DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Martes, 24 de xaneiro do 2017

Entre as novidades que se ofertan están cursos de programación e de deportes electrónicos

Con oco na axenda para facer un obradoiro este cuadrimestre?

Cada proposta ten unha duración de 30 horas e un custe de 26 ou 40 euros, segundo o tipo de público


ImageCociña saudable, interpretación do patrimonio, comunicación con perspectiva de xénero, deportes electrónicos, programación, observación astronómica, gaita, baile tradicional, teatro e danza. Estes son, en liñas xerais, as temáticas dos obradoiros e aulas que este cuadrimestre se ofertarán no campus de Ourense e aos que se poden apuntar tanto membros da comunidade universitarias como cidadáns alleos a ela interesados. O prazo de matrícula nos obradoiros, todos eles con 30 horas de duración, está aberto do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro, sendo as taxas de 40 euros para o público en xeral e 26 euros para os membros da comunidade universitaria.
Venres, 20 de xaneiro do 2017

O seu obxectivo é fomentar o uso das redes sociais en galego

Ourense acollerá catro obradoiros formativos de Youtubeir@s

Poden inscribirse persoas maiores de 14 anos


ImageA principios de decembro botou a andar a iniciativa Youtubeir@s, concurso de vídeos na rede, impulsada polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e dos concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove. No marco deste proxecto, este venres presentáronse en Ourense as actividades formativas que se levarán a cabo na cidade das Burgas co obxectivo de facilitar e fomentar a participación neste certame.
Xoves, 19 de xaneiro do 2017

A Comisión PEA-Unesco colaborou na campaña 'Abriga o teu corazón', da ONG Families4peace

O campus enviará 50 caixas de roupa de abrigo aos campos de refuxiados de Grecia

En dous días recolléronse os quilos máximos de material para mandar a través da Fundación Seur o 25 de xaneiro


ImageA Comisión PEA-Unesco da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte colaborou esta semana coa ONG Families4peace na campaña 'Abriga o teu corazón', coa que se buscaba recoller roupa de abrigo de calquera talla e mantas para enviar aos campos de refuxiados de Lesbos, Idomeni e Tesalonica, ademais de aos de Malta, Xordania e Siria. "Trátase dunha organización formada por educadores e xente comprometida que está no terreo", explica o profesor Jorge Soto, organizador da campaña. A pesar de que se tiña previsto mantela activa ata o vindeiro 24 de xaneiro, o éxito acadado obrigou á organización a pechar o prazo de recepción de material en apenas dous días.
Martes, 17 de xaneiro do 2017

A Biblioteca Universitaria organiza a actividade que será impartida a través de Faitic

Consolídase o curso ‘Máis alá de google’ co lanzamento dunha décimo quinta edición

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 5 de febreiro


ImageÁ hora de enfrontarse a un traballo académico é necesario ter claro onde e como buscar información, máis cando vivimos nun momento con sobreabundancia de material informativo. Por este motivo, dende a Biblioteca Universitaria levan organizando dende o 2012 o curso virtual Máis alá de google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico, que acada xa a súa décimo quinta edición. Como ven sendo habitual, o persoal da biblioteca será o encargado de realizar as tarefas de docencia a través da plataforma Faitic. A actividade, que xa se realizou no primeiro cuadrimestre, desenvolverase entre o 13 de febreiro e o 17 de marzo.
Martes, 17 de xaneiro do 2017

A cita será os días 24, 26 e 31 de xaneiro, ás 19.30 h, no Liceo de Ourense

Elisa Vázquez de Gey, Pedro Feijoo e Manuel Núñez Singala protagonizan unha nova edición dos Encontros Literarios

Os relatores falarán das súas traxectorias e do proceso creativo


ImageOs días 24, 26 e 31 de xaneiro o salón nobre do Liceo de Ourense acollerá a celebración dunha nova edición, a XXVI, dos Encontros Literarios. Baixo o título A obra e a creación literaria, a cita contará coas conferencias dos escritores e escritoras Elisa Vázquez de Gey, Pedro Feijoo e Manuel Núñez Singala. Durante as súas intervencións, os relatores falarán do máis destacado das súas traxectorias no mundo da escrita, das súas obras e do proceso de creación literaria. Abertos a todas as persoas interesadas, os XXVI Encontros Literarios están organizados pola Sección de Literatura do Liceo e a Vicerreitoría co Campus de Ourense.
Luns, 16 de xaneiro do 2017

12 películas e dous relatorios integran o Ciclo de Cinema de Primavera 2017, que comeza o venres

Cinema arredor de si

‘O crepúsculo dos deuses’, ‘Impacto’ ou ‘A noite americana’ proxectaranse na Casa das Campas


Image Como calquera manifestación artística, o cinema tamén posúe a calidade de cuestionarse a si mesmo e afondar no seu universo, ben, profundando no cine como temática ou contexto para o desenvolvemento argumental ou dramático, ben, destacando a súa natureza artificial e centrando a súa atención nos significantes fílmicos (son e imaxe), ben, focalizando a súa atención nos procesos de preprodución, produción ou posprodución e incluso referíndose e reflexionando sobre a propia condición espectactorial. O ciclo Arredor de si, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do campus, comezará o venres 20 de xaneiro coa proxección de A muller do tenente francés.
Resultados 49 - 54 de 1935

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós