DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación
Venres, 19 de outubro do 2007

XI Congreso Internacional sobre Envellecemento, Saúde e Actividade Física

Pontevedra convértese na capital europea do deporte na terceira idade


Image O Pazo de Congresos acolles estes días o XI Congreso Internacional sobre envellecemento, saúde e actividade física, onde presentaran os últimos avances científicos vinculados ao sector, promover a mellora da calidade de vida para as persoas maiores e debater sobre a proxección de futuro. Trátase dunhas xornadas nas que profesionais e estudantes de educación física, psicoloxía e fisioterapia entre outras poderán compartir coñecementos e sabedoría das expertas palabras dos conferenciantes.
Xoves, 18 de outubro do 2007

Organizado polo grupo Rede e o IEF

Os principais investigadores españois na simulación de reformas fiscais celebran o seu primeiro simposio no campus vigués


ImageCunha sesión sobre fontes de datos comezou no edificio Miralles, o I Simposio sobre Reformas Fiscais e Microsimulación que se prolongará ata este venres, xornada na que serán protagonistas as técnicas e metodoloxías, así como as simulacións. As sesións inauguradas polo Reitor, Alberto Gago e o subdirector xeral de Estudos Tributarios do Instituto de Estudos Fiscais, están organizadas polo grupo de investigación Rede (Research in economics, business and the environment) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Instituto de Estudos Fiscais e contan coa participación de investigadores de universidades españolas como a de Barcelona, a Complutense, a Rey Juan Carlos, a de Valencia, Oviedo, o a Universitat de les Illes Balears.

Xoves, 18 de outubro do 2007

Coa celebración de dous congresos

Investigadores dos cinco continentes na Facultade de Filoloxía e Tradución

Os expertos en literatura poscolonial reinvindican máis presenza nos novos plans de estudo


ImageSe de por si a Facultade de Filoloxía e Tradución é un centro políglota e multicultural, este xoves viviu unha intensa xornada coa celebración de dous encontros que reuniron no lugar investigadores dos cinco continentes. Dunha banda, o “III Congreso Internacional de Lingüística Hispánica: novos investigadores en linguas e lingüística” e, da outra, o “I Simposio sobre Docencia e Investigación das literaturas poscolinais: o estado dos estudos poscoloniais nas universidades españolas”.
Mércores, 17 de outubro do 2007

Expertos en reformas fiscais reúnense en Vigo no primeiro simposio sobre o tema

O seu traballo céntrase en simular e analizar os efectos de posibles reformas de impostos


Os investigadores que traballan en España en temas de reformas fiscais e microsimulación reúnense este xoves no Edificio Miralles no que constitúe o primeiro simposio que se organiza en España sobre a materia.
En total son 28 expertos procedentes de toda España, non só de universidades e do IEF, senón tamén do Instituto Nacional de Estatística e do Banco de España.
Mércores, 10 de outubro do 2007

Incrementouse a dotación económica nas dúas categorías

Convocados os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica


Coa finalidade de favorecer o recoñecemento social do traballo dos investigadores galegos e estimular o labor dos investigadores máis novos, a Consellería de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, ven de publicar hoxe no DOG os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica.
Martes, 09 de outubro do 2007

Dirixido polo profesor Xosé Manuel Buxán

Un grupo de investigación analiza as pegadas da cultura homosexual na sociedade


ImageA homosexualidade e as súas pegadas nos máis diversos ámbitos do espazo cultural, centran o traballo que desenvolve o grupo de Minorías e Cultura Gay Lésbica Bisexual e Transexual (GLBT) de Galicia. O obxectivo é afondar e descubrir, no eido das humanidades e, especialmente no mundo da arte, as marcas homoeróticas que impregnan a cultura e a sociedade.

Resultados 2317 - 2322 de 2328

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós