DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Venres, 19 de outubro do 2007

O Universidade de Vigo de Rugby busca na casa a súa primeira vitoria

Enfróntase o domingo ao Hernani

Mércores, 17 de outubro do 2007

A termas ourensás abren a programación dos Roteiros Culturais

Ao longo do curso están programados 11 itinerarios


Image Patrimonio e natureza únense ano tras ano na programación dos Roteiros Culturais, organizados polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. Estas rutas a pé polos paraxes máis representativos de Galicia permiten que se colla da man o contorno natural coa cultura e a historia. O primeiro dos itinerarios terá lugar este sábado 20 de outubro cun percorrido pola Rota das Termas. Con saída en Ourense percorrerase o Castro de Santomé, a Chavasqueira, as Termas de Outariz e volta a Ourense.
Luns, 15 de outubro do 2007

O Universidade de Rugby comeza a tempada con derrota

Esta semana bota a andar tamén un curso de iniciación a este deporte

Image O Universidade de Vigo de Rugby desputou esta fin de semana o seu primeiro partido da liga 2007-2008 na División de Honra B. Fronte ao Durango e en campo contrario o equipo adestrado por Aníbal Babini perdeu por 26-10. A vindeira semana xogarán o seu primeiro encontro na casa contra o Hernani. Tamen neste días botará a andar un curso de iniciación a este deporte co obxectivo de difundilo entre os universitarios e crear un canteira para o club.
Mércores, 10 de outubro do 2007

Inicio da liga de rugby

O Universidade de Vigo comeza a tempada co propósito de consolidarse na categoría


Image Seis fichaxes, dous deles internacionais, e un novo adestrador. Estas son as apostas do Universidade de Rugby para a tempada que comeza este sábado e na que o seu obxectivo será consolidarse na división de honra B. Despois do abandono de Trotski, o técnico que adestrou ao equipo nos últimos oito anos, chega a Vigo o arxentino Aníbal Babini para continuar cos bos resultados dos últimos anos.
Dun modo paralelo o equipo pretende asentar as escolas deportivas nas que participan estudantes universitarios, fomentando esta disciplina e creando canteira para os vindeiros anos. Ao curso de iniciación que se viña desenvolvendo dende o curso pasado súmase un ciclo de perfeccionamento, ao tempo que continuará a campaña dirixida a escolas.
Luns, 08 de outubro do 2007

As Escolas Deportivas presentan unha oferta ampla e vangardista

O período de inscrición está aberto ata o vindeiro 19 de outubro


Image Un ano máis o Servizo de Deportes presenta o programa de Escolas Deportivas para este curso 2007-2008. Cunha ampla oferta de modalidades deportivas nos tres campus esta iniciativa reúne cada ano a máis de 2000 usuarios da comunidade universitaria. Entre a oferta inclúense modalidades innovadoras como muay-thay boran, fitgym, fitball-pilates ou bailes latinos ademais de deportes clásicos como natación ou aeróbic.
Xoves, 04 de outubro do 2007

Unidos polo fútbol

O servizo de deportes mediuse á prensa local

ImageAs instalacións deportivas do campus de Vigo foron testemuña do partido que enfrontou ao Servizo de Deportes cun improvisado conxunto composto por xornalistas de diferentes medios locais.
O evento, que conta con esta a súa segunda edición, naceu co obxectivo de converterse nun punto de encontro entre membros da Universidade e profesionais dos medios de comunicación.
Resultados 1405 - 1410 de 1413

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós