DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Martes, 23 de maio do 2017

A Universidade entrega os Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017

Lembranza a Casares e inmensa “afouteza” literaria para culminar a celebración da Festa das Letras

O acto estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Blues do País


ImageCando aínda resoan por todos os recunchos do país as lembranzas á figura de Carlos Casares, as homenaxes continúan, tamén na Universidade de Vigo, onde, tras dúas semanas de actos espallados polos tres campus, tivo lugar o acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, festividade que cada ano, e xa van vinte, se fai coincidir coa entrega dos Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria, neste caso a edición 2017, na que resultaron gañadores Genaro Da Silva, Lidia Dosil e Manuel Arca, dous mozos e unha moza que, ao igual ca Casares no seu día, amosan a través das letras, cada un desde o seu propio sentir, o seu compromiso coa lingua e a cultura do país.
A entrega de premios tivo lugar na sala de Consello de Goberno da Reitoría e estivo presidida polo reitor, Salustiano Mato, que non dubidou en dar os seus parabéns a todas as persoas premiadas e ao resto de autores e autoras dos corenta traballos presentados ao certame.
Martes, 23 de maio do 2017

Chegadas de universidades españolas e lusas intercambiarán coñecementos ata o sábado

Preto de 60 persoas daranse cita desde este xoves no campus nos encontros de protocolo universitario


Image Baixo o lema Desafíos do protocolo na sociedade do século XXI o vindeiro xoves comeza no campus de Vigo o XVI Encontro de Responsables de Protocolo e Relacións Institucionais das universidades españolas e o VIII Encontro Hispano-Luso de Protocolo Universitario. 56 persoas formalizaron a súa inscrición nas sesións, nas que se estudará, da man de destacadas expertas e expertos, o protocolo e a organización de actos co obxectivo de intercambiar coñecementos e experiencias que contribúan ao desenvolvemento profesional das de dos participantes e a fomentar a colaboración interuniversitaria. Os encontros prolongaranse ata o vindeiro sábado.
Xoves, 18 de maio do 2017

O catedrático emérito de Dereito Romano suma un novo recoñecemento á súa traxectoria

Luis Rodríguez Ennes, distinguido coa medalla de ouro do Foro Europeo Cum Laude

A gala de entrega celebrarase en Oviedo o día 3 de xuño


ImageDesde que o pasado ano Luis Rodríguez Ennes cumpriu 70 anos e se converteu en catedrático emérito de Dereito Romano da Universidade de Vigo os recoñecementos á súa traxectoria profesional sucédense. Cando aínda está recente na memoria a súa investidura o pasado 27 de abril como doutor honoris causa pola Universidad Nacional del Comahue, en Arxentina, o docente vén de recibir unha nova distinción, a medalla de ouro do Foro Europeo Cum Laude, que recibirá na gala de entrega que terá lugar o día 3 de xuño no Hotel da Reconquista, en Asturias.
Xoves, 18 de maio do 2017

Desenvólvense ao longo de todo o ano nos tres campus

Igualdade promove 15 proxectos cos que espallar a perspectiva de xénero entre o alumnado

A directora da unidade lamenta a falta de solicitudes procedentes dos ámbitos científico e tecnolóxico


ImageA Unidade de Igualdade subvenciona este ano 15 actividades docentes que promoven a perspectiva de xénero e que se van levar a cabo nos tres campus. “A convocatoria destas axudas comeza a estar consolidada como unha forma de integrar a perspectiva de xénero na actividade docente e hai profesorado que xa organiza a súa docencia tendo en conta esta convocatoria”, explica Anabel González Penín, responsable da unidade”.
Martes, 16 de maio do 2017

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño

O concurso Galileo Masters busca as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite

Organizado pola ESA, en Galicia conta coa colaboración de Universidade e Zona Franca


ImageAxencia Espacial Europea, ESA, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais puxeron en marcha en 2004 a European Satellite Navigation Competition (ESNC) ou Galileo Masters. Este concurso promóvese en diferentes rexións europeas en colaboración con socios locais e, dende 2015, tamén en Galicia, coa participación da Universidade de Vigo e Zona Franca. A edición deste ano ten xa aberto o prazo de presentación de candidaturas na procura das mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite. O premio ao gañador rexional de Galicia obterá un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Luns, 15 de maio do 2017

Desenvolveuse entre o 8 e o 12 de maio, dentro do proxecto Green Campus

A semana de recollida de RAEEs reúne máis dun cento de obxectos

Móbiles, cargadores e cables foron os elementos presentes en maior número nesta campaña


ImageNumerosos móbiles, cables ou cargadores, pero tamén impresoras, pantallas, ordenadores, altofalantes ou electrodomésticos remataron a pasada semana nas caixas emprazadas nos diferentes centros e instalacións do campus de Pontevedra. No marco do proxecto Green Campus, a Vicerreitoría promoveu entre o 8 e o 12 de maio a cuarta edición da Semana de Recollida de RAAEs (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), que permitiu reunir máis dun cento de obxectos, que coa colaboración da Oficina de Medio Ambiente da Universidade, serán trasladados a un xestor autorizado para o seu tratamento.
Resultados 49 - 54 de 2357

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós