DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Institucional
Luns, 15 de maio do 2017

A Universidade desvela o nome dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2017

Unha pequena recompensa á creatividade literaria máis enxebre na semana das letras

A entrega dos galardóns será o día 23 de maio nun acto institucional que se celebrará no edificio Miralles


ImageNa semana na que Galicia celebra con actos espallados por todo o país as Letras Galegas, centrados nesta ocasión na figura de Carlos Casares, a Universidade súmase tamén a estas celebracións, entre outras accións, dando a coñecer o nome dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2017, galardóns que este ano recaeron en Genaro Da Silva, na categoría Poesía; Lidia Dosil, en Relato curto; e Manuel Arca, en Tradución literaria, tres estudantes da Universidade de Vigo, cada un do seu ámbito de saber, cada un coas súas propias inquietudes, pero os tres coa inquedanza común de empregar as letras como ferramenta de creación en galego.
Venres, 12 de maio do 2017

Nos XVIII Encuentros dos Servicios de Información y Orientación Universitarios que ten lugar en Valencia

O Siope recibe un premio nacional ás boas prácticas polo curso de formación de orientadores

Celebrado en marzo, estaba destinado ao persoal que asesora o alumnado dos institutos de secundaria


ImageA Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudantado (Siope) puxo en marcha en 2016 un curso en liña para orientadores de secundaria e de formación profesional. A boa aceptación desta iniciativa entre o persoal dos institutos fixo que neste 2017 se organizase unha segunda edición, co obxectivo achegar toda a información posible ás persoas que levan a cabo tarefas de asesoramento nos centros de ensino secundario, de xeito que teñan todos os coñecementos precisos para orientar e aconsellar o alumnado que queira cursar estudos superiores universitarios. Agora, esta iniciativa repórtalle tamén á Universidade un premio nacional, que lle foi entregado aos representantes do Siope nos XVIII Encuentros dos Servicios de Información y Orientación Universitarios (SIOU) que se celebra dende o mércores en Valencia.
Xoves, 11 de maio do 2017

O vicerreitor mantivo un encontro co presidente da Autoridad Portuaria, José Benito Suárez

O campus explora novas vías de colaboración co Porto de Marín


ImageExplorar novas vías de colaboración entre a Universidade e a Autoridad Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é o propósito da xuntanza que o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, vén de manter co presidente do porto marinense, José Benito Suárez Costa, quen acompañou a Corbacho e ao director da Área de Extensión Cultural, Manuel Morquecho, nun percorrido polas instalacións portuarias co propósito de que puidesen coñecer de preto a realidade das empresas emprazadas no porto e as posibilidades de potenciar lazos entre a institución académica e o seu campus pontevedrés coas mesmas.
Xoves, 11 de maio do 2017

Este trámite estaba pendente debido aos cambios lexislativos acontecidos nos últimos meses

O Consello de Goberno aproba a ampliación da lista de materias que suben nota nas Abau

Dolores Glez: “Os cambios importantes afectan sobre todo ás titulacións do ámbito das Ciencias Sociais”


ImageDespois de meses de incerteza en torno a como ía ser a nova proba de Selectividade e co período de matrícula en liña xa aberto, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo deu este xoves luz verde á ampliación da lista de materias que serven para subir nota nas novas probas de acceso á Universidade, denominadas como ABAU, Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade, unha listaxe que xa estaba publicada de xeito provisional na web da CIUG, Comisión Interuniversitaria Galega, pendente só de que as últimas modificacións, derivadas dos cambios lexislativos acontecidos nos últimos meses, pasasen de novo polos consellos de goberno das tres universidades galegas. Tras aprobarse en Coruña e Santiago de Compostela, hoxe fíxose en Vigo.
Mércores, 10 de maio do 2017

Nunha misión a Israel organizada pola Deputación Provincial de Ourense

O campus estreita lazos coa Universidade de Tel Aviv

Virxilio Rodríguez e Manuel Baltar reuníronse co vicepresidente da institución académica


ImagePromover alianzas comerciais e de transferencia tecnolóxica con empresas e universidades de Israel co obxectivo de establecer liñas de investigación entre o campus de Ourense e a Universidade de Tel Aviv e abrir novas oportunidades de negocio para empresas ourensás dos ámbitos tecnolóxico, agroalimentario, turístico e industrial, entre outros sectores. Con esta finalidade, unha misión institucional, académica e empresarial organizada pola Deputación Provincial de Ourense e da que forma parte Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, está esta semana en Israel.
Mércores, 10 de maio do 2017

Esta actividade formativa está destinada a traballadoras da Universidade

Igualdade organiza a segunda edición do curso 'Muller e saúde'

O prazo de inscrición finaliza o 11 de maio e as clases comezarán o vindeiro luns


ImageXunto cos factores biolóxicos diferentes e cos axentes sociais que inflúen de maneira inxusta na saúde das persoas, o benestar específico das mulleres é un tema que, moitas veces, queda esquecido. Ante esta realidade, a Unidade de Igualdade organiza, por segundo ano consecutivo, o curso gratuíto Muller e saúde, dirixido especialmente ás mulleres. “Trataranse os mesmos contidos ca na anterior edición, pero máis en profundidade e, sobre todo, haberá espazo para resolver todas as dúbidas, xa que na última edición o tempo quedou un pouco escaso”, comenta a directora da Unidade de Igualdade.
Resultados 55 - 60 de 2357

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós