DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Martes, 01 de agosto do 2017

O xadrecista do Universidade de Vigo-EXP logrou a súa terceira norma vencendo no Open de Andorra

Manuel Pena, a un paso de converterse en Gran Mestre Internacional

Sete vitorias consecutivas fraguaron o seu triunfo no torneo do Principado


ImageSumar dez puntos no ránking internacional é o único paso que separa ao xadrecista do Universidade de Vigo–Escola Xadrez Pontevedra Manuel Pena de converterse no terceiro Gran Mestre Internacional na historia do deporte galego. Pena acaba de proclamarse campión da XXXV edición do prestixioso Open Internacional de Andorra, o que lle outorga a súa terceira e definitiva norma para acadar a maior titulación deportiva do xadrez, que só outros dous xogadores acadaron en toda a historia do deporte galego e 43 no conxunto de España. Para oficializar esta distinción, deberá alcanzar os 2500 puntos de ránking internacional.
Xoves, 20 de xullo do 2017

Catro estudantes do campus de Pontevedra obtiveron cadanseu ouro en atletismo e loita

Balance positivo dos campionatos de España universitarios 2017, con 15 medallas para Vigo

Oito pratas e tres bronces completan o medalleiro da institución neste curso


ImageO deporte de elite e os estudos universitarios poden resultar difícil de combinar, xa que, como explica Adrián Pérez, atleta e medallista no Campionato de España Universitario de atletismo, “non podes adestrar todo o que quererías, nin estudar todo o que che gustaría, tes que ir xogando un pouco”. Porén, sempre hai deportistas que conseguen espremer ao máximo o seu tempo e así manter o alto rendemento nestas dúas facetas da súa vida. Un exemplo disto son as e os estudantes da Universidade de Vigo que conseguiron unha medalla nos campionatos de España universitarios, entre os que destacan os catro ouros conseguidos na tempada 2016/2017 por Pablo García, Leticia Fernández, Noelia Lalín e Adrián Pérez. Ademais, as categorías por equipos tamén lograron boas clasificacións, como son unha prata en loita feminina e un bronce en taekwondo.
Luns, 17 de xullo do 2017

Os estudantes e atletas Leticia Fernández e Adrián Pérez son campións de España universitarios

Cando a carreira é dobre

No campus de Pontevedra fórmase tamén Alfonso Palomanes, campión estatal de triplo salto en 2016


ImageCun mínimo de tres horas diarias dedicadas a adestrar, que en determinados momentos da tempada poden derivar en sesións dobles diarias, compaxinar os estudos co deporte implica altas doses de esforzo para estudantes como Leticia Fernández e Adrián Pérez Souto, que o pasado mes de maio lograban en Cartagena as súas primeiras medallas de ouro nos Campionatos de España Universitarios de Atlestimo. Metais que ademais de novos folgos para continuar nesta dobre carreira, deportiva e académica, tamén lles dan novos folgos na súa busca dun metal nun campionato de España absoluto, como o ouro que en 2016 acadaba no mesmo outro estudante do campus pontevedrés, José Alfonso Palomanes, que co bronce obtido en Cartagena convertíase no segundo estudante da Universidade de Vigo con maior número de medallas nos torneos universitarios.
Luns, 10 de xullo do 2017

80 xogadores, 79 deles internacionais, participaron na competición

Sergey A. Fedorchuk gañou un disputado IV Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense

O certame celebrouse do 1 ao 7 de xullo na biblioteca universitaria


ImageDespois dunha dura semana de competición, o venres 7 de xullo rematou o IV Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense coa entrega de premios aos gañadores. Finalmente Sergey A. Fedorchuk, gran mestre ucraíno cun Elo maior de 2600 que ten estado entre os cen mellores xogadores do mundo, acadou o primeiro posto. Despois de liderar case toda a competición, o xogador fíxose cun torneo que este ano destacou pola calidade dos seus participantes, xa que 79 dos 80 xogadores eran internacionais e 26 deles mestres. “Foi un torneo moi bo, dun gran nivel de xogo”, destacou Lino Hermida, director da cita e da Asociación de Xadrez Ourensán Universitaria.
Luns, 03 de xullo do 2017

Ata o venres 60 xogadores e xogadoras participan nesta competición no campus

Fedorchuk, Lariño e Sousa lideran un disputado IV Torneo Internacional de Xadrez

En total entregaranse 6480 euros en premios nas diferentes categorías


ImageXa na súa presentación se anunciaba que este IV Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense ía estar moi disputado e así está ocorrendo nos primeiros días de competición. Este sábado arrancou o certame e na súa terceira xornada están empatados a tres vitorias de tres partidos disputados os xogadores Sergey A. Fedorchuk, gran mestre cun Elo maior de 2600 que ten estado entre os cen mellores xogadores do mundo; David Lariño, galego campión de España en diferentes categorías, e o portugués Andre Ventura Sousa. Arian González, mestre internacional gañador da última edición do torneo, non está de momento nestes postos de cabeza ao sufrir unha derrota.
Venres, 30 de xuño do 2017

A investigadora Laura Ruiz expuxo nel varios estudos sobre os hábitos do alumnado ourensán

O Campus ConVida, no VIII Congreso Iberoamericano de Universidades Promotoras da Saúde

Os traballos afondan en alimentación, deporte, adicións e sexualidade


ImageEsta semana a Universidade de Alacante acolleu do 27 ao 29 de xuño a celebración do VIII Congreso Iberoamericano de Universidades Promotoras da Saúde. Entre os proxectos presentados nel estivo o da Universidade de Vigo Campus da Auga ConVida, destinado a fomentar os hábitos de vida saudables no eido físico, psíquico e social entre a comunidade universitaria. A investigadora Laura Ruiz presentou nesta cita dúas comunicacións sobre a actividade física, os hábitos alimentarios e os comportamentos aditivos e sexuais do alumnado do campus de Ourense elaborados con datos recollidos nos postos dos Martes ConVida, que ao longo de cada curso percorrer os tres campus.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 1404

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós