DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 21 de febreiro do 2017

A entidade, xestionada polo Grupo Gen, vén de presentar un informe sobre este tema

A rede de expertos en financiamento autonómico Rifde aposta por unha nivelación entre autonomías máis transparente

No documento recóllese a visión dun centenar de expertos


ImageA Rede de Investigadores en Financiamento Autonómico e Descentralización Financeira en España (Rifde), xestionada polo Grupo de Investigación Gen (Governance and Economics Research Network) da Universidade de Vigo, acaba de facer público o informe A nivelación interterritorial e a estimación das necesidades de gasto. Nel aposta por una nivelación máis transparente entre comunidades autónomas, destacando como “debería estar baseada nun criterio claro e obxectivo, comprometéndose as partes a non aplicar fondos específicos que adulteran os resultados e complican a comprensión e o funcionamento deste mecanismo”.
Venres, 17 de febreiro do 2017

O estudo obtivo un premio a novos investigadores da Deputación de Pontevedra en 2014

Sonia Otero analiza as ilustracións de Manuel Cubas a través dos sainetes de Ramón de la Cruz

A autora traballa, no marco da súa tese de doutoramento, nunha nova investigación sobre Emilia Calé


ImageAo falar do teatro no século XVIII é difícil non lembrarse de Ramón de la Cruz, un dos autores de sainetes que máis achegou á literatura española. O éxito das súas obras un século despois grazas ao renovado gusto por estas pezas teatrais e á xeneralización da literatura por entregas veuse plasmado nunha compilación dos seus mellores sainetes na obra Teatro Selecto de don Ramón de la Cruz, publicada por Jose María Faquineto en 1882, e ilustrada polo debuxante Manuel Cubas. Son precisamente esas ilustracións as que a filóloga e alumna de doutoramento da Facultade de Filoloxía e Traducción Sonia Otero analiza nun libro que acaba de editar o Servizo de Publicacións da Universidade e que leva por título La ilustración de los Sainetes de Ramón de la Cruz en el siglo XIX: La edición popular de J.M. Faquineto.
Xoves, 09 de febreiro do 2017

Nun traballo sobre medidas contra o envellecemento e a potenciación da economía e do benestar

O Foro Económico de Galicia propón unir o Eixo Atlántico para combater o declive demográfico

O documento foi presentado este xoves en Santiago de Compostela


ImageO Foro Económico de Galicia vén de presentar este xoves un traballo que analiza as consecuencias da crise demográfica galega e propón unha serie de medidas concretas para combater o envellecemento e potenciar a economía e o benestar xeral na comunidade autónoma. Entre as propostas dos expertos deste órgano están “converter ao Eixo Atlántico de sete cidades nunha soa cidade, unindo a franxa costeira galega para convertela nunha cidade puxante e global” e a creación dunha rede de infraestruturas de usos múltiples nas cabezas de comarca.
Xoves, 26 de xaneiro do 2017

Filoloxía e Tradución acolleu a presentación da novela de Francisco Coimbra, finalista do Xerais 2016

Canto á diversidade lingüística na presentación de 'Crónica Córnica’

Anxo Angueira, Méndez Ferrín e XH Costas saúdan o nacemento “dunha nova estrela da literatura galega”


ImageOs escritores Anxo Angueira, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé-Henrique Costas coincidiron este xoves na Facultade de Filoloxía e Tradución na presentación de Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, finalista do Xerais de Novela 2016, un acto que contou coa participación do propio autor e que acabou converténdose nun auténtico canto á diversidade lingüística e ao amor polas palabras e as linguas, pois iso é o que é, entre outras moitas cousas, esta obra: “un intenso e metafórico berro literario a favor das linguas e contra a marxinación e as desigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos”l.
Xoves, 26 de xaneiro do 2017

Este xoves presentouse o catálogo da última edición do certame

A 34 edición do Outono Fotográfico faise papel

O campus acolleu sete das exposicións que se celebraron nos últimos meses de 2016


ImageA programación do 34 Outono Fotográfico encheu desde principios de novembro e ata finais de decembro de imaxes diferentes edificios e espazos do campus de Ourense, que acolleron sete das súas mostras. Con elas, a institución académica uniuse unha vez máis a unha iniciativa que nesta edición contou con 14 obradoiros e 92 exposicións que amosaron a obra de 304 creadores e creadoras en 70 espazos expositivos de 25 puntos da xeografía galega e lusa. Este xoves presentouse no Ateneo de Ourense o catálogo do certame, que pretende reflectir todo a dimensión que ten adquirido esta cita anual coa fotografía.
Martes, 24 de xaneiro do 2017

O libro da filóloga viguesa inclúe os textos orixinais e traducidos de 'A Child’s Garden of Verses'

Celia Vázquez traduce por primeira vez ao galego a obra poética infantil de Stevenson, autor de 'A illa do tesouro'

A lírica deste autor quedou oculta, sobre todo fóra de Gran Bretaña, polo éxito das súas novelas


ImageCon A illa do tesouro (1883) conquistou a miles de lectores de todo o mundo e, dende entón, a obra novelística do escritor escocés Robert L. Stevenson pertence xa ao imaxinario adolescente colectivo, pero este éxito das súas novelas relegou a un segundo plano a súa obra poética, sobre todo fóra da súa Gran Bretaña natal. Consciente desta realidade Celia Vázquez, profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución e crítica literaria, acaba de publicar Stevenson e a tenrura da súa poesía infantil, un libro no que recolle, en versión inglesa e galega, os poemas de A Child’s Garden of Verses (1895), obra na que o autor reuniu o conxunto das súas poesías infantís. “Quixen rescatar a poesía que escribiu para nenos, que nin sequera está traducida na súa totalidade ao castelán”, explica Vázquez, para quen a figura de Stevenson é moi interesante dende o punto de vista biográfico.
Resultados 19 - 24 de 363

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós