DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Cultura
Mércores, 15 de marzo do 2017

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, imparte este mércores unha conferencia na Casa das Campás

Cando a literatura galega vivía aos pés da lareira

O seu relatorio céntrase nas cantigas populares de tradición oral e nas múltiples temáticas que abordan


ImageDurante os séculos XV, XVI ou XVII nos que “practicamente non se escribía en galego”, aquilo que se contaba e que se cantaba nas casas arredor das lareiras constituía “o alimento literario” do idioma, “a única literatura galega que había”, como sostén o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Afondar na importancia e na beleza do cancioneiro popular galego, daquelas pezas xurdidas do imaxinario popular que se ían transmitindo de xeración en xeración é o propósito da conferencia que o catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela imparte esta tarde na Casa das Campás.
Mércores, 15 de marzo do 2017

O 20 de marzo proxectarase o documental coa presenza de Pedro Pablo Alonso e Santiago Formoso

'Alén do Cosmos' e os seus protagonistas farán parada no campus

O audiovisual conta a historia dun emigrante galego que rematou xogando no equipo de fútbol de Nova York


ImageAlén do Cosmos “é un documental sobre o periplo vital de Santiago Formoso, un galego que a finais dos 60 emigrou a Nova York, onde empezou a estudar grazas a unha bolsa deportiva universitaria e acabou gañando a vida como futbolista no lexendario New York Cosmos, xunto a estrelas como Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff”. Con estas palabras preséntase o documental sobre “un galego-americano máis dos moitos que viven en Queens ou Newark” pero que ten detrás de si “unha interesante experiencia que contar sobre o deporte, o negocio e a vida concibida como espectáculo”. O audiovisual e o seus protagonistas farán parada o 20 de marzo no campus.
Venres, 10 de marzo do 2017

O campus acolle a celebración dunha nova edición do obradoiro sobre este instrumento

Os xoves toca gaita

A formación introduce aos participantes na música tradicional galega


ImageA programación de obradoiros que ofrece neste segundo cuadrimestre a Vicerreitoría do Campus de Ourense está nestas datas en pleno desenvolvemento. Entre as propostas que saíron a diante nesta edición está o Obradoiro de Gaita Galega, que por cuarto curso consecutivo volve a facer que resoe a música tradicional nas instalacións universitarias. Cada xoves, de 19.00 a 22.00 horas, unha ducia de persoas de perfís e inquedanzas moi diversas danse cita no Pavillón de Asociacións para, en moitos casos sen coñecementos previos, comezar a familiarizarse cos instrumentos máis significados da música galega.
Xoves, 09 de marzo do 2017

A falta de apoio provoca que o festival de artes escénicas inicie mañá a súa derradeira edición

O ALT ergue o pano por última vez “por cansazo institucional”

A Unidade de Igualdade da Universidade volve a colaborar na sección ALT Procrea en Feminino


Image“Non nos imos por cansazo físico, ímonos por cansazo institucional”, recoñece Lola Correa, directora do ALT, Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo. Facía estas declaracións hoxe xoves na presentación da que será a derradeira edición desta cita co teatro tras 16 anos de traballo para valorizar e dar visibilidade á creación dramática de vangarda. A falta de apoio institucional e de financiamento provoca que finalmente este festival desapareza e, antes de facelo, Noescafé Teatro, entidade organizadora, aposta por unha última edición en formato reducido que reivindica “unha morte digna para o ALT”.
Mércores, 08 de marzo do 2017

Quico Cadaval e Celso Sanmartín actuaron este martes no campus

Unha de contos para celebrar a lusofonía

No marco da programación da sétima edición de Portugués Perto


ImageEsta semana o campus de Ourense celebra a riqueza da lingua e da cultura lusófonas desenvolvendo diferentes actividades no marco da sétima edición de Portugués Perto. Despois da realización o luns do Obradoiro OPS! O galego como oportunidade competitiva e privilexiada, este martes comezou a programación lúdica cunha actuación de Quico Cadaval e Celso Sanmartín. Entre historias de tabernas, mariñeiros e contrabandistas da raia, os actores sacaron entre o humor e a ironía o sorriso dos numerosos espectadores que se achegaron a escoitalos á Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro.
Martes, 07 de marzo do 2017

Ciencias da Educación e do Deporte acolle un obradoiro baseado na aplicación desta teoría no ensino

Un taller achega o alumnado ao uso didáctico das intelixencias múltiples

16 estudantes participan nun curso que forma parte do programa de actividades da Vicerreitoría


ImageA concepción da intelixencia como unha rede de capacidades, interrelacionadas pero autónomas, e non como un conxunto unitario é a base da teoría das intelixencias múltiples, formulada polo profesor de Harvard Howard Gardner. “Esta nova concepción da mente implica un cambio na maneira de entender que é ser intelixente”, salienta ao respecto a profesora de educación infantil e primaria Noelia Gómez, responsable do obradoiro que achega a un grupo de 16 persoas á aplicación nas aulas desta teoría, a través dunha serie de propostas prácticas que levan ás e aos asistentes a deseñar as súas propias actividades para traballar as diferentes intelixencias.
Resultados 7 - 12 de 1932

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós