DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Opinión
Mércores, 17 de outubro do 2007

Por José Manuel Fernández Alvariño, presidente da CEP

Empresa – Universidad, una colaboración necesaria


ImageO presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, afonda neste artigo de opinión nalgunhas das principais razóns polas que universidade e empresa deben relacionarse e complementarse. A axuda aos estudantes no acceso ao mercado laboral, así como a adecuación dos traballos de investigación ás necesidades reais das empresas, son para o presidente da patronal pontevedresa os maiores retos que deben afrontar empresarios e universidade, desde dúas institucións que afirma "son conscientes da necesidade de estreitar, cada día máis, os seus lazos de colaboración". O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, tamén indice, neste artigo de opinión no DUVI na necesidade de invertir na formación, tanto universitaria como profesional dos estudantes, como unha gran aposta "por un importantísimo activo humano antes de que se produza a incorporación ao mercado laboral".
Martes, 02 de outubro do 2007

Por Santiago Domínguez,tenente de alcalde do Concello de Vigo

A Universiada, unha aposta de cidade


ImageA posibilidade de que Vigo sexa sede da Universiada do ano 2013 ou 2015, centra o artigo de opinión do tenente de alcalde, Santiago Domínguez Olveira.
Quen foi promotor da candidatura de Vigo, reflexiona no DUVI sobre a importancia deste evento e a súas repercusión para a cidade en xeneral e a Universidade en particular.
Domínguez Olveira afirma que “é un reto complexo” pero tamén se mostra convencido de que a cidade é quen de “construír un proxecto común”. Con esta finalidade constituíase hai uns días a Plataforma Cidadá Pro Universiada, integrada por institucións, partidos políticos e organizacións sociais, unidos para apoiar e colaborar na promoción da candidatura viguesa.
O tenente de alcalde salienta, ademais, a colaboración que en todo momento “teño atopado por parte da Universidade de Vigo e especialmente o respaldo que o rector Alberto Gago ten dado a este proxecto”.
Martes, 25 de setembro do 2007

Por Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

O Espazo Europeo de Educación Superior, unha oportunidade para avanzar en competitividade


ImageNo artigo que inaugura a sección de Opinión a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, analiza algunhas das claves que marcan este curso 2007-2008 no sistema universitario galego e especialmente na Universidade de Vigo. O proceso de adaptación ao EEES ou a mobilidade dos estudantes, xunto coa calidade e a competitividade, son principios sobre os que reflexiona a titular de Educación da Xunta de Galicia que tamén destaca no seu artigo “a capacidade innovadora e o compromiso coa tecnoloxía da Universidade de Vigo”.

 

<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>
Resultados 49 - 51 de 51

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós