DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 06 de setembro do 2016

Coincidindo coa conmemoración en todo o mundo do IV centenario da morte do autor

A RAE elixe a tres investigadores vigueses para sacar a relucir a obra poética de Cervantes

José Montero, Fernando Romo e Macarena Cuiñas acaban de editar o volume 'Viaje del Parnaso y poesías sueltas'


ImageCoincidindo coa conmemoración en todo o mundo do IV centenario da morte de Cervantes, a Biblioteca Clásica da Real Academia Española, acaba de publicar o volume Viaje del Parnaso y poesías sueltas, de Miguel de Cervantes, un proxecto co que sacar a relucir a obra poética deste autor universal e para o que quixeron contar cos mellores especialistas: os profesores da Universidade de Vigo José Montero Reguera e Fernando Romo Feito, aos que se uniu a tamén filóloga viguesa Macarena Cuiñas, integrantes do grupo Ediciones y Estudios de la Literatura Española, e-LITE, da Facultade de Filoloxía e Tradución.
“Esta edición ten en conta testemuñas e documentos nunca manexados previamente e emprega máis información que ningunha outra publicada ata hoxe", explica Montero.
Xoves, 21 de xullo do 2016

Segundo os datos do informe anual elaborado pola Escola de Enxeñaría Forestal e Confemadera Galicia

A industria galega da madeira e do moble facturou 1941 millóns de euros en 2015, un 11,2% máis ca en 2014

Máis de 80.000 familias recibiron 300 millóns por venta de madeira nun ano récord de cortas


ImageA industria galega da madeira e do moble facturou 1941 millóns de euros no 2015, o que supuxo un incremento do 11,2% respecto a 2014. Son as cifras globais dun sector que xera en Galicia uns 70.000 postos de traballo e no que 2015 supuxo un ano de récords en múltiples factores, entre eles, o volume de cortas: 8,25 millóns de metros cúbicos, o mellor rexistro desde 1996. Estas son só algunhas das cifras que se recollen no Informe de Resultados da Industria da madeira e o moble de Galicia, un traballo que, tras múltiples anos de colaboracións puntuais, foi elaborado por primeira vez de xeito conxunto entre docentes da Escola de Enxeñaría Forestal e a Confederación Galega de Empresarios da Madeira, Confemadera Galicia.
O informe, tal e como se explicou durante a súa presentación, busca caracterizar o resultado do ano xa rematado, comparado cos anos anteriores e co contexto, tanto español como internacional.
Luns, 18 de xullo do 2016

O docente de Ciencias da Educación David Casado é un dos seus directores

Nace 'Cómaros', revista interdisciplinar de pensamento galego

Un dos obxectivos da publicación é potenciar a realización de ensaios


ImageUn cómaro é unha pequena elevación do terreo, unha lomba ou outeiro, desde a que é posible ollar o horizonte. Por este significado e por ser un elemento característico da paisaxe galega, é tamén o nome escollido polos promotores da nova revista interdisciplinar de pensamento galego Cómaros. A publicación, de carácter electrónico e periodicidade anual, nace para tentar “servir como nó estruturante de todo o pensamento galego” apostando, entre outros aspectos, por potenciar os ensaios centrados en temáticas relacionadas con Galicia.
Xoves, 07 de xullo do 2016

Ramón Méndez debulla nun libro os principais segredos da profesión

A industria da localización de videoxogos potencia as saídas profesionais de tradutores e intérpretes

A obra, con versión impresa e electrónica, está a ter unha grande acollida entre o alumnado


ImageA industria dos videoxogos non deixa de medrar e, tan só en España, superou xa os mil millóns de ingresos no ano 2015, por enriba da música ou o cinema. Neste contexto a localización dos videoxogos –a súa adaptación (lingüística, cultural, xurídica…) aos diferentes mercados- estase a converter nunha importante saída laboral para os novos graduados e graduadas en Tradución e Interpretación. Boa mostra do interese que esperta o sector é a excelente acollida que está a ter entre o alumnado, tanto de Vigo como doutras universidades, o quinto volume da colección Tradución e Paratradución, un libro asinado por Ramón Méndez González (Ourense, 1983), no que se debullan os principais segredos deste novo e importante mercado no que que a tradución, a paratradución e a interpretación profesionais constitúen unhas das principais claves.
Martes, 28 de xuño do 2016

O profesor Adolfo Cordero é coautor dun libro sobre a súa presenza neste arquipélago e no de Madeira

Azores, aló onde as libélulas se reproducen sen machos

Nestas illas atopouse o único caso no mundo de partenoxénese entre os odonatos, a especie ‘Ischnura hastata’


ImageA centos de quilómetros do continente, os arquipélagos de Azores e Madeira constitúen un hábitat pouco accesible para insectos como as libélulas, de tal xeito que nelas só se teñen asentado aquelas especies “que demostraron ter unhas capacidades de dispersión extraordinarias”, como sinala o investigador Adolfo Cordero. Mais estes arquipélagos contan tamén con “xoias biolóxicas” como a Ischnura hastata, unha especie que en Azores presenta o o único caso no mundo reprodución a partires de femias, como este profesor da EE Forestal conta no libro que elaborou xunto co profesor da Universidade dos Azores Virgílio Vieira.
Martes, 21 de xuño do 2016

Preséntase o libro 'Escritos de lexicografía plurilingüe especializada'

Reflexionando sobre as problemáticas que xorden ao facer un dicionario en varios idiomas

Coordinado por Terencia Silva e Carlos Valcárcel


ImageA elaboración dun dicionario plurilingüe e centrado nunha área especializada xera moitas problemáticas e reflexións aos seus autores, cuestións que van xurdindo a medida que se vai desenvolvendo o proxecto, desde as equivalencias ata a entrada das siglas. No libro Escritos de lexicografía plurilingüe especializada, investigadores e investigadoras do que foi o grupo de investigación FF1 Léxico e Lexicografía Especializada da Universidade de Vigo abordan varias destas cuestións xurdidas durante a elaboración do Diccionario cuatrilingüe de marketing y publicidad: inglés, español, francés y alemán.
Resultados 31 - 36 de 348

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós