DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Venres, 24 de febreiro do 2017

O centro organiza un ciclo de conferencias protagonizado por algúns dos seus 2174 egresados

Enxeñaría Informática conmemora 25 anos de historia poñendo en valor o talento forxado nas súas aulas

Jorge Vázquez, fundador e presidente de Redegal, foi o encargado de ofrecer a primeira das charlas


ImageA Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense cumpre este curso académico 25 anos de historia e para conmemoralo organiza o ciclo de conferencias #TalentoESEI, no que se convidará a algúns dos 2174 egresados e egresadas formados no centro a volver a el para expor a súa traxectoria profesional e falar dos eidos nos que desenvolven o seu traballo. A primeira das intervencións tivo lugar este xoves a cargo do ourensán Jorge Vázquez, fundador, presidente e CEO de Redegal, que falou do que considera as claves do éxito profesional: a dedicación e a constancia.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

A Escola Superior de Enxeñaría Informática acolleu este mércores a School Developers Parade #Ourense

Aprendendo en comunidade a manexar a última tecnoloxía

Coa asistencia de máis dun centenar de estudantes e profesionais


ImageGoogle Developers Group Ourense e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus organizaron este mércores o taller High School Developers Parade #Ourense. Máis dun centenar de estudante e profesionais puideron coñecer nesta cita como funcionan as comunidades de desenvolvedores e que é o que lles poden achegar á súa formación tecnolóxica. Nun sector como o da informática, que avanza a un ritmo frenético, apuntaron os relatores, o traballo e o estudo en comunidade permite "acelerar e complementar" a formación tradicional.
Mércores, 22 de febreiro do 2017

Tanto as charlas como os talleres ou as visitas son abertas ao público en xeral

Arranca no campus un novo ciclo de actividades sobre Dereito Marítimo

O programa prolongarase ata finais de abril e inclúe unha visita ao Porto de Vigo


ImageEsta semana arrancou no campus un novo ciclo de actividades sobre Dereito Marítimo, unha iniciativa que se consolida e que acada xa a súa sexta edición. Sen grandes novidades con respecto a anteriores convocatorias o profesor de Dereito Mercantil Francisco José Torres, salienta que “o espírito segue a ser o mesmo ca en anteriores edicións, xa que a valoración que nos está a chegar por parte das persoas que asisten é moi boa”, recalca o docente, ao tempo que fai fincapé en que, se ben o ciclo está pensado sobre todo para o alumnado da materia de Dereito Marítimo todas as actividades son de libre acceso e gratuítas para calquera persoa interesada.
Martes, 21 de febreiro do 2017

Ata o 28 de febreiro permanece aberto o prazo de inscrición nun taller gratuíto sobre deseño responsivo

A Aula Tecnolóxica achega as claves que permiten levar unha web a calquera soporte

A vindeira semana será posible inscribirse nun curso sobre retoque de imaxes que se desenvolverá en marzo


ImageA multitude de dispositivos desde os que hoxe en día se accede a internet fan obrigado que o deseño de webs teña como punto de partida o concepto de “responsivo”, a capacidade de adaptar a súa visualización a diferentes resolucións. Achegar as claves do deseño de webs responsivas é a base do curso co que a Aula Tecnolóxica da Vicerreitoría arrinca o seu programa formativo gratuíto para este cuadrimestre. “A día de hoxe navégase máis desde o móbil que desde un ordenador, polo que unha web que non se vexa nun teléfono está perdendo a maioría do seu público”, salienta Alberto García Ariza, responsable dun taller que mantén aberta a súa inscrición.
Luns, 20 de febreiro do 2017

Alicia Puleo falou este luns no campus sobre os nexos entre os dous movementos

O que o feminismo pode achegar á ecoloxía para crear un mundo mellor

A docente reivindicou unha educación ambiental tamén de carácter emocional


ImageAlicia Puleo, profesora de Filosofía da Universidade de Valladolid que investiga sobre a relación entre feminismo e ética ecolóxica, achegouse este luns ao campus de Ourense para falar de ecofeminismo, eido no que é considerada un referente no ámbito estatal. Durante a súa intervención ante un público formado fundamentalmente por alumnado da Facultade de Ciencias da Educación, a docente analizou como o movemento feminista pode enriquecer a ecoloxía, reivindicando, entre outras cuestións, a visibilización do papel das mulleres nel e unha educación ambiental baseada non só nos datos senón tamén nas emocións.
Luns, 20 de febreiro do 2017

A través dun curso que terá lugar o vindeiro mes de marzo no edificio Miralles

O persoal de administración formarase na xestión das redes sociais e o márketing dixital

Docentes da Universidade Politécnica de Valencia impartirán a docencia


ImageNun momento no que a comunicación a través dos medios dixitais se fai máis imprescindible ca nunca, é preciso saber como xestionar as redes sociais e o márketing en ámbitos tanto empresariais como institucionais. Por este motivo, a Universidade de Vigo ofrece ao Persoal de Administración e Servizos o curso Como pode participar o teu servizo/unidade nos medios sociais? Planifica e deseña a túa web e o teu plan de márketing, coa finalidade de afondar en todos aqueles aspectos relacionados cos medios sociais que son necesarios para o desenvolvemento do seu traballo á fronte dun centro ou unidade.
Resultados 31 - 36 de 2655

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós