DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Venres, 14 de maio do 2010

Por Anxo Angueira, profesor e escritor

Poeta con terra


ImageO poeta, narrador e ensaista Anxo Angueira, profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, lembra neste artigo a figura do poeta Uxío Novoneyra a quen este 17 de maio se lle dedica o Día das Letras Galegas. Baixo o nome Poeta con terra Angueira, gañador do premio Xerais pola súa primeira novela, Pensa nao, repasa a fonda relación entre Novoneyra e o Courel e, ao tempo, bota unha ollada o gran número de poetas galegos "con terra": Meendiño, Martin Códax, Martín Sarmiento, Rosalía de Castro...
Luns, 08 de marzo do 2010

Por Carmen Quinteiro, directora da Área de Igualdade:

Camiño da igualdade na Universidade


ImageA elección do 8 de marzo como Día Internacional da Muller lembra os sucesos que, nesa data de 1908, remataron coa morte de 146 traballadoras dunha fábrica textil en Nova York nun incendio provocado polas bombas incendiarias lanzadas ao negarse a abandonar o peche co que reclamaban melloras salariais e condicións dignas de traballo. Cen anos despois, este día continúa sendo unha xornada de loita polos dereitos das mulleres e a igualdade real en todos os eidos da sociedade, tamén no universitario. Co gallo desta celebración, a directora da Área de Igualdade e profesora do Departamento de Matemáticas, Carmen Quinteiro, reflexiona no Duvi sobre "esa boa parte do camiño que aínda nos queda por percorrer e que pasa pola Universidade".
Luns, 01 de marzo do 2010

Por Beatriz Legerén, presidenta de EGANET

Un sector emerxente, unha saída profesional


Image Nacida no ano 2000 co obxectivo de aglutinar ás empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías, EGANET (Empresas galegas adicadas a internet e ás novas tecnoloxías) ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento de proxectos, así como acadar a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías, como ferramenta de mellora ante a competitividade. A presidenta de EGANET, Beatriz Legerén, analiza neste artigo de opinión o momento do sector TIC en Galicia “moi cualificado e cunha alta capacidade de iniciativa e creatividade”, asegura, ao tempo que afonda na chamada “fenda dixital” que afecta, segundo Legerén, de xeito especial ás mulleres.
Xoves, 10 de decembro do 2009

Por Susana Álvarez, profesora de Teoría do Dereito

Nuevos y viejos derechos humanos


Image Cando se cumpren 59 anos da institucionalización do Día Mundial dos Dereitos Humanos, a profesora de Dereito e coordinadora do grupo HII3 no programa El tiempo de los derechos Consolider-Ingenio 2010, Susana Álvarez, reflexiona neste artigo de opinión sobre a necesidade de incorporar ao noso ordenamento xurídico novos dereitos. Así, gozar dun medio ambiente axeitado ou a calidade de vida, preséntanse, segundo Susana Álvarez, como exemplos deses novos dereitos "que van aparecendo de xeito gradual, debido ao reto que plantean as novas ameazas á liberdade ou dignidade das persoas ou ben para dar resposta ás necesidades humanas que xorden nun determinado momento". Recoñecemento de novos dereitos aos que se engade, segundo a profesora da Universidade de Vigo, a consolidación de dereitos historicamente recoñecidos para que non se convertan en meras fórmulas retóricas.
Xoves, 03 de decembro do 2009

Por Juan Luis Bouvy, presidente de ASEM Galicia

Estudios: ¡claro que es posible! Es una cuestión de capacidad…y educación


Image Dos 155.000 nenos e nenas con discapacidade censados en España, o 51% abandonan os seus estudos e só un 4% chegará á universidade. No Día Internacional e Europeo das persoas con discapacidade que hoxe se celebra, o presidente da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares, Juan Luis Bouvy, reflexiona sobre a importancia da educación para as persoas con discapacidade.
Claro que é posible estudar sendo unha persoa discapacitada!", sinala Bouvy que lembra que aínda cunha discapacidade, iso non lle impide estudar a quen a padece. Iso si, mentres "o/a estudante discapacitado/a se esforza", en institucións como a universidade "a materia da accesibilidade universal é un reto, transversal, de obrigado cumprimento".
Martes, 10 de novembro do 2009

Por Manuel Ángel Candelas Colodrón, profesor de Literatura Española

Lopezvázquez: o padriño das nosas vidas


ImageO profesor de Literatura Española da Universidade de Vigo, Manuel Ángel Candelas Colodrón, rinde neste artigo de opinión unha sentida homenaxe a José Luis López Vázquez, para quen lle chega “unha mínima lembranza para elevalo á categoría de mito para sempre”.
Coordinador do Mestrado en Artes Escénicas e membro do grupo Literacine, Candelas pon o seu gran de area na memoria “dun home calvo berrando cunha frecha de ventosa pegada na fronte e unha cinta de comanche mentres corre por un pasillo demasiado familiar”
Resultados 25 - 30 de 50

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós