DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Xoves, 07 de xullo do 2016

Ramón Méndez debulla nun libro os principais segredos da profesión

A industria da localización de videoxogos potencia as saídas profesionais de tradutores e intérpretes

A obra, con versión impresa e electrónica, está a ter unha grande acollida entre o alumnado


ImageA industria dos videoxogos non deixa de medrar e, tan só en España, superou xa os mil millóns de ingresos no ano 2015, por enriba da música ou o cinema. Neste contexto a localización dos videoxogos –a súa adaptación (lingüística, cultural, xurídica…) aos diferentes mercados- estase a converter nunha importante saída laboral para os novos graduados e graduadas en Tradución e Interpretación. Boa mostra do interese que esperta o sector é a excelente acollida que está a ter entre o alumnado, tanto de Vigo como doutras universidades, o quinto volume da colección Tradución e Paratradución, un libro asinado por Ramón Méndez González (Ourense, 1983), no que se debullan os principais segredos deste novo e importante mercado no que que a tradución, a paratradución e a interpretación profesionais constitúen unhas das principais claves.
Martes, 28 de xuño do 2016

O profesor Adolfo Cordero é coautor dun libro sobre a súa presenza neste arquipélago e no de Madeira

Azores, aló onde as libélulas se reproducen sen machos

Nestas illas atopouse o único caso no mundo de partenoxénese entre os odonatos, a especie ‘Ischnura hastata’


ImageA centos de quilómetros do continente, os arquipélagos de Azores e Madeira constitúen un hábitat pouco accesible para insectos como as libélulas, de tal xeito que nelas só se teñen asentado aquelas especies “que demostraron ter unhas capacidades de dispersión extraordinarias”, como sinala o investigador Adolfo Cordero. Mais estes arquipélagos contan tamén con “xoias biolóxicas” como a Ischnura hastata, unha especie que en Azores presenta o o único caso no mundo reprodución a partires de femias, como este profesor da EE Forestal conta no libro que elaborou xunto co profesor da Universidade dos Azores Virgílio Vieira.
Martes, 21 de xuño do 2016

Preséntase o libro 'Escritos de lexicografía plurilingüe especializada'

Reflexionando sobre as problemáticas que xorden ao facer un dicionario en varios idiomas

Coordinado por Terencia Silva e Carlos Valcárcel


ImageA elaboración dun dicionario plurilingüe e centrado nunha área especializada xera moitas problemáticas e reflexións aos seus autores, cuestións que van xurdindo a medida que se vai desenvolvendo o proxecto, desde as equivalencias ata a entrada das siglas. No libro Escritos de lexicografía plurilingüe especializada, investigadores e investigadoras do que foi o grupo de investigación FF1 Léxico e Lexicografía Especializada da Universidade de Vigo abordan varias destas cuestións xurdidas durante a elaboración do Diccionario cuatrilingüe de marketing y publicidad: inglés, español, francés y alemán.
Martes, 21 de xuño do 2016

O profesor vigués acaba de editar un libro sobre os xentilicios de Galicia

Xosé Henrique Costas: “Moitas das nosas propostas son arriscadas, pero fixémolas desde o coñecemento e o amor ao noso”

No volume denuncia a excesiva presenza de castelanismos disfrazados de cultismos


Image“Somos conscientes de que moitas das nosas propostas son arriscadas, mesmo ousadas, pero fixémolas desde o coñecemento e o amor ao noso idioma”. Así describe Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, os contidos do seu último libro Os xentilicios de Galicia e doutros territorios da lingua galega, un manual que nace para orientar na formación dos xentilicios e tamén “para desenmascararmos tanto castelanismo disfrazo de cultismo (que no fondo son o mesmo: desgaleguización) e para tratar de establecer unhas normas de creación non condicionadas por orientacións foráneas”, subliña o docente vigués, que fai tamén fincapé en que “no mundo da lingua non hai nada inocente nin casual, nin sequera a invención ou a suplantación dun xentilicio”.
O libro está editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Mércores, 15 de xuño do 2016

A Área de Tecnoloxía dos Alimentos presenta unha publicación sobre este produto

Un estudo demostra o alto valor nutricional do peixe espada

Froito dun proxecto de I+D levado a cabo coa Organización de Palangreiros Guardeses


ImageNos anos 2012 e 2013 a Área de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Vigo traballou coa Organización de Palangreiros Guardeses OR.PA.GU. nun proxecto de I+D que tiña como obxectivo conseguir optimizar o proceso para obter unha conserva de peixe espada de calidade que permitise diversificar e dar valor engadido a este produto e sector. Froito deste proxecto está agora no mercado a única conserva deste tipo existente e tamén froito deste proxecto presentouse este mércores na Facultade de Ciencias do campus de Ourense a publicación Pez espada: pesca, composición, química y valor nutricional, que recolle o coñecemento adquirido durante ese traballo. “Este proxecto e esta publicación son unha demostración de como entre o mar e a universidade somos capaces de facer traballos de máximo nivel internacional”, destacou durante a presentación da publicación Joaquín Cadilla, presidente de OR.PA.GU.
Luns, 13 de xuño do 2016

Segundo o II Informe de Conxuntura Socioeconómica 2016 presentado este luns

A industria tira da economía e do emprego no primeiro trimestre do ano

O documento tamén afonda na situación do sector vitivinícola e de Portugal


ImageO Foro Económico de Galicia presentou este luns en Santiago de Compostela o II Informe de Conxuntura Socioeconómica do ano 2016. O documento sinala que a economía galega mantén no primeiro trimestre deste ano “o seu dinamismo, rexistrando por sexto trimestre consecutivo taxas de crecemento interanuais á alza”. Nesta ocasión, xunto coa análise das contas económicas e a síntese estatística dos indicadores de conxuntura, o traballo compleméntase con comentarios sobre o sector vitinícola galego e a situación de Portugal.
Resultados 49 - 54 de 363

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós