DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Luns, 17 de abril do 2017

Coa inauguración da exposición ‘Onde pisas?’, que amosa a evolución vivida pola Xunqueira do Lérez

A Semana da Creatividade e da Innovación arrinca ollando cara o pasado

A mostra que percorrerá as diferentes facultades e escolas reúne fotografías desde 1920 á actualidade


ImagePoñer de relevo o valor ambiental do espazo que pisa cada día a comunidade universitaria nas diferentes facultades e escolas que se atopan asentadas no campus da Xunqueira é o propósito central de Onde pisas?, unha exposición que propón un percorrido visual pola evolución vivida por este espazo ao longo do pasado século. Catro paneis con fotografías aéreas que mostran os cambios producidos na Xunqueira do Lérez entre 1920 e a actualidade integran unha mostra itinerante que se insire dentro das actividades do proxecto Green Campus e que serviu este luns para poñer o arranque á conmemoración da Semana da Creatividade e da Innovación.
Luns, 17 de abril do 2017

O campus acolle un obradoiro para comprender e coñecer a lingua e cultura da comunidade xorda

Punto de encontro entre lingua oral e vistoxestual

Esta é a segunda edición que se organiza despois do éxito acadado na primeira


Image Unha persoa que usa a lingua oral apréndea dende pequeno e pode relacionarse axiña, xa que as persoas que viven ao seu carón comparten o mesmo idioma. Isto non sucede coas persoas que padecen unha discapacidade auditiva, dado que falan unha lingua minoritaria e para facer un trámite administrativo, ir ao médico ou mesmo tomar un café, dependen de que as persoas que os atendan coñezan a lingua de signos. Para facilitar ese entendemento, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria puxo en marcha un obradoiro co fin de achegarlle a lingua e cultura da comunidade xorda á sociedade.
Venres, 07 de abril do 2017

O luns ábrese a inscrición para as seis actividades que a Vicerreitoría promove entre xuño e setembro

A educación na sociedade dixital, o apego e a danza súmanse aos cursos de verán do campus

Cerámica e ensino con xoguetes interactivos completan un programa aberto á cidadanía


ImageOs retos que para supón para o ensino a sociedade dixital, a importancia do apego e a resiliencia na saúde física e psicolóxica e un achegamento á danza histórica e ao método Laban constitúen as principais novidades da oferta formativa, aberta a toda a cidadanía, que a Vicerreitoría do campus impulsa para este verán. Entre xuño e setembro, o campus acollerá seis cursos de Extensión Universitaria, entre os que tamén figuran novas edicións dos talleres centrados no ensino de ciencias con xoguetes interactivos e de introdución as técnicas cerámicas, ao que se suma á súa vez un segundo curso centrado no traballo con moldes cerámicos.
Xoves, 06 de abril do 2017

A Mostra Internacional de Teatro Universitario continuará o 24 de abril

'A última cornixa do mundo' sube o pano da XIX Miteu

Aula do campus de Ourense, Maricastaña, representou unha adaptación da novela ‘Océano mar’


ImageOs alumnos e alumnas da aula de teatro do campus de Ourense foron os encargados este mércores de subir o pano da décimo novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, coa representación de A última cornixa do mundo. Trátase dunha obra a partir da novela Océano mar de Alessandro Baricco e dirixida por Fernando Dacosta. Narra a historia da pousada Almayer, un lugar mítico pendurado da última cornixa do mundo, un lugar onde o tempo se transforma e transforma aos seus hóspedes.
Xoves, 06 de abril do 2017

Ábrese a XV convocatoria dos concursos de creación audiovisual, pintura, fotografía e música

Unha nova aposta pola creatividade

A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais repartirá 7800 euros en premios


ImageA creatividade na Universidade continúa medrando, tal e como o demostran a cantidade de obras que se veñen presentando aos concursos de creación artística convocados pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais dende hai xa quince anos. Os concursos, que están dirixidos a toda a comunidade universitaria, abren convocatoria un ano máis e repartirán entre os participantes 7800 euros. O obxectivo é dar pulo á creatividade que hai nos campus ao facer visibles as distintas propostas artísticas de estudantado e persoal universitario.
Mércores, 05 de abril do 2017

Coa participación dos regueifeiros Lupe Blanco, Josinho da Teixeira e Kike Estévez

Filoloxía e Tradución vive a súa particular festa da regueifa

O centro busca revitalizar con múltiples actividades a improvisación oral en verso en lingua galega


Image“Empezou neste momento, aquí neste torreiro e benvidos todo o mundo, aquí están os regueifeiros”. Con estes versos e a ritmo de copla arrancou esta mañá a particular festa regueifeira da Facultade de Filoloxía e Tradución, unha actividade que segue a estela dos obradoiros de improvisación oral organizados o pasado mes de novembro pola Área de Normalización Lingüística e a Comisión de Normalización do centro co obxectivo de darlle pulo á improvisación oral en verso en lingua galega “unha parte importante do noso patrimonio cultural e lingüístico que cómpre preservar e cultivar”.
Resultados 55 - 60 de 1999

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós