DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación
Venres, 23 de xuño do 2017

Celebrarase no Mosteiro de San Xoán entre o 5 e o 7 de xullo

O Symposium Internacional sobre o Prácticum reunirá en Poio a 300 docentes no seu 30 aniversario

A súa XIV edición estará centrada nos recursos para mellorar a calidade das prácticas formativas


ImageFoi en xuño de 1987 cando o Symposium Internacional sobre o Prácticum e as Prácticas Externas celebrou en Poio a primeira edición dunha cita bienal que, desde entón, busca promover unha reflexión sobre este complemento formativo das titulacións universitarias. E se nos seus inicios o debate congregaba fundamentalmente a docentes do eido da educación, a xeneralización das prácticas que sucedeu á implantación de Boloña fai que cada edición reúna a participantes de máis ramas de coñecemento. Cos recursos para a mellora da calidade como eixo do debate, a XIV edición deste congreso preve reunir a preto de 300 participantes entre o 5 e o 7 de xuño.
Venres, 23 de xuño do 2017

Destaca que a prevención é fundamental, xa que unha vez colonizado un hábitat, a erradicación é imposible

A ameixa asiática xa colonizou 197 km augas arriba dende a desembocadura na conca Miño-Sil

Noé Ferreira analiza as características ecolóxicas da 'Corbicula fluminea' para axudar no control desta invasora


ImageUnha vez que a ameixa asiática, Corbicula fluminea, coloniza un hábitat, a súa erradicación é imposible. Por iso, é na educación, na concienciación, na prevención e no control onde a comunidade científica reclama atención. Esta especie invasora está presente en Galicia dende 1989, cando se identificou por primeira vez no río Miño e na actualidade pódese atopar tamén noutros ríos, como o Ulla ou o Sil. O investigador da Universidade de Vigo Noé Ferreira leva tres anos analizando o seu patrón e velocidade de dispersión, así como as características ecolóxicas que poidan ser aplicadas na xestión, prevención e control desta especie exótica en Galicia. As conclusións do seu estudo recóllense na súa tese de doutoramento, dirixida pola catedrática de Ecoloxía Isabel Pardo, dentro do programa de doutoramento Marine Science, Technology and Management, Do*Mar.
Xoves, 22 de xuño do 2017

Especialistas de cinco países debaten sobre experiencias multimodais na Casa das Campás

Como o mundo dixital do século XXI redefiniu os recursos educativos

Nun coloquio promovido polo grupo Litex, centrado na creación de contidos docentes e artísticos


Image“Non ten sentido que eduquemos cunha linguaxe do século XIX ou XX cando estamos no XXI”. Deste xeito puña o acento María Lobo, da empresa Gingko, na importancia que ten a contorna dixital na definición de contidos e metodoloxías docentes capaces de espertar o interese do alumnado ao achegalo ás narrativas dixitais. Fíxoo no primeiro dos relatorios do coloquio internacional Multimodalidades e espazos dixitais, que este xoves reúne na Casa das Campás a expertos e expertas procedentes de España, Portugal, Francia, Canadá e Suíza co propósito de debater sobre diferentes experiencias sustentadas na idea da multimodalidade.
Xoves, 22 de xuño do 2017

Hoxe e mañá nunha xornada na que catro comités avaliadores supervisan os traballos

O alumnado do programa de doutoramento Doc_TIC dá conta do progreso das súas teses

45 proxectos preséntase de xeito presencial e outros 24 a través de Skype


Image O programa de doutoramento en Tecnoloxía da Información e as Comunicacións,Doc_Tic, promovido pola escola de Enxeñaría de Telecomunicación e AtlantTIC, puxo en marcha hai uns anos unha iniciativa pioneira na Universidade de Vigo: a celebración dunhas xornadas nas que as e os estudantes de doutoramento dan conta do progreso dos seus traballos ante as súas e os seus compañeiros e ante un comité externo que se encarga da avalialos. “Serve, así mesmo, como xornada de convivencia. A experiencia doutros anos di que o alumnado ve estas xornadas como moi positivas, pois sempre enriquece recibir comentarios e suxestións, tanto de colegas, como por parte dos profesores e invitados”, explica a catedrática Carmen García Mateo, responsable do programa, que neste intre ten 71 teses en marcha.
Xoves, 22 de xuño do 2017

Este xoves e venres reúnense no campus os socios da rede Ecomar

Especialistas de seis países debaten en Vigo sobre a protección dos ecosistemas mariños e costeiros

Tres investigadores do Campus do Mar están implicados neste consorcio internacional


ImageOs países de América Latina e o Caribe concentran máis do 40% da biodiversidade do planeta, sendo unha das áreas bioloxicamente máis diversas do mundo, incluíndo entre as zonas de especial interese os ecosistemas mariños e costeiros. Sen embargo, tan só o 5% dos estudos centrados neste eido desenvolvidos internacionalmente se centran nesta rexión. Para cubrir este baleiro, en xaneiro púxose en marcha o proxecto Ecomar, unha rede internacional da que forman parte organismos de investigación de seis países: España, Portugal, Brasil, Perú, Colombia e México, entre eles a Universidade de Vigo e o Campus do Mar. Tras unha reunión inicial que tivo lugar a comezos de ano en Vigo, este xoves e venres o campus acolle a primeira xuntanza anual de coordinación de Ecomar, na que participan 23 investigadoras e investigadoras de seis países de Iberoamérica.
Mércores, 21 de xuño do 2017

A convocatoria Inou 2017 destina 45.150 euros a financiar estudos vinculados coa contorna

Dez proxectos de investigación con moito que achegar á provincia

A auga é o eixe temático de máis da metade das proposta elixidas


ImageDez propostas de proxectos de investigación que buscan contribuír ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como á especialización do campus de Ourense como Campus da Auga. A Vicerreitoría do campus vén de facer pública a resolución da convocatoria de axudas de investigación Inou 2017, coas que financiará con 45.150 euros un decena de proxectos, a realizar por persoal investigador deste campus, que abranguen desde a formulación de cosméticos ata a valorización arqueolóxica. Máis da metade das propostas teñen como eixe temático a auga, de acordo co proxecto de especialización arredor deste recurso.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 2268

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós