DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Xoves, 15 de decembro do 2016

Segundo acordaron na Asamblea Xeral da REUS celebrada este mércores en Madrid

As universidades españolas avaliarán os estilos de vida e as contornas saudables dos seus campus

Establecerase os mínimos saudables esixibles nos contratos das máquinas de vending e de comedores e cafetarías


ImageA Universidad Rey Juan Carlos de Madrid acolleu este mércores a celebración da Asemblea Xeral da Rede Española de Universidades Saudables (REUS), da que o técnico do Servizo de Deportes da institución viguesa Román Lago é vogal. Nesta xuntanza acordaron deseñar varios instrumentos estandarizados que lles permitan ás institucións académicas avaliar os estilos de vida e as contornas saudables dos seus campus así como establecer os mínimos saudables esixibles e recomendacións da REUS para os pregos de prescricions técnicas dos contratos das máquinas de vending e dos comedores e cafetarías das universidades.
Luns, 12 de decembro do 2016

Os vigueses non foron quen de sumar en Acea da Ma fronte a CRAT

O Kaleido Universidade remata a primeira volta no sétimo posto da División de Honra B

A segunda volta comezará cun novo derbi fronte ao Campus Universitario Ourense Coosur


Image Finalizou a primeira volta da competición da División de Honra B e o Kaleido Universidade de Vigo remata o primeiro tramo la liga situado no sétimo posto, con cinco partidos gañados, seis perdidos e ningún empatado. Nas 11 primeiras xornadas da competición o equipo de Maxwell sumou 26 puntos, os mesmos que o Campus Universitario Ourense Coosur, que ocupa o oitavo posto da clasificación, que pecha o Universitario Bilbao Rugby que suma un punto e que encabeza o UBU- Colina Clinic que con 11 vitorias atesoura 51 puntos. A segunda volta comezará a vindeira fin de semana co partido que enfrontará ao Campus Universitario Ourense Coosur do Kaleido Universidade de Vigo en Ourense.
Luns, 12 de decembro do 2016

O equipo gañou ao Real Oviedo Rugby por un marcador de 46(B)-7

O Campus Universitario Ourense Coosur volve na casa á senda da vitoria

Os xogadores de baloncesto sumaron unha derrota contra Peleteiro


ImageO Campus Universitario Ourense Coosur mantén a súa dinámica de maioría de vitorias na casa e derrotas fóra dela. Esta fin de semana o equipo disputou nas instalacións universitarias a xornada número once da División de Honra B do rugby estatal contra o Real Oviedo Rugby, gañando o encontro por un contundente marcador de 46(B)-7. Pola súa banda, os xogadores de baloncesto sumaron unha nova derrota na segunda división de baloncesto, neste caso contra Peleteiro. “O partido foi de claro dominio de principio a fin por parte dos locais, con bo traballo en defensa e grande acerto en ataque”, explican desde o club de rugby ourensán.
Venres, 09 de decembro do 2016

50 persoas participaron este xoves nunha competición benéfica desta disciplina

O crossfit abre o tempo da solidariedade no Pavillón Universitario

O xoves 15 terá lugar un maratón de zumba dirixido a reunir alimentos para o comedor dos Pais Franciscanos


Image“A verdade é que foi mellor do esperado”, recoñece Carlos Paredes, monitor da sala de cardio-fitness do Pavillón Universitario, do Crossfit Solidario, que a Área de Benestar, Deporte e Saúde da Universidade e a Vicerreitoría do campus organizaron xunto con Crossfit Turoqua e que reuniu este xoves a medio cento de competidores e competidoras. Por unha banda, as expectativas superáronse polo propio nivel da competición, “xa que foron case seis horas de campionato e o nivel da proba foi moi alto”, pero, principalmente, porque o obxectivo principal, reunir alimentos, roupa e xoguetes para aqueles e aquelas que máis os precisen, tamén se cumpriu con creces.
Luns, 05 de decembro do 2016

O desprazamento a terras vascas do equipo de David Monreal rematou cun resultado de 37-20

O Campus Universitario Ourense Coosur volve perder fóra da casa, nesta ocasión contra o Uribealdea

As xogadoras de baloncesto gañaron ao Arxil Mafari Cafe


ImageEsta fin de semana disputaron encontros de liga o primeiro equipo e a categoría feminina de rugby e a categoría de baloncesto feminino, tendo desigual sorte nos resultados acadados. O Campus Universitario Ourense Coosur perdeu 37-20 contra o Uribealdea e o equipo feminino de rugby tamén sufriu unha derrota o sábado en Lalín, rematando o encontro cun marcador de 29 a 14. “Ambos equipos xogábanse valiosos puntos. A pesar do esforzo e de ser un partido moi disputado, a vitoria quedouse para os da casa”, comentan desde o club de rugby ourensán sobre o partido disputado na División de Honra B. Pola súa banda, as xogadoras de baloncesto gañaron ao Arxil Mafari Café.
Luns, 05 de decembro do 2016

Os vigueses derrotaron aos vascos por 17-12

O Kaleido Universidade de Vigo vence ao Durango nun partido trabado e cheo de erros


Image O Kaleido Universidade de Vigo mantense na sexta posición e abre oco cos equipos de abaixo, trala vitoria acada nas últimas horas na casa ante o Durango Nisaan Gaursa RT. Nun partido no que escaseou o bo xogo e sobraron os erros, o Kaleido impúxose no marcador por 17-12 ao conxunto vasco no encontro correspondente á décima xornada da División de Honra. O encontro comezou co equipo vigués forte en defensa, pero impreciso en ataque, algo que o Durango non soubo aproveitar salvo no minuto 33 cando se puxo por diante no marcador, grazas a un golpe de castigo.
Resultados 55 - 60 de 1352

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós