DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Luns, 23 de abril do 2012

No Día Internacional do Libro

Tacto e olfacto. Por Rexina Vega


ImageO Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor celébrase o 23 de abril, data conmemorativa a nivel internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. Ademais, esta data é especialmente simbólica para a literatura mundial, xa que ese día no ano 1616 faleceron Cervantes e Shakespeare. Con este motivo a escritora e profesora Rexina Vega reflexiona no Duvi sobre o presente e o futuro do libro ante os inminentes cambios que representan as novas tecnoloxías, e convídanos a que festexemos “o ocaso dunha época, a de ler co corpo, gozando intensamente do tacto e máis do olfacto no papel, esa reliquia".
Vega é profesora do Departamento de Lingua Española na Universidade de Vigo e, como escritora, gañou o premio Sthendal e foi finalista do Premio Nacional de Tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro. Con Cardume, primeira incursión na creación literaria desta autora, obtivo o Premio Xerais de Novela 2007. Neste 2012 publica a súa segunda novela, Dark Butterfly.
Luns, 14 de novembro do 2011

O responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde aborda algunha das claves da enfermidade

O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabete: que convén saber? Por Juan José Crespo


ImageA diabete é un conxunto de trastornos metabólicos que afecta a diferentes órganos e tecidos, que dura toda a vida e que se caracteriza polo aumento dos niveis de glucosa en sangue. Hoxe, 14 de novembro e Día Mundia da Diabete, o responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde, Juan José Crespo, aborda algunha das claves desta enfermidade, de como previla e de como convivir con ela. Con máis de 346 millóns de pacientes en todo o mundo, máis de 200.000 deles na comunidade galega, o impacto económico desta doenza é moi elevando tanto para o propio paciente e as súas familias como para os sistemas de saúde.

Xoves, 10 de novembro do 2011

O profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación dá claves sobre a propaganda política a 10 días do 20-N

Para que serven as campañas electorais? Por Alberto Pena


ImageCoas eleccións xerais á volta da esquina, os partidos políticos sacan todas as súas armas mediáticas para intentar movilizar os votos dos indecisos ou asegurarse os que xa daban como probables. Alberto Pena, profesor de Dereito Público Especial na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, analiza o funcionamento das campañas electorais e o seu efecto sobre a cidadanía no que considera unha "guerra de mensaxes" cun claro obxectivo: que o que non aparece corre o risco de ser esquecido polo electorado. A dez días do 20-N, para Pena este exceso de propaganda política convértese nunha carreira de fondo na que os distintos partidos se xogan non só estar no Goberno ou na oposición, senón mesmo desaparecer parlamentariamente no caso dos minoritarios.
Venres, 04 de novembro do 2011

O programa 'Pontenforma' da Universidade de Vigo e a Ley General de Salud Pública. Por Juan José Crespo

O responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde reflexiona sobre a nova normativa


ImageO doutor Juan José Crespo, responsable da Unidade Médica da Área de Deporte e Saúde reflexiona no Duvi sobre a nova Lei xeral de saúde Pública, aprobada polo Congreso dos Deputados no mes de setembro. Trátase ao seu parecer dunha normativa aínda pouco coñecida pero transcendental no ámbito da medicina preventiva e pon tamén de relevo a importancia dos programas de promoción de exercicio da Universidade de Vigo que van na liña desa Lei e que están a favorecer un incremento da actividade física. Para o doutor Crespo, “esta é unha ferramenta das actividades preventivas con maior eficiencia para reducir a carga de enfermidades crónicas e os custes sanitarios”.
Venres, 03 de xuño do 2011

No 30 aniversario da Cámara autonómica

É o Parlamento Galego o centro do noso sistema político? Por Álvaro Xosé López Mira


ImageFoi instaurado xunto aos das outras catro autonomías históricas trala redacción do Estatuto de Autonomía por unhas Cortes Xerais dirixidas por Adolfo Suárez. Agora, o Parlamento de Galicia celebra os seus 30 anos de vida cunha xornada de portas abertas o 4 de xuño que inclúe visitas guiadas, un documental que explica as súas tres décadas de historia e unha votación simulada no salón de plenos. O profesor Álvaro Xosé López Mira, titular de Ciencia Política e da Administración, reflexiona no Duvi sobre o futuro da Cámara autonómica. Autor de libros como A Galicia irredenta, é experto en modelos electorais, organización territorial e descentralización política.

Luns, 16 de maio do 2011

Na celebración do Día das Letras Galegas

Vento Lois para a literatura galega. Por Anxo Angueira


ImageBaixo a coordinación dos profesores Anxo Angueira e Teresa Bermúdez en breve verá a luz da man de Edicións Xerais de Galicia Que lle podo ofrecer a quen me intente? Monográfico Lois Pereiro. É a homenaxe coa que GAELT, Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía, rende homenaxe a Lois Pereiro, “un escritor contemporáneo, un poeta do noso tempo, do noso presente cultural”. Ante a celebración do Día das Letras Galegas, Angueira, poeta, narrador e ensaista, celebra no Duvi a chegada do Vento Lois para a literatura galega loando a decisión da Real Academia polo que considera “unha aposta valente”. Dende aquí, "parabéns porque, por enriba de todo, Lois Pereiro é un grande poeta".
Resultados 13 - 18 de 50

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós