DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Venres, 03 de febreiro do 2017

Con cinco novos cursos sobre deseño web, creación de portfolios e tratamento de imaxes e vídeo

A Aula Tecnolóxica desvelará os múltiples segredos da edición dixital

Cun límite de 20 prazas, impartiranse a partir de marzo na Casa das Campás en quenda de tarde


Image"As novas xeracións son nativos dixitais, pero non todos coñecen ben todos os programas que se manexan". Así explica Manuel Morquecho, responsable da Área de Extensión Cultural do campus de Pontevedra, o obxectivo dos cinco novos cursos que se celebrarán na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás entre os meses de marzo, abril e maio. A temática foi elixida "tras coa comunidade universitaria" e ver que materias serían máis relevantes para completar o currículo académico. "Co Plan Boloña perdéronse moitas horas prácticas e tratamos de suplir esas carencias tanto para os que queren pulir o que saben como para os que queren complementar a súa formación", asegurou.
Xoves, 02 de febreiro do 2017

O VI Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia celebrarase do 15 ao 17 de febreiro

Edugal volver confiar á EEI a organización das charlas de orientación universitaria para o alumnado de bacharelato

A Escola tamén disporá dun stand no que amosará a súa oferta de titulacións


Image Por terceiro ano consecutivo a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo colaborará coa Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra, Aempe, na organización da VI edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, que se celebrará entre os días 15 ao 17 de febreiro no recinto feiral de Pontevedra. O director da EEI, Juan Pou, explicou este mediodía que o centro volverá organizar este ano charlas universitarias nos ámbitos tecnolóxico, científico, xurídico-social e humanístico co obxectivo de que o alumnado de bacharelato de Galicia coñeza a oferta formativa actual do Sistema Universitario de Galicia.
Mércores, 25 de xaneiro do 2017

O catedrático Antonio López ofreceu este mércores unha conferencia sobre este tema

A intervención comunitaria, un reto para o traballo social

O experto destacou a capacidade de cambio que ten a dinámica grupal


ImageA Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolleu este mércores unha conferencia de Antonio López, catedrático do Traballo Social e Servizos Sociais da UNED, na que abordou os retos do traballo social con grupos. Entre os seus desafíos de futuro, o experto salientou a necesidade de “recuperar a lexitimidade da dinámica grupal e comunitaria para levar a cabo procesos de cambio” e “facer fronte a algúns dos paradoxos nos que estamos inmersos”, como o feito de vivir nunha sociedade “de exaltación do individualismo pero tamén de cultura de masas”.
Luns, 23 de xaneiro do 2017

A próxima sesión será este xoves 26 de xaneiro na aula 1 do edificio Miralles

Volve o programa ‘Destrezas’ centrándose na xestión do tempo, as técnicas de negociación e o traballo en equipo

O obxectivo é axudar ás persoas emprendedoras no seu novo camiño


ImageDespois do parón dos exames do primeiro cuadrimestre a vida no campus volve á normalidade, incorporándose o estudantado ás aulas. Tamén se retoman as actividades complementarias que tratan de achegar formación complementaria de axuda ao alumnado para o seu futuro laboral. Deste xeito a Fundación Universidade de Vigo (FUVI) xunto coa Área de Emprego e Emprendemento organizan o programa Destrezas, unha iniciativa formativa que xa deu comezo no anterior cuadrimestre, pero que torna despois do parón das vacacións. As citas volverán a ser na aula 1 do Edificio Miralles cun horario de 9.30 h a 14.30 h.
Venres, 20 de xaneiro do 2017

As clases impartiranse no Centro de Linguas o vindeiro mes de xuño

Docentes copan apenas nuns días as prazas de dous cursos sobre discurso oral en inglés

Trátase de mellorar os aspectos prácticos das actividades habituais da aula e a participación en foros internacionais


Image A Área de Formación e Innovación Educativa, dependente da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado, comezou o ano ofrecendo ao persoal docente dous cursos de discurso oral en inglés, un específico para foros internacionais e outro dirixido a mellorar os aspectos prácticos das actividades habituais da aula. Abriron a matrícula o pasado día dez e, en apenas uns días, esgotáronse as prazas, polo que dende a organización pensan xa en lanzar novas convocatorias. A cita será nesta ocasión no Centro de Linguas o vindeiro mes de xuño.
Xoves, 19 de xaneiro do 2017

Ciencias Empresariais e Turismo acolle este xoves e venres o XXII Memorial Raymond Konopka

A investigación, un activo para o avance da contabilidade de xestión

A cita reúne a arredor de 80 especialistas de once países


ImageO XXII Workshop on Accounting and Management Control. Memorial Raymond Konopka arrancou este xoves na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense reunindo a arredor de 80 especialistas de once países para pór en valor a investigación que se realiza no eido da contabilidade de xestión e o control de xestión. “Esta non é unha área que tradicionalmente se asocie á investigación pero desde as institucións académicas os investigadores temos moito que achegar ao seu avance”, destacou Ernesto López-Valeiras, coordinador do comité organizador.
Resultados 43 - 48 de 2655

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós