DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Venres, 21 de abril do 2017

Ciencias Xurídicas e do Traballo acolleu unha xornada sobre os procesos de unión destas sociedades

A integración entre cooperativas, unha vía para sobrevivir e facer fronte ás grandes multinacionais

Expertos avogan por unir forzas para mellorar a eficacia e a eficiencia e gañar peso estratéxico no mercado


ImageEn sectores como a agroalimentario, que conta con máis de 3000 cooperativas produtoras, son as grandes distribuidoras, principalmente multinacionais, as que teñen todo o poder negociador e mercantil. Deste xeito, son esas grandes empresas, que representan o último elo da cadea, as que acaban fixando os prezos, deixando ás cooperativas sen apenas marxe negociador. O único xeito de facerlle fronte a esta realidade é apostando por incrementar a dimensión das cooperativas, é dicir, realizando procesos de integración. Neste punto concordaron as e os expertos que participaron este venres na xornada A integración no sector cooperativo que se celebrou na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, baixo a coordinación do catedrático Julio Costas e o profesor Francisco Torres.
Venres, 21 de abril do 2017

Os asistentes puideron coñecer a ferramenta GvSIG e a asociación que o potencia

Unhas xornadas afondaron no potencial da xestión da información xeográfica en todo tipo de eidos

A cita tivo lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática


ImageA Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus acolleu este venres a Xornada GvSIG. Ourense 2017. A cita tivo como obxectivo presentar a estudantes e profesionais as oportunidades que ofrece a xeotemática para a xestión da información en todo tipo de eidos, desde a hidrografía á xestión de emerxencias. Concretamente, os asistentes, estudantes e enxeñeiros en informática, profesionais da enxeñaría e traballadores públicos encargados de tarefas relacionadas co mantemento e administración de información que teña unha referencia espacial, puideron coñecer a ferramenta GvSIG, software libre para a creación de sistemas de información xeográficos.
Venres, 21 de abril do 2017

O director de 'Pisconautas', Alberto Vázquez, rememora en Belas Artes as orixes deste filme

A historia que naceu no papel e rematou nun Goya

Ex-alumno do centro, a súa conferencia enmárcase no programa da Semana da Creatividade e da Innovación


ImageUn dos nomes propios da última edición dos premios Goya foi o ilustrador e director de animación Alberto Vázquez, que na gala celebrada o pasado mes de febreiro alzábase cos galardóns ao mellor filme e á mellor curta de animación por Psiconautas e Decorado, respectivamente. Achegar ao alumnado ás diferentes fases do proceso polo que se xestou esta longametraxe, nacida dun cómic que editou hai máis dunha década, é un dos propósitos cos que Vázquez retorna na tarde deste venres á Facultade de Belas Artes, no marco das actividades da Semana da Creatividade e da Innovación.
Xoves, 20 de abril do 2017

CC. Xurídicas acollerá o 25 de abril o 'I Seminario-Taller Literatura e Dereito Cervantes e o Dereito'

Cervantes muda a pluma pola toga

A sesión está organizada polo grupo Innova Dereito e será impartida por José Francisco Alenza


Image A constatación de que a relación entre literatura e dereito é máis estreita do que nun principio se pode pensar, levou ao Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo Innova Dereito a poñer en marcha un seminario no que evidenciar a abundancia na literatura de claves xurídicas sobre as que reflexionar e debater, o que a confirma ademais como unha valiosa ferramenta no ensino do Dereito e na formación das e dos xuristas. O I Seminario- Taller Literatura e Dereito que se celebrará o 25 de abril na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, renderá homenaxe a Miguel de Cervantes, cuxa obra contén numerosas referencias de carácter xurídico.
Mércores, 19 de abril do 2017

Máis de 200 estudantes asisten en Pontevedra ás VI Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional

En tempos de viralidade, o protocolo reivindícase como unha ferramenta chave para as institucións

O subdirector de Protocolo e Cerimonial do Estado recalcou a importancia da mensaxe nos actos públicos


Image“Cando o presidente da Generalitat de Cataluña Josep Tarradellas retornou do exilio e tivo unha xuntanza con Adolfo Suárez, díxolle que todo era negociable menos o protocolo”. Con esta anécdota puña de relevo o profesor de CCSS e da Comunicación Fernando Ramos a importancia dunha disciplina que conforma a “visibilidade dunha institución” e que nas xornadas de mércores e xoves centra nesta facultade pontevedresa as VI Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional e Imaxe Pública–XVII Curso Complementario de Comunicación e Protocolo. Con 205 estudantes matriculados, o “curso complementario máis antigo da Universidade” reúne a unha quincena de conferenciantes para abordar desde diferentes ópticas a imaxe pública das institucións.
Mércores, 19 de abril do 2017

Unhas xornadas afondarán nas posibilidades que ofrecen medios como os videoxogos e a banda deseñada

Búscanse novos formatos para vellas historias

A cita será os días 24, 25 e 26 de abril no campus


ImageUn ano máis, e van cinco, a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense celebrará as Xornadas Cuando Mario Coñeceu a Clío. Continuando a liña de anteriores edicións, a cita intentará “reflexionar sobre como achegar a historia á sociedade a través de medios alternativos aos tradicionais, aproveitando os formatos da cultura contemporánea, como son os videoxogos, a banda deseñada, as películas ou a recreación histórica”. A cita será os días 24, 25 e 26 de abril. “Apostaremos por unhas xornadas cunha temática o máis variada posible, na que se abordará o estudo da historia dende áreas como o cine ou a literatura”, sinalan desde a organización.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 2675

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós