DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Luns, 16 de outubro do 2017

Trátase da publicación 'Enthalpy and internal energy: liquids, solutions and vapours'

Investigadores do campus participan no libro da Royal Society of Chemistry referente en propiedades enerxéticas

Jacobo Troncoso e Claudio Cerdeiriña achegan estudos sobre diferentes aspectos dos líquidos


ImageA Royal Society of Chemistry, sociedade científica do Reino Unido referente no eido das ciencias químicas, vén de publicar o libro Enthalpy and internal energy: liquids, solutions and vapours. Nel, recóllense artigos de científicos e científicas de 14 países sobre propiedades enerxéticas de líquidos, disolucións e gases co obxectivo de ser a publicación de cabeceira para alumnado, persoal investigador e calquera persoa involucrada neste campo de interese. Dous dos 23 capítulos do libro contan coa autoría de profesores da Universidade de Vigo, concretamente dos físicos Jacobo Troncoso e Claudio A. Cerdeiriña.
Mércores, 11 de outubro do 2017

María López edita unha publicación sobre a instauración da monarquía borbónica

Once visións sobre a historia do reinado de Felipe V en Galicia

A obra culmina un proxecto de investigación sobre o poder no Antigo Réxime


ImageGalicia y la instauración de la monarquía borbónica. Poder, élites y dinámica política. Con este título preséntase unha publicación, coordinada desde a Facultade de Historia do campus de Ourense pola profesora titular de Historia Moderna María López, que recolle as achegas dun nutrido grupo de especialistas de diferentes disciplinas e universidades co obxectivo de botar luz sobre a historia do antigo Réxime en Galicia. Concretamente, no libro analízanse as consecuencias que tivo a chegada ao trono no ano 1700 do primeiro rei da casa dos Borbóns, Felipe V, que se mantivo no poder durante 45 anos, converténdose no reinado máis prolongado na historia de España.
Xoves, 05 de outubro do 2017

Tras facerse público o seu achado o pasado mes de xullo

Preséntase na Fundación Penzol o manuscrito ‘Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas’

O autor estivo acompañado por Francisco Domínguez e Pepe Carreiro


ImageTras facerse público o pasado mes de xullo, esta semana presentouse en sociedade Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas o libro escrito polo profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución José Antonio Fernández Salgado e que recolle a edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII do que se descoñecía a súa existencia, atopado polo propio autor nos fondos da Fundación Penzol. A presentación levouse a cabo nas instalacións da fundación e nela participaron ademais do autor, Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, e Pepe Carreiro, editor de Edicións Laiovento.
Mércores, 20 de setembro do 2017

Presentou na Facultade de Filoloxía e Tradución o libro ‘Ser Modou Modou’

Cheikh Fayé narra ‘en galego’ a realidade dos inmigrantes africanos que viven en Europa

O salón de graos do centro quedou pequeno para acoller a todas as persoas interesadas en escoitalo


ImageDía a día, como pequenas pingueiras que non deixan de caer, chegan á sociedade española noticias sobre os miles de inmigrantes que cada ano poñen as súas vidas en risco para chegar a Europa, pero poucas veces se ten a ocasión de escoitar en primeira persoa a historia particular dalgún deles: o porqué da súa fuxida, as penurias da viaxe, as principais dificultades da chegada, o proceso de integración... A comunidade universitaria tivo hoxe a oportunidade de facelo da man de Cheikh Fayé, un senegalés que leva 14 anos en Galicia e que acaba de publicar o libro Ser Modou Modou.
Mércores, 13 de setembro do 2017

A Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego 'Cómaros' publica un novo número

Casares e Curros, entre a lembranza e a historia

O docente de Ciencias da Educación David Casado é un dos seus directores


ImageCasares e Curros, entre a lembranza e a historia. Con este título preséntanse un novo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego Cómaros. A publicación, de carácter electrónico e potenciada desde a Universidade de Vigo, amplía os seus contidos abrindo sendas seccións dedicadas aos escritores e escritoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, neste 2017 Carlos Casares, e á recuperación de textos relevantes na historia do pensamento galego. A dirección de Cómaros corre a cargo de David Casado, profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense.
Mércores, 26 de xullo do 2017

As publicacións están destinadas a estudantes e a profesionais da organización industrial

Investigadores do GIO recollen en dous libros propostas de mellora da eficiencia do sistema loxístico

Un céntrase na xestión de produción e outro no deseño de envases e embalaxes


ImageFroito de anos de investigación e reflexión sobre a eficiencia da cadea de subministro, tamén denominada sistema loxístico, as e os investigadores do Grupo de Ingeniería de Organización (GIO) publican dous novos libros, que se centran principalmente na xestión de produción e no deseño de envases e embalaxes. O primeiro, escrito por Jesús G. Arca, Arturo J. Fernández e José Carlos Prado, titúlase Manual de gestión productiva e o segundo manual, da man de Jesús G. Arca, A. Trinidad González-Portela e José Carlos Prado, titúlase La mejora en la eficiencia y sostenibilidad de la cadena de suministro mediante el diseño del envase y el embalaje.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 6 de 366

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós