DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Venres, 16 de abril do 2010

Organizado polo sindicato CIG

As políticas laborais centran o primeiro debate electoral da historia da Universidade

Mato e Cabeza presentaron as súas propostas relativas a PAS laboral e funcionario e PDI


ImageAs políticas laborais protagonizaron o primeiro debate electoral da historia da Universidade de Vigo, nunha ateigada sala I do Edificio Miralles. No acto organizado pola CIG e moderado por Luis Espada, os candidatos a reitor Salustiano Mato, por Alternativa Universitaria e Jaime Cabeza por Nova Universidade, presentaron ante o persoal da Universidade as súas liñas programáticas xerais e, máis polo miúdo, aquelas relativas ás cuestións laborais que afectan ao PAS funcionario e laboral e ao PDI. O debate enfrontou as súas visións sobre a funcionarización do persoal laboral, o modelo xerencial, o convenio colectivo, a descentralización dos servizos, as propostas para a Biblioteca ou a situación dos investigadores.
Luns, 12 de abril do 2010

A Universidade avanza na posta en servizo de escolas infantís en cada un dos tres campus

Na procura da conciliación e o respecto ao medio ambiente

Dotadas de preto de 200 prazas de 0 a 3 anos


Image Cun investimento de 2 millóns 800.800 euros e a previsión de que entren en servizo durante o vindeiro curso 2010-2011, a Universidade de Vigo está a desenvolver o proceso para a construción das tres escolas infantís proxectadas nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. As escolas impulsadas a través das vicerreitorías de Planificación, de Ourense e Pontevedra e da Área de Igualdade da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes, porán a disposición da comunidade universitaria preto de 200 prazas de educación infantil coas que se pretende favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, así como, segundo explica José Cidrás, vicerreitor de Planificación “ofrecer un valor engadido á oferta académica e investigadora que fagan a Universidade de Vigo aínda máis atractiva”.
Xoves, 25 de marzo do 2010

A candidatura de Alternativa Universitaria propón a creación de dez vicerreitorías, dúas en Ourense

Salustiano Mato pon o seu programa de goberno ao servizo do desenvolvemento real da misión da Universidade

Docencia, investigación, transferencia de coñecemento e xestión de recursos humanos, eixos do programa


Image Co obxectivo de desenvolver de xeito real as accións que constitúen a misión da Universidade de Vigo: formación integral do alumnado, investigación e transferencia do coñecemento, Alternativa Universitaria concorrerá ás eleccións a reitor cun programa electoral baseado en oito eixos estratéxicos que segundo explicou o candidato Salustiano Mato “define actuacións novas e incide na potenciación doutras que xa se están a facer”. Dez vicerreitorías conforman a candidatura de Alternativa que contempla a fusión de Economía e Planificación ou a separación de Investigación e Transferencia, así como dúas vicerreitorías no campus de Ourense, unha delas de investigación. Na presentación que hoxe tivo lugar no Edificio Miralles, Mato apostou por unha Xerencia profesional e allea á Universidade, “externa”, concretou Mato, “pero con persoal propio”.
Martes, 23 de marzo do 2010

O candidato de Nova Universidade mantén o actual número de vicerreitorías

Jaime Cabeza destaca a “pluralidade, renovación e paridade” da candidatura coa que concorrerá ás eleccións a reitor

Medio Ambiente,Transferencia, Benestar e Comunicación entre as novas áreas de goberno


Image Como un equipo integrador, unido, de consenso e que pretende reflectir o que somos, definiu o candidato a reitor de Nova Universidade, Jaime Cabeza, a candidatura coa que concorrerá as eleccións que se celebrarán o vindeiro 20 de maio na Universidade de Vigo. Nun acto celebrado no salón de graos do Edificio Xurídico Empresarial, Cabeza, confirmou aos 13 integrantes do seu equipo que cualificou de “plural na procedencia científica con representación dos catro ámbitos; renovado nun 75% e paritario, o que non é casual cando se traballa en clave de xénero”, asegurou.
A candidatura de Nova Universidade está integrada por once vicerreitores e vicerreitoras, os mesmos que conforman o actual equipo de Goberno, ademais da secretaria xeral cargo que ocuparía María José Bravo Bosch e a xerente que sería Rocío de Frutos Madrazo.
Xoves, 14 de xaneiro do 2010

Reitores e responsables das consellerías de Educación e Sanidade reuníronse hoxe

Universidades e Xunta achegan posturas cara a resolución das diferenzas xeradas en relación coa titulación de Medicina


Os reitores das tres universidades galegas, o secretario xeral de Universidades e a xerente do SERGAS continuaron avanzando hoxe na consecución dun acordo que permitirá dar solución ás diferenzas xurdidas entre as institucións académicas en relación coa docencia en Medicina, así como coa posta en funcionamento doutra facultade en Galicia.
Os reitores das institucións académicas galegas e os representantes das consellerías de Educación e Sanidade, mantiveron un encontro hoxe en Santiago, ao termo do cal coincidiron en sinalar os avances acadados que segundo manifestou o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, “concretaranse nun documento que se está elaborando”.
Luns, 11 de xaneiro do 2010

Considera esta etapa como un "desafío emocionante e a culminación dunha traxectoria na xestión universitaria”

Salustiano Mato é ratificado por unanimidade como candidato a reitor pola asemblea de Alternativa Universitaria


Image Preto dun cento de persoas ratificaron este mediodía en asemblea ao catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, Salustiano Mato de la Iglesia, como candidato a reitor da Universidade de Vigo por Alternativa Universitaria nas eleccións que se celebrarán o vindeiro mes de maio. Por unanimidade, os integrantes de Alternativa Universitaria que representaban aos tres campus e a todas as escolas e facultades da Universidade ratificaron a Salustiano Mato como candidato a reitor, poñendo así fin a un proceso ao que tamén concorreron os vicerreitores Carmen García Mateo e José Cidrás e a catedrática de Análise Matemática Margarita Estévez. Precisamente cadansúa intervención, Salustiano Mato e o reitor Alberto Gago agradeceron o traballo desenvolvido polos outros candidatables dos que Mato destacou a súa “amabilidade e complicidade”.
Resultados 25 - 30 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós