DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 30 de outubro do 2007

Fernando Ramos presenta un libro sobre protocolo e ceremonial universitario

É a primeira publicación editada que afonda neste campo


Image A inexistencia no mercado editorial dunha publicación que afonde no eido do protocolo dentro da institución universitaria foi a que levou ao profesor Fernando Ramos a embarcarse neste novo proxecto que tivo como resultado o libro “O Protocolo Universitario. Historia, tradicións e práctica actual do ceremonial na Universidade española”.
Foron catro meses de traballo para obter, segundo as verbas do profesor de Dereito da Información, “unha monografía baseada na recopilación e ordenación do material sobre protocolo, tradicións e acerbo universitario que vén dende a Idade Media ata os nosos días cunha profunda influencia relixiosa”.
Luns, 22 de outubro do 2007

Así se reflicte no libro A pobreza en Galicia, obra de tres profesores da UVigo

Un 10% de fogares galegos non dispón no seu enxoval doméstico do mínimo indispensable para non ser considerado como pobre


ImageA existencia en Galicia dun 10% de fogares pobres, é unha das conclusións ás que chegan os profesores da Universidade de Vigo, Patricio Sánchez, Antonio Vaamonde e Xenaro García no seu libro A pobreza en Galicia. Medición a través do equipamento dos fogares, publicado pola editorial Sotelo Blanco.
O libro que se inicia cunha revisión do concepto de pobreza, continúa co desenvolvemento e proposta dun novo método de medida a aplicar no caso concreto de Galicia. Trátase dun indicador, o índice de pobreza material, no que o foco de atención céntrase no equipamento co que as familias contan nas súas vivendas, e non en medidores monetarios, biolóxicos ou subxectivos. A construción dun novo indicador xustifícase segundo Patricio Sánchez por que “os que existían teñen problemas, e centrarse en cuestións materiais do fogar permite ser máis obxectivo, que se empregamos un indicador baseado en medidas monetarias como ingresos ou gastos”.
Martes, 16 de outubro do 2007

Universidade, COAG e Caixanova editan unha singular guía do campus de Vigo

O coordinador da obra define o campus como un anaco de cidade nun entorno privilexiado

Image“Queriamos facer algo distinto a un catálogo dunha exposición, pero tamén diferente dun libro dedicado a unha obra de arquitectura ou un conxunto de obras. O que se nos ocorreu foi converter o habitual catálogo nunha singular guía do campus”, así define o arquitecto Xosé Carlos Rodríguez, coordinador da obra, o volume Campus universitario de Vigo. “Sirva esta guía para comezar un percorrido pola nosa Universidade que nos axude a coñecela, comprendela e converternos en cómplices durante o camiño que queda por percorrer”, sinala o Reitor, Alberto Gago, nun dos textos de introdución.
Mércores, 10 de outubro do 2007

No centenario do nacemento do polígrafo pontevedrés

Unha ollada á historia da Galicia do século XX a través de Figueira Valverde


Image“Xosé Filgueira Valeverde.1906-1996. Un século de Galicia”. Baixo este título recollese a obra coa que se puxo punto e final aos actos conmemorativos do primeiro centenario do nacemento dun dos persoeiros máis importantes da cultura galega. Trátase dunha extensa publicación que recolle, en galego e castelán, diversos textos elaborados no Congreso do pasado decembro.

 

Martes, 09 de outubro do 2007

Elaborado principalmente por profesores da Universidade

O "Anuario da Facultade de Dereito 2006" contribúe ao debate xurídico


ImageReflexións, investigacións e análises levadas a cabo por membros da Universidade e colaboradores de outras entidades, acaban de saír publicadas no Anuario de Dereito 2006.
No seu interior conta con máis de trinta achegas que afondan nos retos máis actuais do ordenamento xurídico co fin de contribuír ao seu debate.
En total, conforman 647 páxinas, que supoñen ademais unha vía excepcional para difundir os traballos que moitas ves restan nos caixóns dos despachos.
Martes, 25 de setembro do 2007

O profesor Pedro Pablo Gutiérrez afonda na historia da radio en Vigo

Unha travesía polo mundo dos recordos a través das ondas


ImageTrinta anos de percorrido pola historia das ondas na cidade de Vigo centran o último traballo do profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Pedro Pablo Gutiérrez.
Baixo o título “Historia da Radio en Vigo: 1920-1950”, o docente recolle os resultados dunha investigación que iniciou no seu traballo de doutoramento: “un profesor da Complutense suxeriume a idea, e foi así como comecei a mergullar nas orixes deste medio”, apunta Gutiérrez.
<< Inicio < Ant. 51 52 53 54 55 56 57 58 Seg. > Remate >>
Resultados 343 - 348 de 348

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós