DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Venres, 11 de decembro do 2009

Denuncian que aínda non se asinou o convenio que garanta as prácticas do alumnado

As universidades galegas acusan á Consellería de Educación de facer deixadez das súas responsabilidades co Mestrado en Profesorado

A pesar da situación actual as universidades abriron hoxe o primeiro prazo de matrícula


Nin publicación da orde na que se convoque aos centros de secundaria e ao seu profesorado para que participen na realización do practicum. Nin acreditación dos titores e titoras, nin dos centros socilitantes como centros de prácticas. Nin garantir ás universidades que disporán de prazas suficientes para o alumnado matriculado que superará a cifra dos 700. Estes son segundo as universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo as razóns que xustifican o que cualifican como “deixadez de funcións” da Consellería de Educación en relación co Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.
Venres, 04 de decembro do 2009

Os estudantes que realizaron prácticas pre-profesionais no curso 2008/2009 valoran con máis dun 8,6 a súa experiencia

Destacan moi positivamente a formación adquirida na empresa


ImageMáis aló do académico, os estudantes teñen cada vez máis presente a necesidade de realizar bolsas de prácticas pre-profesionais que completen a súa formación para inserirse no mercado laboral. Para isto a Universidade ten asinados “preto de 10000 convenios con empresas e institucións para a realización destas bolsas”, segundo explica o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area. A valoración deste primeiro achegamento ao mundo laboral é moi positiva, e os estudantes da Universidade que realizaron estas prácticas o pasado curso 2008/2009 cualifican esta experiencia con máis dun 8,6 de media. En xeral, o mellor valorado polos 298 bolseiros que realizaron esta enquisa de satisfacción é a formación adquirida, á que os estudantes do campus de Vigo lle dan un 8,77, os de Ourense un 8,75 e os de Pontevedra un 8,11.
Venres, 04 de decembro do 2009

Os directores das escolas de enxeñaría e de arquitectura galegas solicitan máis horas presenciais nos novos plans de estudos

A III Reunión da Conferencia de Directores tivo lugar na EU de Enxeñaría Técnica Forestal


Image A conferencia de directores das escolas de enxeñaría e arquitectura galegas celebrou esta semana a súa terceira reunión nas dependencias de Forestais no campus de Pontevedra, unha xuntanza que tivo como obxectivo principal debater as cuestións relativas á planificación de estratexias comúns de cara á adaptación das titulacións dos seus centros ao EEES. Entre as prioridades analizadas está a de acadar máis horas presenciais nos novos plans de estudo que a proporción establecida polos créditos ECTS.
Mércores, 18 de novembro do 2009

A presentación do Plan Avante foi elixida a mellor exposición das xornadas

A Universidade expón o seu plan de calidade na xestión nas III Jornadas de Excelencia en la Gestión Universitaria


A presentación do Plan Avante da Universidade de Vigo resultou elixida como o mellor dos proxectos expostos nas III Jornadas de Excelencia en la Gestión Universitaria celebradas en Chiclana de la Frontera e nas que 14 universidades españolas realizaron un total de 27 presentacións nas que relataban as súas experiencias en cuestións como xestión de calidade e excelencia, xestión de procesos, sistemas de percepción da satisfacción dos usuarios e grupos de interese. Organizadas pola Universidade de Cádiz e o Club de Excelencia en Gestión, as xornadas, nas que se bateu un récord de participación coa asistencia de preto de 140 profesionais, están consolidadas como as máis importantes en xestión de calidade en servizos de xestión.
Mércores, 04 de novembro do 2009

Alberto Gago, que non se presentará á reelección, confirma que rematará o seu mandato

“Ser reitor é un reto, un orgullo, ás veces unha circunstancia, pero non unha profesión”

Nunha comparecencia ante os medios o reitor defendeu a actual estrutura xerencial


Image Tras oito anos na xestión universitaria, primeiro como vicerreitor de Economía e Planificación e posteriormente como reitor, Alberto Gago non volverá a presentarse á reelección nos comicios que se celebrarán en maio de 2010. “Non imparto docencia desde 2004 e non teño actividade investigadora digna desde nome de 2003”, sinalou o reitor nunha comparecencia ante os medios aos que confirmou que cumprirá as obrigas do seu actual cargo ata o final do mandato.
A necesidade dunha estrutura xerencial como a que actualmente ten a Universidade e a confirmación de que o debate sobre a implantación dunha nova facultade de Medicina en Galicia non se abrirá nos órganos de goberno da institución ata 2010, foron as outras cuestión que abordou Gago na súa comparecencia na que tamén se congratulou dos resultados reflectidos no ranking SCImago en relación coa Universidade que ocupa o posto 15º en produción científica no ámbito nacional.
Resultados 31 - 36 de 96

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós