DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Martes, 08 de xaneiro do 2008

Os participantes terán tres visións diferentes do Sil

A Ribeira Sacra será o escenario do primeiro roteiro cultural do ano


Image Trala anterior etapa entre as rías de Vigo e Pontevedra, os roteiros volven á provincia de Ourense este sábado día 12, concretamente á Ribeira Sacra. A rota comezará en San Pedro de Rocas, a onde os participantes chegarán en autobús, e rematará coa visita cultural ao Mosteiro de Santa Cristina. Ao longo dos 20 quilómetros dos que consta o percorrido atravesaranse os pobos de Arcos, a zona da Virxe do Monte, Cachaldora, Vilouche e Castro, dende onde se descenderá ata Santa Cristina.
Martes, 08 de xaneiro do 2008

O Universidade de Vigo Rugby Club achega o rugby aos máis novos

Durante os meses de xaneiro e febreiro


ImageO Universidade de Vigo Rugby Club achegará,durante os meses de xaneiro e febreiro, a todos os mozos e mozas de ata dezaoito anos o programa Rugby no teu barrio. Esta iniciativa estrearase o próximo sábado 12 no pavillón do Berbés ás 12 horas, e continuará en Bembrive e no pavillón das Travesas os días 20 e 27 de xaneiro respectivamente. Durante o mes de febreiro realizaranse tres sesión máis, aínda que estan por confirmar as datas e lugares.
Martes, 18 de decembro do 2007

Dentro dos actos paralelos ao Campionato de Seleccións Autonómicas

A formación do xogador será a temática das "Xornadas Internacionais do Balonmán"

Do 3 ao 5 de xaneiro no Recinto Ferial de Vigo (Ifevi)


Image Enmarcadas dentro dos actos paralelos ao Campionato de Seleccións Autonómicas nas categorías infantil e cadete, do 3 ao 5 de xaneiro celebraranse en Vigo as Xornadas Internacionais do Balonmán que nesta ocasión versarán en torno á temática A formación do xogador/a como obxectivo. Organizadas pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, conxuntamente coa Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña, o Consello Superior de Deportes e a Dirección Xeral para o Deporte, estas xornadas contribúen á formación dos técnicos de base, tendo como finalidade a mellora do proceso de ensinanza -aprendizaxe do xogador.
Martes, 18 de decembro do 2007

O Servizo de Deportes ofrece aos seus usuarios múltiples opcións para pórse en forma

Por 60€ trimestrais pode accederse a varios programas e servizos


Image Mellorar a calidade de vida con exercicios de mantemento dunha condición física saudable que permitan controlar o peso corporal, tonificar os músculos e mellorar a imaxe en xeral é posible grazas aos programas da Área de Deporte e Saúde, que xa conta cunha importante experiencia trala súa posta en funcionamento en maio do 2005. O obxectivo dos proxectos En Boa Forma, dedicado ao exercicio na sala de cardio-fitness e A Correr, centrado na carreira a pé, é “motivar aos membros da comunidade universitaria a incorporar a práctica deportiva como hábito do seu estilo de vida”, segundo Javier Rial, responsable do Servizo de Deportes.
Luns, 17 de decembro do 2007

O Campus masculino encaixa outra derrota e o feminino volve gañar


Image O Campus masculino encaixou a décimo primeira derrota da tempada por 64-76 ante o Gauzón Ibérica nun partido que seguiu a tónica xeral dos últimos encontros. Segundo o seu adestrador, Xulio González, “comezamos gañando e xogando máis ou menos ben ata o descanso pero no terceiro cuarto os rivais puxéronse por diante. Ao final, un desastre”. Pola contra, o equipo feminino gañou en Baiona ante o Mario Puentes por 38-50. As do Campus foron moi superiores ás rivais e o resultado non fai xustiza ao partido.
Xoves, 13 de decembro do 2007

Natación, tenis e aerobic as máis demandadas

Case 500 participantes nas actividades das Escolas Deportivas no primeiro cuadrimestre


Image Cun programa de corenta actividades diferentes, as Escolas Deportivas do Campus de Vigo, deron a posibilidade a case 500 membros da comunidade universitaria de facer exercicio durante o primeiro cuadrimestre. Entre as actividades máis solicitadas atópanse a natación, tenis e aeróbic, deportes que teñen unha ampla aceptación, e que concentraron ao 30% dos participantes. Outros como o spinning, o ioga e as danzas orientais gañan, cada vez, máis seguidores que, abandonando os clásicos e prefiren probar novas formas de exercitarse.
Resultados 1345 - 1350 de 1394

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós