DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Investigación
Xoves, 06 de xullo do 2017

Susana Peleteiro desenvolveu un proxecto Inou sobre a súa valorización e aproveitamento

A palla de trigo, posible fonte de compostos de alto valor engadido

Durante a investigación acadou furanos a través de tratamentos pouco contaminantes


ImageAproveitar e valorizar un residuo agrícola abundante en Ourense e Galicia como é a palla de trigo a través da produción de compostos de alto valor engadido e empregando tratamentos pouco contaminantes e que xeren poucos residuos, como a auga. Con este dobre obxectivo, a investigadora da Facultade de Ciencias do campus de Ourense Susana Peleteiro desenvolveu un proxecto de investigación, enmarcado no Campus da Auga, no que acadou a partir destes residuos furanos (5-hidroximetilfurfural e furfural), compostos con alto valor engadido.
Mércores, 05 de xullo do 2017

Segundo o Comité de Combustión da Axencia Internacional da Enerxía

Novas evidencias apuntan a que os motores de gasolina requiren sistemas de tratamento de emisións comparables ao diésel

Especialistas apostan por substituír estes combustibles por outros compatibles pero de orixe non fósil


ImageO fraude das emisións contaminantes de Volkswagen supuxo un antes e un despois no mercado dos coches diésel, sobre todo en Europa, onde representan arredor do 40% do total de turismos. Foi a última pinga que axudou a incrementar a mala fama dun motor, o diésel, ao que se lle atribúe o feito de ser moito máis contaminante que os de gasolina, xa que a pesares de emitir menos CO2 –porque consumen menos combustible- lanzan á atmosfera máis óxidos de nitróxeno (NOx), principais responsables das boinas de contaminación que padecen as grandes cidades. Así e todo, novas evidencias científicas apuntan a que os motores de gasolina requirirán sistemas de tratamento de emisións comparables ao diésel, xa que comeza a observarse que o número de partículas emitidas por motores modernos de gasolina empezan a ser maiores do agardado.
Martes, 04 de xullo do 2017

No marco do proxecto Race for Water e a bordo dun dos barcos solares máis grades do mundo

Científicos de Ephemare estudan nas Bermudas o impacto da contaminación por microplásticos no océano

O investigador vigués Raimundo Blanco representa á Universidade de Vigo nesta iniciativa internacional


ImageO proxecto Race for Water loita conta a contaminación mariña percorrendo o mundo durante cinco anos a bordo dun dos barcos solares máis grandes do mundo. Este trimarán levou áncoras o pasado mes de abril do porto francés de Lorient e agora, tras atravesar o Atlántico, atópase nas illas Bermudas, onde embarcaron tres científicos do proxecto europeo Ephemare, que coordina a Universidade de Vigo e ten como obxectivo avaliar o impacto dos microplásticos sobre os organismos mariños. Un destes expertos é o investigador do grupo Ecotox Raimundo Blanco, que dende o mércores 28 está recollendo e procesando mostras nas baías de Whalebone Bay, Well bay e Evans Bay. Tras seis días de traballo a bordo, este martes os membros do equipo de Ephemare trasladáronse ao Bermuda Institute of Ocean Sciences (BIOS) para continuar coas análises de laboratorio.
Martes, 04 de xullo do 2017

Segundo o último informe de conxuntura do Foro Económico de Galicia

A economía galega continúa na senda de crecemento con taxas superiores ao 3%

O mercado de traballo presenta un comportamento cuantitativo positivo


ImageO Foro Económico de Galicia presentou este martes o II Informe de Conxuntura Socioeconómica do Ano 2017, coordinado por Fernando González Laxe e contando tamén coa participación de José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago. Nesta ocasión, xunto coa análise das contas económicas do segundo trimestre do ano e a síntese estatística dos indicadores de conxuntura, o traballo compleméntase con comentarios sobre o motor externo, elaborados por Albino Prada, e sobre o brazo investidor da Xunta de Galicia, elaborado por José Francisco Armesto.
Martes, 04 de xullo do 2017

Unha trintena de participantes reúnense hoxe no Centro Social AFundación de Vigo

Docentes e investigadores en formación no campo do procesado de sinal e as comunicacións danse cita no SIC17 Summer

Organizado por Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións da Universidade


Image35 docentes e investigadoras e investigadores en formación que desenvolven a súa actividade no ámbito do procesado de sinal e as comunicacións, participan este martes no 6º Spanish Workshop on Signal Processing, Information Theory and Communications, SIC17 Summer, que se celebra no Centro Social AFundación en Vigo. O desenvolvemento de novas ferramentas baseadas na teoría da información e o procesado de sinal para a análise de prestacións de redes de comunicacións e de sensores; o deseño e algoritmos matemáticos eficientes para o procesado da información nestes sistemas complexos e a validación destes algoritmos en equipos demostradores, centran a xornada, organizada polo Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións da Universidade de Vigo.
Luns, 03 de xullo do 2017

A utilización dun cilindro de espuma permite reducir os seus niveis de lactato en sangue tras un rescate

O grupos Remoss demostra a efectividade dun novo método de recuperación de socorristas

O estudo foi publicado no American Journal of Emergency Medicine


ImageO foam roller é un cilindro de espuma empregado como método de liberación miofascial na recuperación muscular de deportistas de diferentes disciplinas, pero pode ser tamén unha alternativa rápida e eficaz para a recuperación de socorristas da fatiga que supón un rescate acuático. Así o puido constatar o grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, que comprobou os seus efectos na redución do ácido láctico en sangue, un marcador de fatiga fisiolóxica, trala aplicación dun protocolo de exercicios de 20 minutos, que pode levarse a cabo sen perder de vista o que acontece no mar.
Resultados 43 - 48 de 2328

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós