu este mediodía no campus de Pontevedra, onde unha suposta ameaza de bomba motivou a evacuación das facultades de Fisioterapia, Ciencias da Educación e do Deporte e Ciencias Sociais e da Comunicación, así como da Escola de Enxeñaría Forestal.
Resultados 43 - 48 de 2334

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós