DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Martes, 11 de maio do 2010

Entrevista co candidato de Alternativa Universitaria no Duvi

Salustiano Mato, candidato a reitor: “O grupo que presenta Alternativa é o futuro. Nova Universidade é un experimento”


Image Asegura que aceptou o reto de ser candidato a reitor por que lle gustan os momentos difíciles e pensar como converter as dificultades en oportunidades. Co apoio de Alternativa Universitaria, Salustiano Mato conformou unha candidatura totalmente renovada respecto do actual equipo de goberno e un programa electoral no que asegura “hai moito de novo, aínda que tamén continuidade en cuestións que se están a facer ben” e que pon o acento na modernización, a internacionalización e a transferencia.Desde a autocrítica, avoga por poñer en valor o traballo desenvolvido por Alternativa Universitaria, un grupo que asegura “representa o futuro”, fronte á candidatura rival que cualifica de “experimento”
Luns, 10 de maio do 2010

Nun debate ante o alumnado organizado polos Comités

Os candidatos a reitor apostan por intensificar os programas de bolsas e mobilidade e activar as políticas de emprego

Jaime Cabeza e Salustiano Mato coinciden nunha firme defensa do idioma galego


ImageBolsas, emprego, mobilidade e lingua centraron o debate electoral dos candidatos a reitor organizado polos Comités e destinado ao alumnado. O candidato de Nova Universidade, Jaime Cabeza, e de Alternativa Universitaria, Salustiano Mato, tiveron a oportunidade de presentar as liñas estratéxicas do seu programa para un colectivo ao que Cabeza se referiu como “esencia da Universidade” e que Mato cualificou de “eixe fundamental da Universidade”.
Cabeza aproveitou o encontro para facer unha firme defensa dunha Universidade “máis pública e democrática”, capaz de apoiar ao alumnado con maiores dificultades económicas, comprometida co idioma galego, e na que haxa unha forte implicación co “fomento da participación en temas sociais”. Na mesma liña de defensa dos estudantes, Salustiano Mato manifestou a súa “aposta absoluta, total e decidida polo emprego”, ao tempo que salientou a necesidade de seguir potenciando as políticas de mobilidade, de igualdade e de Extensión Universitaria.
Mércores, 05 de maio do 2010

Jaime Cabeza en Pontevedra e Salustiano Mato en Vigo explicaron as súas liñas programáticas básicas

Transferencia, investigación, internacionalizacion e políticas de persoal marcan o inicio da campaña electoral

Ata o18 de maio sucederanse os actos de campaña nos tres campus


ImageOs campus de Pontevedra e de Vigo foron os escenarios elixidos este martes polos candidatos de Nova Universidade e Alternativa Universitaria, respectivamente, para celebrar cadanseu acto de inicio da campaña electoral que finalizará o vindeiro día 18 e culminará dous días máis tarde coa elección do reitor da Universidade de Vigo.
Mentres Jaime Cabeza, candidato de Nova Universidade, aproveitou o primeiro día de campaña para explicar as súas propostas na EU de Enxeñaría Forestal e Belas Artes e manter un encontro co PAS do campus pontevedrés, Salustiano Mato mantivo na EU de Enxeñaría Técnica Industrial un encontro con xornalistas no que explicou as liñas básicas da súa campaña ao tempo que afondou nalgúns aspectos do seu programa.
Venres, 23 de abril do 2010

A profundidade do Informe Diagnose da Igualdade sitúa á institución na vangarda

As mulleres comezan a romper o seu teito de cristal na Universidade de Vigo

Percíbense avances na incorporación da muller ao 3ª ciclo, pero seguen existindo sombras


ImageSe a creación da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas, a posta en funcionamento da Área de Igualdade (antes incluso de que fose un imperativo legal) ou a impartición de mestrados sobre estudos de xénero situou á Universidade á vangarda das universidades españolas na preocupación pola perspectiva de xénero, esa aposta como liña estratéxica vén de ser ratificada. A presentación do Informe Diagnose da Igualdade na Universidade de Vigo supón un paso máis, un documento exhaustivo, profundo, pioneiro e sobre todo “un punto de partida para as futuras políticas de igualdade da institución”, segundo explicou a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza. Entre as luces que se albiscan neste estudo está o feito de que as mulleres son xa maioritaria no estudantado do 3º ciclo, sendo a universidade galega con máis crecemento neste contexto.
Martes, 20 de abril do 2010

A candidatura de Nova Universidade céntrase nas persoas, nos campus e noutros cinco eixos programáticos

Jaime Cabeza traza o seu programa de goberno en clave de austeridade, calidade e compromiso co medioambiente

A dotación de infraestruturas, o Edificio das Artes e a residencia son as prioridades para o campus de Pontevedra


Image Cumprindo a promesa de presentar o seu programa de goberno en Pontevedra, Jaime Cabeza, o candidato a reitor por Nova Universidade, deu a coñecer hoxe no campus as liñas estratéxicas do proxecto co que concorrerá ás eleccións do vindeiro 20 de maio. Precisamente os campus, xunto coas persoas e cinco eixos programáticos que van da investigación á cultura e o deporte son os aspectos que guían a súa proposta, xunto con tres ideas clave: a austeridade, a calidade e o compromiso co medio ambiente. “A universidade ten que ser austera e axustarse ás súas necesidades mesmo en períodos de bonanza económica e non embarcarse en proxectos suntuosos”, declarou Cabeza, insistindo na súa aposta por “unha calidade harmónica para acadar unha Universidade máis xusta con todos”.
Martes, 20 de abril do 2010

O candidato de Alternativa Universitaria presenta un equipo paritario con dez vicerreitorías

Salustiano Mato conforma unha candidatura renovada que “reflicte a diversidade da Universidade de Vigo”

O campus de Ourense contará con dúas vicerreitorías e Investigación e Transferencia divídense


Image Dez vicerreitorías e a Secretaría Xeral, conforman a proposta de equipo de Goberno co que Alternativa Universitaria concorrerá ás eleccións a reitor que se celebrarán o vindeiro 20 de maio na Universidade de Vigo. “Un equipo”, asegurou o candidato Salustiano Mato na presentación celebrada este martes no Edificio Miralles do campus de Vigo, “con menos vicerreitorías por concentración, integración e harmonización de competencias, nunha lóxica non de redución caprichosa senón de optimización de recursos e intelixencia financeira”. En presenza de case todos os membros da súa candidatura, así como de Alternativa Universitaria, Mato destacou a paridade do equipo, formado por seis homes e seis mulleres.
Resultados 19 - 24 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós