DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Xoves, 27 de setembro do 2007

I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares “Fronteiras 07”

Segunda parada: a Casa das Campás


ImageTralas residencias artísticas celebradas na Illa de San Simón e a vila portuguesa de Nodar, o I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares, Fronteiras 07 trasládase agora á sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra para continuar co seu programa de actividades.
O fío condutor do encontro é o tema transfronteirizo, analizado dende perspectivas tan variadas como a social, sentimental ou política, pero tamén destaca o concepto de diversidade, xa que no evento participan artistas de múltiples nacionalidades.

Xoves, 27 de setembro do 2007

Na Casa das Artes

Inaugúrase a exposición “Afinidades Selectivas”


O intercambio de “afinidades” entre profesores, alumnos e ex alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, é a base do proxecto expositivo “Afinidades Selectivas” que ata o 4 de novembro pode visitarse na Casa Galega da Cultura.

Mércores, 26 de setembro do 2007

Ciclo Cultura Conciencia

Anxo Carracedo aborda os segredos da Medicina Legal na Casa das Campás


ImageO catedrático da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Anxo Carracedo, exporá na Casa das Campás os últimos avances en materia de Xenética. As posibilidades que ofrece o ADN na identificación de cadáveres serán o eixe deste relatorio enmarcado no cilo Cultura Conciencia.
Mércores, 26 de setembro do 2007

Despois do éxito de participación do pasado curso

O programa Ensaiamos continúa ofrecendo aos grupos musicais un local para tocar

O prazo de entrega de solicitudes está aberto ata o 11 de outubro

ImageDespois do éxito de participación do pasado curso, o programa Ensaiamos volve no comezo do curso co obxectivo de ofrecer un espazo gratuíto e común aos grupos musicais. Dende este mércores e ata o vindeiro 11 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición para que todas aquelas bandas interesadas presenten as súas solicitudes.

Martes, 25 de setembro do 2007

Xaime Fandiño dirixe un documental sobre Cristina Pato

O perfil máis descoñecido da gaiteira ourensá


ImageA cidade de Nova York converteuse, o pasado mes de abril, en plató de excepción para a rodaxe de “Cristina Pato. Talento galego no Greenwich Village”. Un documental que, dirixido polo profesor de Comunicación Audiovisual, Xaime Fandiño, foi estreado hai uns días no espazo Galicia Documental da TVG. “A idea deste traballo era ofrecer unha visión inédita da artista”, sinala o director, quen apunta que “Cristina deuse a coñecer como gaiteira pero o que case non se sabe é que ten detrás unha traxectoria como pianista moi importante".
Martes, 25 de setembro do 2007

Na Sala Alterarte

A ironía e a improvisación do colectivo FRICS inauguraron a nova tempada


ImageA Sala Alterarte comezou esta tempada vestida de verbena e de estreo, o do novo comisario, Ignacio García. A inauguración correu a cargo dos protagonistas da primeira exposición, o grupo musical portugués denominado a Fanfarra Recreativa e Improvisada Colher de Sopa. Ataviados con camisas floreadas e diversos instrumentos comezaron a tocar na sala para logo continuar nas rúas da zona vella de Ourense, unha iniciativa inédita que cumpre co obxectivo de abrir as portas da sala de exposicións á cidade.
<< Inicio < Ant. 331 332 333 334 335 336 337 Seg. > Remate >>
Resultados 2017 - 2022 de 2022

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós