DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Publicacións
Martes, 29 de marzo do 2016

A ANL edita un manual con recomendacións e solucións a dúbidas recorrentes sobre o uso da lingua

En galego e con toda a seguridade

O obxectivo é que a comunidade universitaria poida desenvolver a actividade profesional e académica con corrección


Tras a boa acollida do manual En galego sen dúbida editado en 2013, a Área de Normalización Lingüística acaba de publicar un novo texto que completa e amplía o anterior. Titulado Na Universidade. En galego con seguridade, trátase dunha nova achega de material que axude á comunidade universitaria a desenvolver a súa actividade profesional e académica en galego con fluidez e corrección, tanto na lingua oral como escrita. As técnicas da ANL Eva María Castro e María Cristina Rodríguez explican que no anterior volume se centraron en cuestións ortotipográficas mentres que nesta ocasión se revisan contidos morfosintácticos e léxico-semánticos da comunicación, principalmente administrativa.
Martes, 15 de marzo do 2016

O alumno José Moure e a ex-alumna Isabel García presentan os seus libros na Casa das Campás

Tempo de coñecer as letras ‘sénior’ do campus

Nunha actividade organizada pola asociación de estudantes do Programa para Maiores


ImageAmbos comparten unha paixón pola escritura que vén de longo e ambos viron recentemente como os seus primeiros libros saían do prelo. Mais hai outro factor en común entre Isabel García e José Moure, que na tarde deste martes comparten mesa na Casa das Campás, onde presentarán o libro de poemas Gotas de luz e a novela Amando la libertad, respectivamente. Ese non é outro que o seu paso polas aulas da Universidade no marco do Programa para Maiores. É precisamente o seu paso por esta iniciativa o que os leva a protagonizar unha presentación organizada pola asociación Asaexs e dirixida a “poñer en valor o talento sénior”.
Venres, 11 de marzo do 2016

O profesor Rafael Vallejo analiza o sector dende o franquismo ata o nacemento do e-turismo

Un percorrido visual por sesenta anos de turismo en España

O libro pertence á colección El Gran Viaje editado no 60 aniversario da Escuela de Organización Industrial


ImageDende que España comezaba a recibir os primeiros turistas estranxeiros, a poñer en marcha un tecido empresarial hoteleiro e de ocio, ata a irrupción do e-turismo ou turismo intelixente, pasaron 60 anos. Os mesmos que cumpre en 2016 a Escuela de Organización Industrial, centro dependente do Ministerio de Industria, Energía y Turismo. Son precisamente estes sectores os que vertebran o traballo da escola e os elixidos para articular unha colección de libros titulada El Gran Viaje, cun volume dedicado á industria, outro á enerxía e un ao turismo. O autor deste último é o profesor do Departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas, Rafael Vallejo, que recibiu este encargo dende a EOI tras publicar varios traballos sobre o turismo durante o franquismo.
Mércores, 09 de marzo do 2016

Os seus discípulos veñen de publicar un libro de homenaxe á súa traxectoria

Luis Rodríguez Ennes cumpre os 70 anos recollendo a semente de 46 anos de maxisterio

Na publicación participan destacados xuristas estatais e estranxeiros


ImageEste mércores, 9 de marzo, Luís Rodríguez Ennes, catedrático de Dereito Romano da Universidade de Vigo, cumpriu 70 anos e fíxoo do mellor xeito que pode facelo unha persoa que dedicou e dedica a súa vida ao estudo, á docencia e á investigación: co recoñecemento dos seus discípulos e da comunidade académica da súa área. Co gallo do seu septuaxésimo aniversario, vén de publicarse un libro na súa honra que baixo o título de Varia Studia recolle 61 artigos inéditos e 1200 páxinas escritas para a ocasión por destacados xuristas, profesores e académicos españois e estranxeiros.
Mércores, 02 de marzo do 2016

O profesor Pedro Pablo Gutiérrez é coautor do ‘Manual de la comunicación publicitaria’

Unha ollada panorámica a unha industria que se sustenta nas ideas

O libro aborda os diferentes pasos que definen o traballo do sector, da captación de clientes ao produto final


ImageOfrecer unha visión global, que introduza ao lector nos múltiples aspectos que abrangue a industria da publicidade foi o eixo co que o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Pedro Pablo Gutiérrez elaborou, xunto con José Luis Martín Montesinos e Tania Sueiro, o Manual de la comunicación publicitaria, un texto no que tentan achegar unha “visión panorámica” do sector e dos cambios que está a atravesar nestas primeiras décadas do século XXI. “Quixemos facer un libro acorde cos tempos”, sinala este docente, que incide en que neste contexto de cambios non mudou a esencia deste traballo, atopar e desenvolver “unha boa idea”.
Martes, 16 de febreiro do 2016

O Foro Económico de Galicia presentou un documento sobre a situación destes estudos

Dous anos despois da súa implantación, 543 estudantes en FP dual

Representan o 0,79% do alumnado matriculado en formación profesional


ImageA formación profesional dual é unha oferta educativa que combina os procesos de ensino e aprendizaxe no centro formativo e a empresa, con responsabilidades compartidas no deseño dos estudos, a selección dos estudantes, a formación teorico-práctica e a avaliación final. No seu último documento, os expertos do Foro Económico de Galicia veñen de analizar a realidade e o potencial dunha oferta que está a dar os seus primeiros pasos. Deste xeito, as primeiras experiencias durante o pasado bienio resúmense en 28 proxectos, 22 familias profesionais, 102 empresas implicadas e 543 estudantes matriculados, o 0,79% do alumnado de FP.
Resultados 55 - 60 de 354

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós