DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Xoves, 27 de abril do 2017

Garda importantes relacións coa regueifa galega e a ‘peleja’ portuguesa

A Cátedra Internacional José Saramago achega a Vigo a literatura de cordel brasileira

Este venres inician tamén a xira por Galicia da escritora portuguesa Isabela Figueiredo


ImageA literatura de cordel brasileira, exemplo claro de tradición oral e popular e con moitas similitudes á regueifa galega e a peleja portuguesa, ten as súas orixes no romanceiro luso e español da Idade Media e do Renacemento, pero a día de hoxe é unha gran descoñecida en Galicia. Conscientes desta realidade a Cátedra Internacional José Saramago celebrou este xoves na Facultade de Filoloxía e Tradución un coloquio co que dar a coñecer este tipo de literatura e a isto sumaranlle, probablemente o vindeiro mes de xuño, unha demostración práctica no Instituto Camões de Vigo.
Xoves, 27 de abril do 2017

O profesor e investigador Eladio Anxo Fernández Manso impartiu un relatorio sobre

O perruqueiro galego de Mauthausen

Joaquín Balboa, natural de Monterrei, sobreviviu ao campo de concentración nazi


ImageJoaquín Balboa naceu en Estevesiños (Monterrei) en 1908 e morreu na súa aldea natal en 1994. Entre estas dúas datas, a súa vida foi un reflexo da historia de España e de Europa: emigrante en Barcelona, combatente republicano na Guerra Civil, exiliado en Francia e preso nos campos de concentración nazis. A súa memoria, xunto coa de outras moitas vítimas galegas do nazismo revive esta semana nunha exposición fotográfica na Facultade de Filoloxía e Tradución e nun relatorio impartido este xoves polo profesor Eladio Anxo Fernández Manso. Estas actividades, impulsadas polos investigadores Xoán Manuel Garrido e Óscar Ferreiro, do grupo TI4 Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo, teñen como obxectivo recuperar a memoria das vítimas do Holocausto.
Xoves, 27 de abril do 2017

A Facultade organiza unha xornada de difusión das competencias profesionais

Titulados en Ciencias do Mar, eses grandes descoñecidos

Egresadas e egresados que traballan no estranxeiro e en Galicia achegarán a súa experiencia


Image Os máis de 25 anos de existencia, primeiro da licenciatura e posteriormente do grao en Ciencias do Mar, aínda non foron suficientes para que, sobre todo en España, as e os profesionais saídos das aulas das seis universidades onde se imparten estes estudos conten co coñecemento e recoñecemento social e profesional do que si gozan en moitos outros países. É así que en EEUU, Australia, Canadá ou Italia desenvolven a súa actividade varios profesionais que cursaron os seus estudos na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, tituladas e titulados que o vindeiro 5 de maio volverán ao centro, para relatar a súa experiencia en organismos e empresas como a NASA, a Universidade de Sydney ou ExxonMobile.
Mércores, 26 de abril do 2017

As 'Xornadas Cando Mario Coñeceu a Clío...' afondan no uso de medios alternativos para a divulgación

Leccións de historia aprendidas fóra dos libros

O cómic ou a saga 'Star Wars' son algúns dos produtos analizados


ImageEste martes e mércores a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia do campus de Ourense celebra a quinta edición das Xornadas Cando Mario Coñeceu a Clío..., unha iniciativa que afonda en como achegar a historia á sociedade a través de medios alternativos aos tradicionais, aproveitando formatos da cultura contemporánea como son os videoxogos, a banda deseñada, as películas ou a recreación histórica. Unha comparativa entre a organización do poder en Estados Unidos e a saga Star Wars ou o uso do guión cinematográfico para a transmisión de coñecementos na aula son algúns dos temas abordados polos relatores.
Martes, 25 de abril do 2017

A Facultade de Dereito acolleu unha xornada centrada neste tema

Buscando solucións á inseguridade xurídica no eido do urbanismo

A Lei do Solo de Galicia de 2016 foi analizada por docentes e profesionais


ImageEste martes a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu a xornada O novo réxime xurídico do urbanismo en Galicia. A cita reuniu a docentes universitarios, profesionais vinculados a esta área e público interesado co obxectivo de analizar a nova regulación urbanística, protagonizada por unha Lei do Solo de Galicia, de 2016, que veu a substituír recentemente a anterior Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, de 2002. Nun contexto de preocupación social arredor desta cuestión, José Agustín González-Ares, director das xornadas e docente da Universidade de Vigo, recalcou a importancia da seguridade xurídica no eido urbanístico.
Martes, 25 de abril do 2017

O investigador do CIF de Lourizán Javier Silva Pando impartiu unha conferencia no campus

A EE Forestal achégase á primeira compilación da flora de Galicia

No seu relatorio afondou no traballo de catalogación de especies do xesuíta Baltasar Merino


ImageNeste 2017 conmemórase o centenario do pasamento do xesuíta Baltasar Merino, recoñecido polo intenso labor de catalogación da flora de Galicia que realizou ao longo de toda a súa vida. “Calculamos que puido ter recollido sobre 16.000 pregos”, salienta o xefe do Departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, Francisco Javier Silva Pando, quen lembra que “ata hai case de 30 anos, a flora descritiva e ilustrada de Merino seguía sendo a referencia en Galicia” para aqueles e aquelas que querían afondar na riqueza botánica de Galicia.
Resultados 37 - 42 de 2718

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós