DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Luns, 20 de marzo do 2017

Os de Pablo García obtiveron esta fin de semana a súa sétima vitoria consecutiva, fronte o Xaquedrum

O xadrez universitario segue contando encontros por vitorias

En tenis, o Campionato Galego comeza con vitoria feminina e dúas derrotas masculinas


ImageO Universidade de Vigo-EXP Xadrez: Estratexia pola Paz segue imparable. Esta fin de semana os universitarios volveron sumar unha nova vitoria e van xa sete, tantas como xornadas disputadas na Liga Galega. Os de Pablo García impuxéronse 1.5 a 4.5 ao ELX Xaquedrum e dan un paso máis cara o título autonómico. Por outra banda, o Campionato Galego de tenis arrancou esta fin de semana con diferente sorte para os tres equipos universitarios. Mentres as mulleres, que militan na categoría de prata, conseguiron a vitoria fronte o Salceda de Caselas por 5-0, os dous equipos masculinos caeron no arranque ligueiro.
Xoves, 16 de marzo do 2017

263 persoas participaron o curso pasada nas actividades deportivas

O paddlesurf súmase esta primavera á programación de Augaventura


Image Coa chegada da primavera volve Augaventura-Campus Mar Life, o programa de actividades deportivas acuáticas que a Área de Benestar, Saúde e Deporte e o Campus do Mar poñen en marcha cada outono e cada primavera dende hai seis anos, para ofrecer a todos os membros da comunidade universitaria a posibilidade de desenvolver e poñer en práctica as súas habilidades deportivas no medio mariño. A participación na iniciativa medra edición a edición coa introdución de novas actividades, de xeito que 263 persoas, 94 na edición de outono e 169 na convocatoria de primavera, foron as que se inscribiron en Augaventura o curso pasado.
Xoves, 16 de marzo do 2017

O encontro entre seleccións disputarase o sábado no campus de Ourense

Contra atrás para un Galicia-Francia que aspira a marcar un fito no fútbol gaélico galego

A entrada é gratuíta e aberta a todas persoas interesadas


ImageO fútbol gaélico galego conta con ilusión os días que restan para a celebración este sábado, 18 de marzo, dunha cita que está chamada a marcar un fito histórico para este deporte e non só en Galicia. As instalacións deportivas do campus de Ourense acollerán a celebración dun encontro amigable entre as seleccións femininas e masculinas de Galicia e Francia. Desde a organización destacan o recoñecemento que supón este evento para o traballo feito polos equipos galegos e o pulo que lle dará a este deporte o encontro, que será o primeiro partido televisado da historia do fútbol gaélico en Europa segundo recalcou Brian Sheehy, presidente de Gaelic Games Europe.
Mércores, 15 de marzo do 2017

Os vigueses compiten en División de Prata masculina e feminina e Primeira División masculina

O equipo de tenis, disposto a manter os bos resultados que acadaron a pasada tempada

Os universitarios estrearon novas pistas de herba artificial


Image Este sábado 18 comeza o Campionato Galego de Tenis e os 35 membros que compoñen o club da Universidade están preparados para o xogo. Este ano os dous equipos masculinos estréanse en novas categorías xa que a tempada pasada lograron o ascenso, acadando así a División de Prata o masculino A e a Primeira División o masculino B. O equipo feminino, pola contra, mantense na categoría á que ascenderon na tempada anterior, División de Prata. Ata mediados de maio as 10 mulleres e os 25 homes que conforman os tres equipos disputarán a fase de liga, previa á fase eliminatoria na que se xogarán o ascenso ou o descenso.
Luns, 13 de marzo do 2017

O Universidade de Vigo-EXP Xadrez Estratexia pola Paz conta os seus encontros por vitorias

Cara para o xadrez, cruz para o rugby

O Kaleido Universidade caeu ante o Burgos, líder invicto, por 5-45


ImageFin de semana de sorte dispar para os equipos deportivos do campus de Vigo nas diferentes especialidades. Mentres o Universidade de Vigo-EXP Xadrez Estratexia pola Paz sumaba unha nova vitoria, e van seis consecutivas, que o consolidan como líder da Liga Galega, o Kaleido Universidade de Vigo Rugby Club caía ante o líder invicto, o Burgos, por 5-45, e continúa na oitava praza da División de Honra B do rugby nacional pero coa permanencia na categoría xa asegurada matematicamente.
Luns, 13 de marzo do 2017

O Campus Universitario Ourense Coosur consolídase no quinto posto da táboa

O equipo de rugby do campus suma unha nova vitoria en Eibar

Os bos resultados tamén acompañaron ás diferentes categorías de baloncesto


ImageO Campus Universitario Ourense Coosur sumou esta fin de semana unha nova vitoria, a número doce, na División de Honra B do rugby estatal. Os ourensáns gañaron en Eibar ao Avia Eibar RT por un marcador final 11-18. "Gañamos nun campo difícil e cun equipo que o seu xogo non reflicte o posto onde está na clasificación", recalcan desde o club de rugby do campus. Os bos resultados tamén acompañaron ás diferentes categorías de baloncesto, gañando os partidos disputados nas súas respectivas fases de clasificación.
Resultados 49 - 54 de 1394

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós