DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Xoves, 11 de maio do 2017

A importancia destas plataformas centra o Día das Redes Galegas de CCSS e da Comunicación

O futuro do galego atópase tamén nas redes sociais

A xornada reuniu como conferenciantes a catro profesionais do eido formadas nesta facultade


ImageO 86% dos internautas de entre 16 e 65 anos, preto de 19 millóns, son usuarios e usuarias de redes sociais, segundo o informe publicado por IAB Spain neste 2017. Afondar na súa importancia e nos cambios que están a provocar no sector da comunicación era un dos obxectivos centrais do Día das Redes Galegas, que a Facultade de CCSS e da Comunicación celebrou este xoves reunindo a catro profesionais formadas e formados nas súas aulas. Mais tamén érao pór de relevo que os social media son tamén unha “grande oportunidade” para o idioma, como salientou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Xoves, 11 de maio do 2017

A segunda edición das xornadas Pensar o Dereito celebrarase o 18 de maio e 1 e 8 de xuño

Universidade e xustiza, en diálogo ante os retos da sociedade actual

A cita contará coa participación de expertos tanto do eido académico como xurídico


ImageA Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá o 18 de maio e 1 e 8 de xuño unha nova edición, a segunda, do ciclo Pensar o Dereito. A cita dá continuidade á celebrada en 2011 no Ateneo seguindo a mesma filosofía de entón de xuntar a persoas do eido académico e xurídico para confrontar visións sobre os retos que na sociedade actual se afrontan desde o dereito e abrir canles comunicación entre ambos mundos. Deste xeito, a edición deste ano levará por título Diálogos entre Universidade e Xustiza.
Mércores, 10 de maio do 2017

A facultade acolleu este mércores a décimo novena edición da súa mesa de saídas profesionais

Fisioterapia busca guiar os primeiros pasos do alumnado fóra do centro

Abordáronse tanto as opcións de traballo nos sectores privado e público como aspectos legais


Image“O que lle queremos transmitir ao alumnado é que se queren chegar a algún sitio, teñen que dar os pasos necesarios para poder chegar, que teñen que marcarse unha meta e saber que pasos teñen que dar para alcanzala”. Deste xeito presentaba o profesor da Facultade de Fisioterapia Manuel Gutiérrez a décimo novena edición da mesa redonda de saídas profesionais, que este centro desenvolve cada ano co propósito de achegar aos futuros titulados e tituladas unha serie de información que lles poida servir como guía nos seus primeiros pasos no eido profesional. De aí que nos contidos desta xornada figurasen tanto o traballo nos eidos público e privado, como aspectos legais de exercicio profesional ou as oportunidades de traballo en países europeos.
Mércores, 10 de maio do 2017

O director de Prevención de Perdas de Abanca revelouno nun relatorio a EE de Telecomunicación

O sector da ciberseguridade precisa de profesionais cualificados e formados especificamente

Roberto Baratta inaugurou un ciclo de conferencias da Cátedra Deloitte de Ciberseguridade


Image As razóns polas que o sector específico da seguridade é unha opción interesante para o alumnado das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Informática; as diferentes liñas profesionais polas que poden optar; cales son as habilidades e perfís para cada caso e cal é a situación do mercado en xeral e en Galicia en particular. Estes son os temas que o director de Prevención de Perdas, Continuidade de Negocio e Seguridade de Abanca, Roberto Baratta, abordou este mediodía no relatorio Ciberseguridade, unha carreira profesional que ofreceu na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. A conferencia insírese no ciclo Líderes que inspiran seguridade da Cátedra Deloitte de Ciberseguridade.
Martes, 09 de maio do 2017

BBAA acolle coloquios coa cooperativa 'Cestola na cachola' e o creador chileno Rodrirgo Benítez

O cooperativismo e o traballo en rede como camiños vitais e profesionais

No centro tivo lugar tamén unha actuación do 'Proxecto Alien' de Vertixe Sonora


ImageAchegar ao alumnado que se atopa a piques de rematar os seus estudos a diferentes vías nas que desenvolver “o seu proxecto vital e persoal despois da carreira” é o propósito dos coloquios que integran En torno ao proxecto, unha actividade que toma o relevo das charlas preprofesionais que cada ano se viñan desenvolvendo no centro co propósito de amosar ao alumnado que “ademais de enviar currículos ou facerse autonómos, existen outras moitas vías intermedias, como o cooperativismo ou o desenvolvemento de proxectos culturais”, como explica a decana do centro, Silvia García.
Martes, 09 de maio do 2017

O capitán de navío José María Blanco impartirá unha conferencia en CCSS e da Comunicación

A Cátedra Álvarez-Ossorio achégase ao campus no 300 aniversario da Compañía de Guardiamarinas


ImageNo marco dos actos de conmemoración que, ao longo do presente ano, desenvolve a Escola Naval Militar de Marín para conmemorar o 300 aniversario da creación da Real Compañía de Guardiamarinas, a Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, que este centro promove conxuntamente coa Universidade de Vigo, achégase este mércores ata o campus pontevedrés. E farao precisamente para afondar nas orixes desta compañía, a través do relatorio, con entrada libre, que impartirá no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o capitán de navío retirado José María Blanco Nuñez.
Resultados 19 - 24 de 2718

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós