DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Venres, 07 de marzo do 2008

Por Mari A. Lires. Profesora do departamento de Didácticas Especiais

Desenvolvemento sostible con perspectiva de xénero


ImageOs antecedentes da preocupación polo desenvolvemento sostible habería que buscalos na Conferencia da ONU sobre o medioambiente humano (Estocolmo, 1972). Posteriormente, a Comisión Mundial sobre Desenvolvemento e Medio Ambiente (1983-1987), presidida pola ministra noruega Gro Harlem Bruntland, elaborou o informe O noso futuro común ou Informe Bruntland, no que aparece por primeira vez o termo desenvolvemento sostible. Sen embargo, pouca xente sabe que Bruntland é unha notable muller, a primeira europea que ocupou o cargo de primeira ministra e, posteriormente, directora xeral da OMS.
Martes, 12 de febreiro do 2008

Por Pablo Egerique, presidente do CES

Competitividade e produtividade


Image O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Pablo Egerique, afonda neste artigo de opinión para o Duvi, en dous termos fundamentais na economía actual, como son competitividade e productividade.
Presidente da Comisión do Estatuto do Deputado, membro e vogal da Comisión de Economía, Facenda e Presupostos, parlamentario autonómico e concelleiro do Concello de Vigo, Egerique Martínez tamén exerceu o cargo de delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Na actualidade preside o Consello Económico e Social de Galicia, un órgano consultivo da Xunta de Galicia en materia socioeconómica, creado para facilitar a participación dos axentes económicos e sociais na política socioeconómica de Galicia.
Xoves, 31 de xaneiro do 2008

Por Carme Adán, secretaria xeral da Igualdade

A educación: dimensión fundamental na prevención


Image"Vivimos nunha sociedade que se sorprende ante o número de mulleres mortas cada ano, pero que convive a cotío cunha infinidade de micromachismos”. Arredor desta reflexión inicial, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, afonda, nun artigo de opinión para o Duvi, sobre a importancia da educación para previr a violencia de xénero e as desigualdades entre homes e mulleres.
Licenciada en Filosofía, Carme Adán ten publicado, xunto con ducias de artigos o libro Feminismo e Coñecemento. Da experiencia das mulleres ao ciborg. Dende o ano 1990, exerce como profesora de ensino secundario con destino definitivo no IES Politécnico de Vigo. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía entre os anos 1999 e 2005, ano no que pasa a formar parta da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega e é nomeada secretaria xeral da Igualdade na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Xoves, 17 de xaneiro do 2008

Por Carlos Jiménez Villarejo, ex fiscal anticorrupción

A democracia, ameazada pola xerarquía católica


Image Fiscal especial anticorrupción entre os anos 1995 a 2003, Carlos Jiménez Villarejo analiza neste artigo de opinión para o Duvi, a que considera "constante ofensiva da xerarquía católica máis conservadora contra os avances democráticos, concretados no recoñecemento de dereitos civís".
O avogado malagueño que se ten significado durante toda a súa traxectoria profesional pola defensa dos dereitos de colectivos como presos políticos ou inmigrantes, así como pola súa loita contra a delincuencia económica, afirma neste artigo que "non poderá aprazarse por muito tempo a revisión dos acordos Igrexa-Estado".
Luns, 19 de novembro do 2007

Por Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España

Terrorismo, seguridade e dereitos humanos: Tempos difíciles


Image“Fixéronnos sentar coas mans sobre as pernas, pero como estabamos maniatados, esta posición era moi incómoda, así que as movín. Un soldado veu e díxome que as puxese sobre os xeonllos, e así o fixen. Daquela dixo ‘este fillo de puta fala inglés’ e comezou a golpearme, deume unhas 20 patadas e puñetazos. Fíxome unha ferida nunha perna e estiven case un mes sen poder andar”.
Con este arrepiante testemuño comeza o artigo de opinión que Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España escribe para o Duvi, e no que reflexiona sobre o sacrificio que en nome da seguridade están a sufrir os dereitos humanos. Fronte á política do medo, Beltrán avoga polo fortalecemento do estado de dereito e a democracia, así como por conseguir un sistema xudicial que funcione, e o artellamento da sociedade civil. O director de AI en España destaca, tamén, o enorme potencial dos universitarios dentro do "crecente movemento de millóns de persoas en todo o planeta que esixen mudanzas".

Martes, 13 de novembro do 2007

Por J.L.Míguez, catedrático da UVigo

Leis e formación contra a siniestralidade laboral


Image"Cunha cifra que rolda o millón de accidentes laborais ao ano co resultado de case 1.000 persoas falecidas, España ten a dubidosa honra de encabezar a estatística europea en sinistralidade laboral". Esta reflexión forma parte do artigo de opinión que sobre siniestralidade laboral escribe o recentemente nomeado catedrático da Universidade de Vigo na área de coñecemento Máquinas y motores térmicos, José Luis Míguez Tabarés. O tamén coordinador do Máster en Prevención de Riscos Laborais, aborda na sección de Opinión do Duvi, cuestións como a implantación hai unha década da Lei de Prevención de Riscos Laborais, a súa repercusión no mercado laboral e a incorporación da prevención de riscos laborais como disciplina académica, como resposta á carencia de formación legalmente recoñecida neste campo.
Míguez tamén reflexiona sobre a crecente demanda por parte das empresas dun persoal especialista o que obriga á formación de profesionais chamados co seu traballo a invertir a estatística que sitúa a España nunha porcentaxe de 6,3 mortos por 100.000 traballadores, fronte aos 4,1 do resto a UE.
Resultados 43 - 48 de 51

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós