DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Mércores, 05 de decembro do 2007

Establecido o 5 de decembro polas Nacións Unidas

Os cooperantes do campus celebran o "Día Mundial do Voluntariado"

Image Con motivo da celebración do Día Mundial do Voluntariado, a Oficina de Voluntariado agasallou aos seus cooperantes cunha xornada para compartir experiencias. “O obxectivo é fomentar a unión, que se coñezan e que vexan as diferentes labores que fan nas entidades” explicou a coordinadora, Gladys Castro. Ademais, para conmemorar o seu día e agradecerlles aos voluntarios a súa implicación houbo pratos típicos de diferentes países levados por estudantes do Programa de Apoio a Estudantes Inmigrantes e Emigrantes Retornados.
Mércores, 05 de decembro do 2007

I Xornada da Comunicación

Os estudantes de Publicidade e Relacións Públicas coñecerán da man de expertos nacionais as novas ideas e tendencias do sector

Na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación


Image Os estudantes de Publicidade e Relacións Públicas terán a vindeira semana a oportunidade de debater sobre novas ideas e tendencias cun grupo de profesionais das mellores axencias de comunicación e publicidade do país grazas á celebración da I Xornada de Comunicación, organizada pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra co obxectivo de “achegar ao campus a expertos nesta materia e familiarizar aos alumnos coas novas tendencias creativas e de traballo neste campo“, explicou a organizadora das xornadas e directora da Área de Extensión Universitaria e Estudantes, Ana Belén Fernández Souto.
Martes, 04 de decembro do 2007

Enmarcado no "I Seminario Internacional sobre Cooperación Transfronteiriza"

Constitúese en Allariz a Rede Ibérica de Investigadores sobre Cooperación Transfronteiriza

Image No marco do I Seminario Internacional sobre Cooperación Transfronteiriza celebrado esta fin de semana en Allariz, tivo lugar a constitución da Rede Ibérica de Investigadores sobre Cooperación Transfronteiriza.
O seminario, que foi organizado pola Área de Ciencia Política e da Administración e o Centro de Excelencia Europeo Jean Monnet, abordou a institucionalización desta rede na sesión celebrada o sábado día 1 de decembro. O seu propósito é estabilizar un núcleo de profesionais universitarios que están a investigar sobre a cooperación transfronteiriza desenvolvida entre Euskadi e Aquitania, entre Cataluña e as rexións francesas de Midi-Pyrennees e Languedoc-Rousillon e entre Galicia e a rexión norte de Portugal.
Luns, 03 de decembro do 2007

Con motivo da súa visita ao Parlamento Europeo

Os alumnos de Dereito coñeceron sobre o terreo os obxectivos e ámbitos de traballo dos membros das distintas comisións da Unión Europea


Image 25 alumnos da Facultade de Dereito realizaron durante a pasada semana unha visita ao Parlamento Europeo en Bruxelas, invitados pola Delegación Española do Grupo Socialista a petición do eurodeputado galego Antolín Sánchez Presedo.Os estudantes estiveron acompañados pola súa decana, Inés Iglesias, o vicedecano de Docencia, Asuntos Económicos e Relacións Institucionais, Roberto Bustillo e o vicedecano de Estudantes e Actividades Culturais, Iago Fariñas.
Durante os tres días que durou a viaxe, os alumnos tiveron a oportunidade de ver dende dentro o funcionamento das institucións europeas e coñecer a algunhas das persoas que as integran e nos representan nelas, así como de achegarse á realidade política do continente.
Luns, 03 de decembro do 2007

Organizada pola vicerreitoría do campus de Pontevedra

A Casa das Campás acolle a conferencia "Golpes en primeira persoa"

Contará coas experiencias das persoas que viven de cerca este problema


Image A sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra acollerá este martes unha conferencia, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa que se pretende mostrar un punto de vista diferente ao habitual no trato deste tema.
Golpes en Primeira Persoa é o título da charla que ten o obxectivo expor o problema dos malos tratos ás mulleres desde un punto de vista máis humano, apartado das cifras e das políticas institucionais.
Luns, 03 de decembro do 2007

Mediante un acordo suscrito entre a escola, o CIS-Madeira e as universidades estranxeiras

Alumnos da EUET Forestal poderán formarse na enxañaría da madeira en universidades de Alemaña e Austria

Dentro do programa Erasmus


Image A EUET Forestal asinou un acordo de cooperación co Centro de Investigación CIS–Madeira e as Universidades de Ciencias Aplicadas de Rosenheim e Salzburgo, para a formación dos alumnos en enxeñaría da madeira. O proxecto, formalizado dentro do Programa Erasmus, é froito da colaboración da Universidade de Vigo con estas institucións nacionais e internacionais dentro da Acción Cost da Comisión Europea. O profesor Carlos Baso, delegado español de esta entidade e subdirector da Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal, explicou que o obxectivo “é que, de acordo co perfil de formación que desexe o estudante, se preparen módulos formativos específicos que complementen os programas das nosas escolas de enxeñaría para ser cursados durante un ano, ben en Rosenheim ou en Salzburgo”.
Resultados 2635 - 2640 de 2718

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós