DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Actividades Académicas
Mércores, 20 de setembro do 2017

Unha xornada aborda en Belas Artes a situación da muller nestas disciplinas en Galicia

Falta de apoios e desigualdade, a dobre barreira das profesionais das artes efémeras

O coloquio contou coas intervencións das artistas Lola Correa, Gena Baamonde e María Roja


ImageA falta de apoios para o desenvolvemento de proxectos en eidos como a performance, a danza ou as artes escénicas xunto coa existencia de factores de desigualdade e de discriminación. Esta é a dobre barreira que as mulleres artistas teñen que enfrontar nestas disciplinas e que tres profesionais do eido, Lola Correa, Gena Baamonde e María Roja coincidiron en sinalar nun coloquio na Facultade de Belas Artes. Promovida polo profesor Carlos Tejo e patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade, a xornada Entre a escena e a arte de acción, tiña por obxecto promover unha reflexión “sobre o complexo presente e difícil futuro” destas disciplinas.
Mércores, 20 de setembro do 2017

Unhas xornadas en CC da Educación e do Deporte abordan a idea de xénero na arte e no deporte

Os deportes artísticos non son só cousa de mulleres

A existencia de “barreiras sociais”, non obstante, dificulta aos homes a práctica destas disciplinas


ImageOs deportes artísticos son cousa de mulleres? Esta é a pregunta á que a profesora da UDC Elena Sierra tratou de responder na conferencia de apertura das xornadas Expresión artística e xénero. Unha mirada plural, que se desenvolven en Ciencias da Educación e do Deporte. E o seu propósito foi demostrar que non, “que, polas súas características, os deportes artísticos non dependen do xénero, senón de se tes realmente as calidades necesarias para eles”. Non obstante, como salientou a profesora Rebeca Freire, deportes como a ximnasia rítmica vense afectados por unha serie “de estereotipos e barreiras sociais".
Martes, 19 de setembro do 2017

É profesora honoraria da Facultade de Filoloxía e Tradución dende 2008

Visita o campus Christiane Nord, máxima representante do funcionalismo tradutolóxico alemán

A súa intervención encheu de estudantes e docentes o salón de actos do centro


ImageConta con máis de 230 publicacións e case 20 monografías sobre teoría, metodoloxía e didáctica da tradución, moitas delas traducidas ao árabe, castelán, chinés, coreano, francés, inglés… o que da fe da súa importancia a nivel mundial. Esta semana visitou o campus a catedrática Christiane Nord, considerada a máxima representante do Funcionalismo tradutolóxico alemán, para impartir dúas conferencias na Facultade de Filoloxía e Tradución. “Este tipo de visitas non son habituais e para nós é toda unha honra que poidades escoitar de viva voz as explicacións dun personaxe da súa talla”, explicou o decano, Luis Alonso Bacigalupe.
Martes, 19 de setembro do 2017

A iniciativa de Estou conta con 25 prazas dispoñibles

Convócase unha nova edición do curso de monitores de tempo libre

A formación levarase a cabo durante as fins de semana


ImageA Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense (Estou), ao abeiro da Asociación da Universitaria de Ciencias da Educación Auce vén de convocar unha nova edición do seu Curso de monitores e monitoras de tempo libre. 25 persoas terán a oportunidade de, durante as fins de semana de outubro, novembro e decembro, aprender a dinamizar todo tipo de colectivos, desde menores ata maiores. A formación ofrécese nesta edición na súa modalidade intensiva coa intención de facilitar ás persoas interesadas a posibilidade de compatibilizar traballo e/ou estudos coa realización desta actividade.
Luns, 18 de setembro do 2017

Para persoas estranxeiras organízase un curso de extensión cultural de carácter presencial

A Área de Normalización Lingüística aposta pola docencia en liña para o primeiro cuadrimestre

A matrícula está aberta ata este venres 22 de setembro


ImagePara favorecer a participación e axudar a que a comunidade universitaria perfeccione e actualice os seus coñecementos en lingua galega, a Área de Normalización Lingüística aposta pola formación virtual para o primeiro cuadrimestre do curso 2017-2018. En total ofértanse seis cursos, cinco deles en modalidade virtual e un máis presencial destinado a estudantes estranxeiros de intercambio, para que coñezan a cultura, a lingua e a historia de Galicia. Os cursos virtuais comprenden tanto contidos específicos do eido da investigación ou da administración como outros de reciclaxe e actualización de coñecementos.
Venres, 15 de setembro do 2017

Coas actividades que o vindeiro mércores se desenvolven en CC da Educación e do Deporte e BBAA

Unha xornada para falar de arte e deporte con perspectiva de xénero

Trátase de dúas actividades patrocinadas pola Unidade de Igualdade da Universidade


ImageReflexionar sobre o papel da muller na creación contemporánea, analizar como as e os artistas afondan na idea de xénero ou debater sobre os estereotipos vinculados a deportes como a ximnasia rítmica. Estes son tres dos obxectivos que conflúen nas dúas xornadas que, co patrocinio da Unidade de Igualdade, se desenvolven o vindeiro mércores no campus. Neste día, Ciencias da Educación e do Deporte acolle Expresión artística e xénero, integrada por cinco conferencias centradas nos deportes artísticos e na plástica contemporánea, mentres que en Belas Artes terá lugar o coloquio Entre a escena e a arte de acción..
Resultados 7 - 12 de 2743

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós