DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Deportes
Venres, 15 de setembro do 2017

Cunha ampla oferta de actividades dentro e fóra das instalacións universitarias

A programación deportiva do campus ponse en marcha

Entre as novidades do primeiro cuadrimestre está un ciclo específico para mulleres


ImageO curso académico 2017/2018 xa está en marcha e en marcha está tamén a programación de actividades coas que a Universidade de Vigo quere complementar a formación integral dos seus membros. Co obxectivo un ano máis de fomentar a actividade física e a vida saudable entre alumnado, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador, a Área de Benestar, Saúde e Deporte ofrece unha ampla oferta de instalacións e actividades, que abranguen desde a práctica do rugby a bailes de salón. Entre as novidades deste primeiro cuadrimestre está un ciclo centrado na muller e a consolidación do servizo de adestramento personalizado.
Mércores, 13 de setembro do 2017

A Área de Benestar, Saúde e Deporte mantén aberta a inscrición nas súas diferentes iniciativas

Dúas semanas de portas abertas para poñer en movemento á comunidade universitaria

Entre os días 18 e 30, será libre a participación nas actividades dirixidas para aboados e aboadas


ImageO inicio dun novo curso constitúe tamén é unha boa oportunidade para manterse ou poñerse en forma e para axudar neste propósito a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade propón no campus unha serie de servizos e actividades que desde inicios de mes manteñen aberta a súa inscrición. Ademais de ligas internas ou dos centros deportivos colaboradores, a área organiza por segundo curso unha serie de actividades dirixidas gratuítas para os usuarios dos abonos Muver e Ponte en Forma, que estarán abertas á participación de calquera membro da comunidade universitaria entre os días 18 e 30 deste mes.
Martes, 12 de setembro do 2017

No pasado ano participaron máis de 6000 persoas e para este ano a matrícula xa está aberta

Comeza un curso moi deportivo

O programa de actividades inclúe escolas deportivas, ligas, servizo de saúde e diferente tipos de abonos


ImageTanto para as persoas que queiran retomar a actividade física tras as vacacións estivais, como para aquelas que pretenden comezar a realizar algún deporte como propósito para o novo curso, a Área de Benestar, Saúde e Deporte ten deseñado un completo programa formativo para o primeiro cuadrimestre. Para todo tipo de persoas, con calquera condición física e sexa cal sexa o deporte que lles interese, a programación cubre case todas as necesidades. Como cada ano, desenvolveranse escolas deportivas, ligas universitarias, escolas deportivas, programas de lecer na natureza, etc. e ofértanse tamén abonos para o uso da instalacións deportivas universitarias ou dos centros asociados en Vigo, Ourense e Pontevedra. O prazo de matrícula estañá aberto dende o día 1 deste mes.
Martes, 01 de agosto do 2017

O xadrecista do Universidade de Vigo-EXP logrou a súa terceira norma vencendo no Open de Andorra

Manuel Pena, a un paso de converterse en Gran Mestre Internacional

Sete vitorias consecutivas fraguaron o seu triunfo no torneo do Principado


ImageSumar dez puntos no ránking internacional é o único paso que separa ao xadrecista do Universidade de Vigo–Escola Xadrez Pontevedra Manuel Pena de converterse no terceiro Gran Mestre Internacional na historia do deporte galego. Pena acaba de proclamarse campión da XXXV edición do prestixioso Open Internacional de Andorra, o que lle outorga a súa terceira e definitiva norma para acadar a maior titulación deportiva do xadrez, que só outros dous xogadores acadaron en toda a historia do deporte galego e 43 no conxunto de España. Para oficializar esta distinción, deberá alcanzar os 2500 puntos de ránking internacional.
Xoves, 20 de xullo do 2017

Catro estudantes do campus de Pontevedra obtiveron cadanseu ouro en atletismo e loita

Balance positivo dos campionatos de España universitarios 2017, con 15 medallas para Vigo

Oito pratas e tres bronces completan o medalleiro da institución neste curso


ImageO deporte de elite e os estudos universitarios poden resultar difícil de combinar, xa que, como explica Adrián Pérez, atleta e medallista no Campionato de España Universitario de atletismo, “non podes adestrar todo o que quererías, nin estudar todo o que che gustaría, tes que ir xogando un pouco”. Porén, sempre hai deportistas que conseguen espremer ao máximo o seu tempo e así manter o alto rendemento nestas dúas facetas da súa vida. Un exemplo disto son as e os estudantes da Universidade de Vigo que conseguiron unha medalla nos campionatos de España universitarios, entre os que destacan os catro ouros conseguidos na tempada 2016/2017 por Pablo García, Leticia Fernández, Noelia Lalín e Adrián Pérez. Ademais, as categorías por equipos tamén lograron boas clasificacións, como son unha prata en loita feminina e un bronce en taekwondo.
Luns, 17 de xullo do 2017

Os estudantes e atletas Leticia Fernández e Adrián Pérez son campións de España universitarios

Cando a carreira é dobre

No campus de Pontevedra fórmase tamén Alfonso Palomanes, campión estatal de triplo salto en 2016


ImageCun mínimo de tres horas diarias dedicadas a adestrar, que en determinados momentos da tempada poden derivar en sesións dobles diarias, compaxinar os estudos co deporte implica altas doses de esforzo para estudantes como Leticia Fernández e Adrián Pérez Souto, que o pasado mes de maio lograban en Cartagena as súas primeiras medallas de ouro nos Campionatos de España Universitarios de Atlestimo. Metais que ademais de novos folgos para continuar nesta dobre carreira, deportiva e académica, tamén lles dan novos folgos na súa busca dun metal nun campionato de España absoluto, como o ouro que en 2016 acadaba no mesmo outro estudante do campus pontevedrés, José Alfonso Palomanes, que co bronce obtido en Cartagena convertíase no segundo estudante da Universidade de Vigo con maior número de medallas nos torneos universitarios.
Resultados 7 - 12 de 1413

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós