DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Luns, 16 de maio do 2011

Na celebración do Día das Letras Galegas

Vento Lois para a literatura galega. Por Anxo Angueira


ImageBaixo a coordinación dos profesores Anxo Angueira e Teresa Bermúdez en breve verá a luz da man de Edicións Xerais de Galicia Que lle podo ofrecer a quen me intente? Monográfico Lois Pereiro. É a homenaxe coa que GAELT, Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía, rende homenaxe a Lois Pereiro, “un escritor contemporáneo, un poeta do noso tempo, do noso presente cultural”. Ante a celebración do Día das Letras Galegas, Angueira, poeta, narrador e ensaista, celebra no Duvi a chegada do Vento Lois para a literatura galega loando a decisión da Real Academia polo que considera “unha aposta valente”. Dende aquí, "parabéns porque, por enriba de todo, Lois Pereiro é un grande poeta".
Xoves, 07 de abril do 2011

No Día Mundial da Saúde

Actividade física: unha verdadeira "vacina" fronte as enfermidades crónicas. Por Juan José Crespo

O responsable das Unidades de Medicina Deportiva da Universidade reflexiona sobre os riscos do sedentarismo


ImageA pesar de ser unha fonte de saúde de benestar, son moitas as persoas que non practican ningunha actividade física. As consecuencias desta inactividade poden ser tan graves como as enfermidades cardiovasculares ou a hipertensión. Co gallo da celebración este xoves do Día Mundial da Saúde, o doutor Juan José Crespo, responsable das Unidades de Medicina Deportiva dos tres campus da Universidade reflexiona para o Duvi sobre a importancia de práctica deportiva e explica que "os estilos de vida teñen cambiado moito nos últimos decenios (o xenoma non), por iso a Organización Mundial da Saúde fai recaer sobre os estados, organismos sanitarios, concellos, escolas e universidades a responsabilidade de favorecer o incremento dos niveis de actividade física da poboación".
Martes, 08 de marzo do 2011

A directora da Unidade de Igualdade reflexiona no Día Internacional da Muller

100 anos tecendo a igualdade. Por Anabel G. Penín


ImageNeste 8 de marzo cúmprense 100 anos da celebración do Día Internacional da Muller. Neste tempo tense avanzado moito no recoñecemento dos dereitos das mulleres, pero o camiño que queda por diante segue a ser longo ata acadar a igualdade real de xénero. A directora da Unidade de Igualdade da Universidade, Anabel G. Penín, reflexiona no Duvi sobre as metas acadadas e os retos de futuro. Segundo explica "o reto actual de conseguir unha sociedade tolerante e igualitaria, na que se respecten os dereitos e libertades fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, alcanza por suposto á Universidade de Vigo" e engade que lle corresponde "como institución pública que é, contribuír a sentar as bases desa remodelación que axude a lograr un modelo igualitario de sociedade".
Mércores, 02 de febreiro do 2011

Ao cumprirse cen anos do nacemento do autor

Mil e un Cunqueiros. Por Manuel Forcadela


ImageOrganizado polo Consello da Cultura Galega e as tres universidades galegas, este ano celebrarase o Congreso Mil e un Cunqueiros no que expertos de todo o mundo analizarán a obra e vida dun dos autores galegos de maior proxección internacional. Ao abeiro desta celebración o novelista, poeta e profesor de Literatura Galega, Manuel Forcadela, representante da Universidade de Vigo no comité organizador do congreso do centenario de Álvaro Cunqueiro, reflexiona no Duvi sobre a importancia de rememorar " a quen foi un dos creadores que, desde a palabra, desde o mito, desde a celebración do popular, desde a procura do culto na tradición autóctona, erixiu un dos edificios máis poderosos da nosa cultura contemporánea".

Martes, 11 de xaneiro do 2011

O profesor de Economía Aplicada reflexiona no Duvi sobre o futuro das universidades

Qué facer para seguir avanzando? Por Santiago Lago


ImageAs universidades afrontan anos duros polos recortes orzamentarios en época de crise pero tamén se abre ante elas un futuro de cambios e esperanzas que requiren un novo xeito de facer. O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Santiago Lago Peñas reflexiona no Duvi sobre este momento crucial para a educación universitaria e salienta a posición de Vigo nunha contorna na que “todo o mundo se move, pero nós máis rápido que a media” sendo unha das universidades públicas españolas que máis posicións gañaron neste avance continuo nos últimos dez anos.
Con todo, Lago afonda nas necesidades das que adoece a Universidade neste “momento de inflexión no que debemos decidir en que división queremos xogar”.
Xoves, 09 de decembro do 2010

Por María Victoria Carballo-Calero

No pasamento de Francisco Fernández del Riego, primeiro Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo


Image Francisco Fernández del Riego converteuse no ano 1992 no primeiro Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo. A que fora a súa madriña, a catedrática Mª Victoria Carballo-Calero, rememora neste artigo de opinión algúns dos fitos máis destacados da traxectoria vital e profesional do galeguista falecido a finais do pasado mes de novembro. Membro da xeracion Nós, do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, Fernández del Riego foi un dos grandes referentes da cultura e o pensamento en Galicia, méritos que a Universidade de Vigo recoñeceulle nomeándoo primeiro Doutor Honoris Causa da institución que segundo afirmou a propia Carballo-Calero na súa gabanza "o recibe cos brazos abertos e cun desexo unánime: ¡Ad multos annos!".
Resultados 19 - 24 de 51

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós