DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Martes, 16 de outubro do 2007

A conferencia encádrase no ciclo “A docencia universitaria”

Antonio Bolivar falará no campus de Vigo sobre “A avaliación na universidade”


Image
Antonio Bolívar
O catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Granada, Antonio Bolivar, ofrecerá o vindeiro xoves, 18 de outubro, as 11 da mañá,no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo, unha conferencia titulada A avaliación na universidade. A conferencia está encadrada no ciclo titulado “A docencia universitaria”, organizado pola vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa

 

Luns, 15 de outubro do 2007

Nos Obradoiros do primeiro cuadrimestre

O intercambio de coñecemento entre alumnos das distintas facultades destaca como principal novidade

Ao carón do de "Educación Viaria", impartido polo policía local, Maxi Cid


ImageDentro dun total de 19 cursos, moitos xa son coñecidos, como as tradicionais aulas de teatro; pero outros chegan a esta edición por primeira vez. Son os casos do obradoiro organizado pola Asociación de Prevención de Accidentes de Tráfico (P.A.T.), ideado para sensibilizar á xuventude perante os riscos de conducción, e un total de cinco cursos máis que serán impartidos por alumnos das distintas facultades co fin de aproveitar os propios recursos do Campus.
Xoves, 11 de outubro do 2007

Entrevista ao profesor de Programación de Videoxogos, David Ramos:

"É unha materia que resulta atractiva, sobre todo, a moitos Erasmus"


ImageDende un comecocos, a un xogo de fútbol. Os alumnos da Escola Superior de Enxeñería Informática teñen á súa disposición, durante todo o primeiro cuadrimestre, unha materia de libre elección centrada na programación de videoxogos. Aberta aos estudantes de todos os cursos, o seu profesor afirma que os seus alumnos aprenderán multitude de tarefas, dende como mover obxectos en escena, ata operar con intelixencia artificial.
Mércores, 10 de outubro do 2007

Nunha visita ao Palacio da Xustiza e ao Colexio de Avogados

Os alumnos de Dereito coñeceron o funcionamento xudicial na cidade das Burgas


ImageA Sala da Audiencia Provincial, os distintos xulgados e unha atractiva Sala de Recoñecemento foron algunhas dependencias que deixaron de resultar descoñecidas para un grupo de estudantes de primeiro de Dereito. Guiados polo vicedecano, Iago Fariñas, preto de trinta alumnos asistiron a unha tarde de visita polas principais instalacións xudiciais de Ourense: o Palacio de Xustiza e o Colexio de Avogados, onde contaron coas intervencións e consellos do xuíz decano, Antonio Piña; o secretario do xulgado social nº3, J.Luis Roig e o director da Escola de Práctica Xurídica, Alejandro Garrido.
Mércores, 10 de outubro do 2007

Comeza unha nova Edición do Máster en Xestión da Pesca e da Acuicultura

Os alumnos poderán realizar prácticas preprofesionais remuneradas

ImageFormar profesionais cualificados para a xestión pública e privada da pesca é o principal obxectivo do Máster en Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura que este luns inicia a súa terceira edición. Como principal novidade desta edición, o máster refórzase ao abrirse a posibilidade de realizar prácticas preprofesionais remuneradas en empresas do sector.
Martes, 09 de outubro do 2007

Cunha xornada sobre mobilidade e telecomunicacións

Os campus de Vigo e Ourense participarán na Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios

ImageNo primeiro ano que a Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios ábrese ás universidades de Vigo e da Coruña, os campus de Ourense e Vigo acollerán cadansúa xornada sobre mobilidade e telecomunicacións. A sesión que se desenvolverá o mércores 7 de novembro, iniciarase pola mañá na E.T.S.E de Telecomunicación e nela tomarán parte como relatores Brian González, director xeral de Intel España y Portugal; Juan Miguel Márquez, director general de modernización administrativa del Ministerio de Administracións Públicas ou Pablo López, director de ventas e marketing de Tele2.

Resultados 2725 - 2730 de 2742

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós