DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Luns, 15 de maio do 2017

Tras gañar este domingo ao Dorna da Illa de Arousa nas instalacións universitarias

O Auriense ascende á primeira división do fútbol gaélico

O campus tamén acolleu o sábado o Ourense Termal Atletics Meeting 2017


ImageO Auriense FG masculino acadou esta fin de semana o ascenso á primeira división do fútbol gaélico galego. O equipo do campus de Ourense conseguiu o pase para subir de categoría ao gañar este domingo nas instalacións deportivas universitarias ao Dorna da Illa de Arousa, o terceiro clasificado. Tamén esta fin de semana pero neste caso o sábado, o campus acolleu a celebración do Ourense Termal Atletics Meeting 2017, cita na que destacaron rexistros de atletas como Nediam Nori Vargas ou Palomanes.
Luns, 15 de maio do 2017

O conxunto masculino A consegue evitar momentaneamente o descenso

O equipo de tenis feminino loitará polo ascenso á División de Honra

Na próxima xornada os equipos masculinos loitarán pola permanencia


ImageEsta fin de semana o equipo feminino de tenis da Universidade acadou o primeiro posto da clasificación da División de Prata despois de lograr a súa cuarta vitoria consecutiva fronte ao Tenis Gondomar. Tras gañar este partido, o conxunto feminino accede á fase de ascenso sen perder ningún encontro e como líder de grupo. As xogadoras, que se manteñen na categoría á que ascenderon na tempada anterior, loitarán agora polo ascenso á División de Honra, pero aínda queda por coñecer cal será o seu próximo rival.
Venres, 12 de maio do 2017

As dúas competicións desenvolveranse nas instalacións deportivas do campus

Máis de 500 deportistas participarán no Ourense Termal Athletics Meeting e a Copa Xunta de Rugby

Terán lugar o 13 e o 17 de maio respectivamente


ImageO Ourense Termal Athletics Meeting o sábado 13 de maio e a Copa Xunta de Rugby o día 17 de maio. Estas son as dúas grandes citas deportivas que nos vindeiros días se celebrarán nas instalacións deportivas do campus de Ourense e que este venres foron presentadas respectivamente polos seus organizadores e patrocinadores na Deputación Provincial e no Concello. As dúas actividades, con entrada libre e aberta a todas as persoas interesadas, xuntarán a máis de 500 deportistas co obxectivo non só de competir senón tamén de fomentar a práctica deportiva entre a cidadanía.
Venres, 12 de maio do 2017

O equipo universitario vigués obtivo tamén un cuarto, un quinto, un sexto e dous oitavos postos

Marc Ciurana, bronce nos 400 metros estilos no Campionato de España Universitario de Natación

Nunha competición na que participaron olímpicos da categoría de Mireia Belmonte, Melani Costa ou Alan Cabello


ImageO equipo vigués de natación volve do Campionato de España Universitario con moi sabor de boca e cunha medalla de bronce obtida por Marc Ciurana nos 400 metros estilos. A final estatal celebrouse esta semana organizada pola Universidad Católica de Murcia. A “satisfacción polos resultados obtido é alta”, como recoñece Alexandre Sanjorge, técnico de Actividades Deportivas, que acompañou o equipo universitario vigués nesta cita deportiva. E é que ademais do bronce de Ciurana, a e os vigueses obtiveron un cuarto, un quinto, un sexto e dous oitavos postos, “isto é, nada máis e nada menos que seis finais para un equipo de só de tres membros nunha competición de altísimo nivel e na que participaban olímpicos da categoría de Mireia Belmonte, Melani Costa, Jessica Vall ou Alan Cabello, entre outros”.
Mércores, 10 de maio do 2017

O conxunto da Universidade de Vigo logra o pase á final ante os Rams de Valladolid

Thunders, entre os catro mellores equipos de España de eSports

A final do campionato de videoxogos será en Madrid a principios de xuño


ImageO equipo de eSports da Universidade, Thunders, está de parabéns. Tras dous meses de partidas de League of Legends na liga estatal universitaria de deportes electrónicos -OGSeries University- , o conxunto vigués conseguiu meterse na final do campionato tras derrotar en Burgos aos Rams da Universidade de Valladolid, e proclamarse vencedor da Conferencia Norte. O equipo, que participa dende marzo no campionato de videoxogos xunto con outras 31 universidades do territorio español, atópase nestes intres “adestrando para lograr un mellor nivel de cara á final”, que terá lugar en Madrid a comezos de xuño, explica Javier Carrera,membro do equipo.
Martes, 09 de maio do 2017

A biblioteca do campus de Ourense acolleu a súa última sesión da xeira 2016/2017

Máis de 500 membros da comunidade universitaria participaron este curso nos Martes Saudables

A esta cifra engádese máis dun milleiro de consultas puntuais


ImageEste martes a Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense acolleu a celebración da última sesión dos Martes Saudables, unha iniciativa que ao longo deste curso percorreu os tres campus da Universidade de Vigo co obxectivo de fomentar os bos hábitos de vida entre os membros da comunidade universitaria, especialmente do alumnado. Á falta de ter os datos definitivos, desde a organización estiman que máis de 500 persoas se achegaron aos seus postos para repasar a súa saúde e hábitos de vida de xeito integral e máis dun milleiro realizaron consultas puntuais sobre algún aspecto concreto, como pode ser sexualidade, deporte ou nutrición. “Estamos moi satisfeitos, porque vemos que cada ano incrementamos a cifra de participantes”, comenta Guillermo Santos, coordinador da iniciativa desde a Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de Ourense.
Resultados 37 - 42 de 1413

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós