DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Luns, 24 de abril do 2017

O Universitario Campus de Ourense A está a medio punto do primeiro clasificado

Tres vitorias para os equipos de xadrez na fase final da liga galega

En baloncesto a categoría feminina sumou unha vitoria e a masculina unha derrota


ImageEsta fin de semana disputaron encontros de liga os equipos de xadrez e baloncesto do campus de Ourense. En xadrez, os bos resultados acompañaron aos representantes universitarios nos diferentes grupos. Polo que respecta ao baloncesto, os equipos do campus manteñen a súa liña de resultados, con vitoria da categoría feminina e derrota da masculina. Ademais, o club de rugby celebrou o día deste deporte na rúa, organizando na Praza Maior de Ourense unha xornada lúdica. A actividade pretendía amosar este deporte nun lugar que non fose o campo de rugby co obxectivo de dalo a coñecer á sociedade.
Luns, 24 de abril do 2017

Máis de 650 persoas participaron nas diferentes modalidades da proba

Rubén Diz e Ester Navarrete impóñense na carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria

Recadáronse 642 euros para a Fundación Galega contra o Narcotráfico


ImageRubén Diz (00:31:41) e Ester Navarrete (00:35:05) proclamáronse este domingo gañadores da décimo primera edición da carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria, una das citas máis senlleiras co deporte na Universidade de Vigo. En total, máis de 650 deportistas déronse cita na carreira da felicidade nas diferentes categorías e modalidades. 469 optaron pola proba estrela, os 10 km, proba puntuable para o Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares, mentres outras 61 optaron pola modalidade de iniciación de 6,6 km e outras 123 participaron na andaina. Na categoría xeral en modalidade masculina, e por detrás de Rubén Diz, foi segundo Gonzalo Bascocelos (00:31:55) e terceiro Ivan Roade (00:32:27). Na feminina, na que Navarrete gañou por segundo ano consecutivo, a segunda praza foi para Sandra Mosquera (00:37:04) e a terceira para Sofía Freaza (00:37:54), nos postos 29 e 36 na xeral, respectivamente. Na Clasificación Universitaria Galaico-Duriense a Universidade de Porto foi a gran triunfadora, acaparando os tres postos do podio
Mércores, 19 de abril do 2017

O equipo da Universidade de Vigo regresa da súa participación nesta proba

Unha aventura inesquecible chamada Marathon des Sables

En seis etapas os participantes percorreron 240 quilómetros polo deserto do Sahara


ImageCo orgullo de ter participado na carreira máis duras do mundo na súa categoría e coa emoción de ter vivido unha experiencia vital inesquecible. O equipo da Universidade de Vigo que do 7 ao 17 de abril participou en Marrocos na 32 edición do Marathon des Sables xa está de volta na casa coa satisfacción de ter feito os deberes. José García Calvo, Willy, Daniel Diz e Ana Guede foron tres dos 1200 participantes que durante a cita afrontaron o reto de percorrer 240 quilómetros en etapas diarias dunha media de 40 quilómetros polo deserto do Sáhara.
Mércores, 19 de abril do 2017

As probas de 6,6 km e de 10 km e a andaina terán lugar este 23 de abril na contorna do campus de Vigo

Comeza a conta atrás para a HappyGoRunning-Cidade Universitaria

A organización da “carreira da felicidade” agarda chegar á cifra de 700 inscritos de edicións anteriores


ImageEste domingo 23 de abril regresa ao campus a carreira da felicidade. A HappyGoRunning-Cidade Universitaria celebra a súa décimo primeira edición cun amplo programa tanto deportivo como de actividades paralelas. A Área de Benestar, Saúde e Deporte agarda que as cifras de inscritos e inscritas sexan similares ás de anos anteriores, con arredor de 700 deportistas entre as dúas modalidades da carreira e a andaina. Deste xeito, e cunha previsión meteorolóxica favorable, a contorna do campus permitirá a toda a cidadanía gozar dun feliz e diferente domingo. O prazo de inscrición para todas as modalidades permanece aberto ata as 23.59 horas de hoxe mércores.
Luns, 17 de abril do 2017

A competición disputouse esta fin de semana na serra madrileña

Un ouro e dúas pratas para a Universidade de Vigo no Campionato de España de Orientación

Ana Iglesias acadou un 1º e un 2º posto en distancia longa e curta, e Begoña Crespo foi subcampioa en curta


ImageO Campionato de España de Orientación, celebrado esta fin de semana nos municipios madrileños de Miraflores de la Sierra e Canencia, deixa bos resultados para o equipo universitario, cun ouro e dúas pratas nas categorías de veteranos. A corredora Ana Iglesias, que participou na categoría de veteranos A, rematou a carreira en primeira posición na modalidade de distancia longa, facéndose coa medalla de ouro, e logrou ademais unha prata na modalidade de distancia curta. Outra das compoñentes do conxunto vigués, Begoña Crespo, proclamouse subcampioa en distancia curta na categoría de veteranos B, sumando outra prata ao medalleiro universitario.
Luns, 17 de abril do 2017

O sábado 22 e o domingo 23 de abril celebrarase unha nova andaina universitaria

A penúltima, unha ruta de fin de semana polo Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

Hai un centenar de prazas dispoñibles para os participantes dos diferentes campus


ImageA programación de rutas culturais que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo enfila o seu tramo final e faino propoñendo unha andaina diferente. Deste xeito, a décima e penúltima ruta cultural deste curso académico será unha fin de semana no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. A cita será o sábado 22 e o domingo 23 de abril e nela poderán participar un centenar de persoas, tanto membros da comunidade universitaria como cidadáns en xeral. O refuxio entre as rutas do sábado 22 e do domingo 23 serán as instalacións do Complexo Turístico O Corgo-Porta do Parque- BTT, achegadas polo Concello de Muíños.
Resultados 31 - 36 de 1394

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós