DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Mércores, 28 de xuño do 2017

O investigador da facultade Eduardo Outeiro inaugura este xoves a exposición ‘Magnífico’

San Xoán e os solsticios danzan na Sala X

Partindo das figuras de Xoán Bautista e Xesús, o artista articula a mostra como un “baile solar”


ImageNo evanxeo de Lucas relátase que cando a virxe María, embarazada de Xesús, visitou a Isabel, embarazada á súa vez de Xoán Bautista, este deu un salto no ventre de súa nai. “De pequeno, sempre imaxinaba ese salto como un baile”, relata o artista e investigador Eduardo Outeiro do episodio que serve como punto de partida para Magnífico, a exposición que este xoves inaugura na Sala X. “O feito de que o solsticio de verán se dedique a San Xoán e o de inverno a Xesús delata que eran figuras moi paralelas”, apunta da idea sobre a que articula un “pequeno baile arredor do sol”, a partires da interacción entre dúas figuras opostas no calendario solar.
Luns, 26 de xuño do 2017

Un curso de extensión achega ao alumnado ao uso didáctico de xoguetes interactivos e do encerado dixital

Maquetas interactivas que aglutinan outro xeito de ensinar ciencias

29 estudantes participan na cuarta edición deste curso de verán da Vicerreitoría do campus


ImageA construción dunha maqueta permite achegar a nenos e nenas unha información visual respecto de determinados coñecementos que están a adquirir na aula, o que a converteu nunha clásica ferramenta no ensino. Mais tamén pode servir como o elemento que aglutine diferentes materiais didácticos de carácter dixital, como demostran as maquetas de portos, praias ou cidades nas que nestas semanas traballan as 29 alumnas e alumnos do curso de extensión universitaria Como ensinar ciencias con xoguetes interactivos, recursos en liña e encerado dixital e nas que integran o uso de robots educativos ou códigos QR cos que acceder a actividades dixitais.
Luns, 26 de xuño do 2017

Enmárcase nas actividades do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova

O Val Miñor, escenario natural para a rodaxe dunha 'road movie' do alumnado de Comunicación Audiovisual

Gravarán a curta ao longo da semana en Tomiño, Oia, Nigrán e Baiona


ImageAs estradas, os areais, os montes e as paisaxes naturais dos concellos de Tomiño, Oia, Nigrán e Baiona son ao longo desta semana o escenario para a rodaxe dunha curtametraxe dun grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra. Dende onte domingo e ata o venres doce alumnos e alumnas xunto con catro actores e estudantes da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática) percorren as praias de Baiona, a serra da Groba ou San Xiao para rodar as imaxes dunha curtametraxe de 18 minutos titulada Van.
Luns, 26 de xuño do 2017

A cita, organizada polo Gieea, arrancará este venres na Casa do Pobo de Beluso (Bueu)

Últimos días para matricularse no curso sobre dinamización local a partir do monte

Contarase coa participación de múltiples experiencias de éxito: porco celta, biomasa, abonos, mel...


ImageLocalizar onde hai éxito na xestión local dos recursos do monte e buscar potenciais persoas interesadas en replicar estas iniciativas, para despois, crear unha rede de emprendedores que intercambien as súas experiencias para melloralas en común. Este é o gran obxectivo do curso Avanzando na dinamización local con recursos propios: o monte, a última iniciativa posta en marcha polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (Gieea) da Universidade en colaboración co Concello de Bueu. A cita arrancará este venres na Casa do Pobo de Beluso e as persoas interesadas en matricularse teñen de prazo para facelo ata mañá martes.
Venres, 23 de xuño do 2017

Este venres inaugurouse unha mostra da creadora lusa Mónica Oliveira

A Sala Alterarte despide o curso con 'Encruzilhadas'

A exposición está curada polo profesor da Universidade de Vigo Javier Blanco


ImageDeste este venres 23 de xuño e ata o 1 de setembro, os muros da sala de arte contemporánea do campus de Ourense, a Sala Alterarte, acollen a exposición Encruzilhadas. Nela, a creadora e docente lusa Mónica Oliveira amosa ao visitante 17 obras con formas de sobres e gaiolas coas que quere abordar as cuestións da comunicación na sociedade actual e a busca dun espazo nela por parte dos individuos. Coa apertura desta mostra, Alterarte pecha a súa programación do curso 2016/2017 e comeza a recta final da terceira edición do seu proxecto expositivo Estado Crítico, que reúne a unha decena de artistas escollidos por outros tantos curadores e curadoras docentes da Universidade.
Xoves, 22 de xuño do 2017

O profesor Juan Picos é un do expertos seleccionados nunha iniciativa impulsada por EIP-Agri

A EE Forestal, representada nun grupo de traballo da UE sobre os efectos do cambio climático neste sector

O seu obxectivo é definir un documento cunha serie de claves en materia de adaptación e mitigación


ImageAnalizar os efectos que o cambio climático pode ter nos ecosistemas forestais e os posibles xeitos de combatelos, así como estudar as vías nas que este sector pode contribuír á loita contra o quentamento global son os dous eixos centrais do debate que un grupo de 20 expertos e expertas de 13 países manterán ao longo dun ano tras seren seleccionados pola Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea co propósito de definir un documento que poida servir como guía en futuras políticas e actuacións. Un grupo de traballo que esta semana celebra a súa primeira reunión en Eslovenia e do que forma parte o investigador da EE Forestal Juan Picos.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 2000

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós